Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 19 de abril de 2021 Páx. 19858

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 26 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social 2020/106.

De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador por infracción na orde social, devolto polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpor un recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nos artigos 30 e 122 da Lei 39/2015, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

O interesado, durante este prazo, poderase presentar ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade en Lugo, situado na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución e recoller o documento de pagamento.

Advírteselle que, de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza e deberá aboar a multa imposta a través das entidades colaboradoras que constan no documento de pagamento, xa que, en caso contrario, se procederá á execución pola vía de constrinximento, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001.

Expediente: 2020/106 (Acta: I272020000020120).

Data da resolución: 25 de febreiro de 2021.

Materia: relacións laborais.

Empresa: Urbatec Construcciones y Reformas, S.C.

Enderezo: avenida Puebla 30, baixo, porta 1, 24402 Ponferrada (León).

Lugo, 26 de marzo de 2021

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo