Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 19 de abril de 2021 Páx. 19694

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 25 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se realiza a convocatoria para o ano 2021 das axudas para proxectos colaborativos nas áreas estratéxicas dos hubs de innovación dixital que permitan avanzar na súa especialización e consolidación dentro do marco da RIS3 Galicia (programa Conecta hubs), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (códigos de procedemento IN852B e IN852C).

Advertido un erro no texto da citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 30, do 15 de febreiro de 2021, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 9458, onde di:

«a) No caso de que o custo total do proxecto finalmente xustificado sexa inferior ao orzamento mínimo subvencionable para cada unha das liñas de axuda, reducirase a intensidade da axuda a cada un dos membros da agrupación aplicando o seguinte factor de corrección:

Fc= 1-X2/3600, onde X é a porcentaxe deixada de xustificar por cada un dos membros da agrupación sobre o custo que lle foi concedido.

b) Se o custo xustificado finalmente na partida de subcontratación cos organismos sinalados no artigo 2.5 fose inferior á contía concedida nesta partida, reducirase a intensidade da axuda aplicando o mesmo factor de corrección: Fc= 1-X2/3600, onde X é a porcentaxe deixada de xustificar sobre o custo que lle foi concedido nesta partida.

c) Se o custo xustificado finalmente na partida de persoal de nova contratación é inferior á contía concedida nesta partida, reducirase a axuda aplicando o seguinte factor de corrección: Fc= 1-X2/3600, onde X é a porcentaxe deixada de xustificar sobre o custo que lle foi concedido nesta partida».

Debe dicir:

«a) No caso de que o custo total do proxecto finalmente xustificado sexa inferior ao orzamento mínimo subvencionable para cada unha das liñas de axuda, reducirase a intensidade da axuda a cada un dos membros da agrupación aplicando o seguinte factor de corrección:

Fc= 1-X2/3600, onde X é a porcentaxe deixada de xustificar por cada un dos membros da agrupación sobre o custo que lle foi concedido.

b) Se o custo xustificado finalmente na partida de subcontratación cos organismos sinalados no artigo 2.5 for inferior á contía concedida nesta partida, reducirase a intensidade da axuda aplicando o mesmo factor de corrección: Fc= 1-X2/3600, onde X é a porcentaxe deixada de xustificar sobre o custo que lle foi concedido nesta partida.