Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 19 de abril de 2021 Páx. 19926

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castroverde

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de administrativo mediante o sistema de oposición por quenda libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 75, do 5 de abril de 2021, publicáronse as bases que rexerán o proceso selectivo para a provisión dun posto de traballo de funcionario/a do grupo C, subgrupo C1, administrativo de Administración xeral do Concello de Castroverde.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación de anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello.

Castroverde, 6 de abril de 2021

Xosé María Arias Fernández
Alcalde