Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 19 de abril de 2021 Páx. 19927

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO da oferta de emprego publico para o ano 2021.

Na Xunta de Goberno local do 3.3.2021 adoptouse o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público deste Concello para o ano 2021, que contén o seguinte posto de traballo de persoal funcionario que deberá convocarse no prazo máximo de 3 anos:

Denominación-grupo-escala-subescala

Nº vacantes

Acceso

Sistema selección

Fundamentación

– Conserxe colexio e outras instalacións municipais

– Grupo AP

– Administración xeral

– Subalterno

– Ficha nº 14 RPT, código 18

1

Libre

Oposición

Artigo 19.Un.3.A) LOXE 2018

Segundo. Publicar este anuncio no taboleiro de anuncios da Corporación, no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no DOG.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación ante o mesmo órgano que a ditou, conforme o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Tamén poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da publicación, de acordo co artigo 8.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de poderen exercer calquera outro que coiden procedente.

Guitiriz, 4 de marzo de 2021

María Sol Morandeira Morandeira
Alcaldesa