Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 19 de abril de 2021 Páx. 19855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 5 de abril de 2021, do Servizo de Mobilidade de A Coruña, polo que se notifica o acordo de incoación de expediente sancionador en materia de transportes terrestres (expediente XC-01306-O-2020).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación do expediente sancionador número XC-01306-O-2020 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícaselle o acordo de incoación ditado á persoa interesada.

Infórmase que o expediente sancionador se atopa á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outorgáselle un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que xulgue conveniente, presentando ou propoñendo as probas que considere oportunas.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 5 de abril de 2021

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

Anexo

Expediente

Matrícula

DNI/CIF denunciado

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-01306-O-2020

2970-KRN

32704928D

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

2.12.2019; 18.50; AC-546; 3,045

Art. 141.25 en relación co Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) relación coa letra f) LOTT

801 euros