Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 19 de abril de 2021 Páx. 19928

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao ser preciso o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e da retirada de árbores das especies incluídas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e conforme o establecido no artigo 22.3 da Lei 3/2007 e nos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento son descoñecidos ou non sexa posible a notificación aos interesados, as notificacións efectuaranse por medio dun anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado cos datos catastrais do terreo, e a eficacia do acto notificado quedará supeditada á publicación no Boletín Oficial del Estado.

Por medio deste anuncio comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga de xestión da biomasa e/ou retirada das especies arbóreas prohibidas, para o cal son requeridas, e concédeselles un prazo máximo de quince (15) días naturais desde a publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio preceptivo.

Nº de expediente

Nome/DNI/CIF

Referencia catastral

2272/20

En investigación

36054A099004290000EG

1141/20

María del Carmen Santos Lorenzo

36054A005002540000EB

415/2018

En investigación

36054A089002210000EF

415/2018

En investigación

36054A089001010000EX

415/2018

En investigación

36054A089000930000ET

415/2018

Herdeiros de Clementina Alonso Rodríguez

36054A089000990000ED

415/2018

Herdeiros de Avelino Fernández Álvarez

36054A089000770000EU

415/2018

Herdeiros de Joaquín Pérez Rodríguez

36054A089000950000EM

415/2018

Herdeiros de Ramiro Vicente Alonso

36054A089004230000EJ

2312/2020

Herdeiros de José Benito Pérez Fernández

36054C502003340000DF

Tomiño, 5 de abril de 2021

A alcaldesa
P.D. (Decreto do 13.9.2019)
Ana Belén Casaleiro González
Concelleira de Medio Ambiente