Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 19 de abril de 2021 Páx. 19918

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 30 de marzo de 2021 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia na liquidación complementaria de xuros de demora do procedemento de reintegro do expediente 0046/32/2011/390121/01.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a liquidación complementaria do procedemento de reintegro do importe das axudas das que foi beneficiaria, por resultar infrutuosos os diferentes intentos realizados por correo certificado, ademais da súa posta a disposición na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para coñecer o contido íntegro da liquidación complementaria que se sinala no anexo a este anuncio, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) sita na Rúa Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2021

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expediente

NIF

Acto notificado

0046/32/2011/390121/01

32817725Z

Liquidación complementaria de procedemento de reintegro