Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 19 de abril de 2021 Páx. 19857

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 26 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social 2013/44.

De conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador por infracción na orde social, devolto polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpor un recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nos artigos 30 e 122 da Lei 39/2015, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

O interesado, durante este prazo, poderase presentar ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade en Lugo, situado na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución.

Advírteselle que, de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Expediente: 2013/44 (Acta de infracción I272013000021584).

Data da resolución: 17 de marzo de 2021.

Materia: seguridade e saúde.

Empresa: Fariña Logística, S.L.U.

Enderezo: rúa Hórreo, 32-34, 3º A, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña).

Lugo, 26 de marzo de 2021

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo