Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2021 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 3.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificada pola Lei 10/1989, do 10 xullo, e en colaboración coas universidades do Sistema universitario de Galicia,
RESOLVO:
Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.
Santiago de Compostela, 16 de abril de 2021
Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública
ANEXO I
Bases
Primeira. Requisitos dos participantes
Poderá participar nas accións formativas convocadas mediante esta resolución o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia que se encontre en situación de servizo activo (incluíndo permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.
Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación
Os cursos realizaranse cos requirimentos, duración e condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.
Terceira. Solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes será de oito días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
3. O número máximo de cursos que se pode solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.
4. Nas actividades impartidas na modalidade de telepresenza a presentación da solicitude para participar nestas comportará o consentimento da persoa interesada para a gravación das sesións na plataforma de telepresenza. Esta gravación terá por único fin o de poder ser empregadas polo alumnado do curso como recurso formativo e para a resolución de posibles reclamacións.
Unicamente poderá acceder ás sesións o persoal docente e o alumnado do curso, así como persoal da EGAP autorizado cos fins previstos pola normativa vixente en materia de protección de datos.
As gravacións serán borradas unha vez que remate o curso coas únicas excepcións que estean previstas na normativa vixente en materia de protección de datos.
5. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.
6. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
7. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.
8. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación e/ou telepresenza deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:
– Un computador con conexión á internet.
– Un navegador web actualizado.
Para as actividades impartidas na modalidade de telepresenza contarán ademais cun manual de usuario na páxina web da EGAP na ligazón <https://egap.xunta.gal/formulariosrecursos> onde se indicará como acceder a esta plataforma de telepresenza e os compoñentes que o equipo necesita para un funcionamento básico da plataforma.
9. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (maternidade, discapacidade, etc.) de acordo cos criterios de selección poderán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.
10. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.
Cuarta. Criterios de selección
1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro) sen prexuízo dos criterios específicos establecidos na epígrafe «destinatario» de cada actividade formativa incluída no anexo II desta resolución.
O baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos cales o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.
Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Para o ano 2021, segundo a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 29 de xaneiro (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), comezarase pola letra Y.
2. A totalidade das prazas de cada actividade formativa repartiranse proporcionalmente en función do número de efectivos de cada universidade do Sistema universitario de Galicia de acordo cos datos que figuran no Boletín Estatístico do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas de xaneiro de 2020.
3. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.
Quinta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado
1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación de acordo co artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Ademais, quen facilite os correspondentes datos na solicitude será informado da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxería telefónica. Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de agarda, todo isto de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
2. Transcorrido o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso. Contra esta listaxe poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Sexta. Cambios ou substitucións na selección. A renuncia e asistencia. O seguimento das actividades formativas
1. Os cambios ou as substitucións na selección.
En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.
2. A renuncia.
a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:
– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.
– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte das persoas responsables dos centros directivos.
– Por razóns de conciliación familiar debidamente motivadas.
– Por outras causas xustificadas documentalmente.
b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación de tres días ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.
Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.
c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listaxes de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.
3. A asistencia.
a) As faltas de asistencia nas actividades telepresenciais non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas telepresenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.
b) Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas telepresenciais pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.
4. Seguimento das actividades de teleformación.
As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.
Sétima. Superación das probas de avaliación
1. Para poder superar as actividades de formación, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se realizará en liña ao final delas, tanto na modalidade de teleformación como nos cursos que se impartan de xeito telepresencial.
2. Para poder superar os cursos de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:
– A adecuada realización de todas as actividades que a titoría propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final presencial.
– A superación das probas de avaliación que para os efectos se establezan.
No anexo II desta convocatoria figuran as probas de avaliación previstas, así como as datas e o horario en que estas terán lugar. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das posibles modificacións das datas e das horas.
Oitava. Certificado de aproveitamento
Para a obtención do certificado de aproveitamento, o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe declarando apto/a ou non apto/a a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.
Novena. Facultades da EGAP
1. A EGAP, xunto coas universidades do Sistema universitario de Galicia, resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que lle afecten á súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.
2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.
3. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP resérvase o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.
4. A EGAP, xunto coas universidades do Sistema universitario de Galicia, poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.
5. A EGAP, xunto coas universidades do Sistema universitario de Galicia, garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.
ANEXO II
Código |
Denominación |
Prazas |
Horas |
Cualificación |
Persoal destinatario |
Modalidade |
Data |
Data |
Data e hora de exame en liña |
Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa |
|||||||||
UN21001 |
Introdución á protección de datos persoais. Regulamento europeo 2016/679, de protección de datos |
50 |
30 |
Aproveitamento |
Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). |
Teleformación |
4.10.2021 |
2.11.2021 |
5.11.2021 17.00 h |
UN21002 |
Seguridade da información no ámbito das universidades públicas |
50 |
30 |
Aproveitamento |
Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). |
Teleformación |
10.5.2021 |
10.6.2021 |
15.6.2021 19.00 h |
UN21009 |
Creación e edición de arquivos dixitais con Acrobat XI Pro |
50 |
25 |
Aproveitamento |
Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). |
Teleformación |
2.11.2021 |
25.11.2021 |
1.12.2021 17.00 h |
UN21017 |
Reutilización da información do sector público. Open Data |
50 |
20 |
Aproveitamento |
Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). |
Teleformación |
30.9.2021 |
20.10.2021 |
25.10.2021 17.00 h |
UN21021 |
Xestión intelixente das redes sociais nas administracións públicas |
50 |
30 |
Aproveitamento |
Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). |
Teleformación |
10.5.2021 |
7.6.2021 |
10.6.2021 18.00 h |
Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades |
|||||||||
UN21006 |
Atención á cidadanía |
50 |
25 |
Aproveitamento |
Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). |
Teleformación |
2.11.2021 |
25.11.2021 |
1.12.2021 18.00 h |
UN21007 |
Avaliación de políticas públicas |
50 |
30 |
Aproveitamento |
Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). |
Teleformación |
18.10.2021 |
18.11.2021 |
23.11.2021 16.30 h |
UN21010 |
Dixitalización de documentos |
50 |
25 |
Aproveitamento |
Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). |
Teleformación |
18.10.2021 |
12.11.2021 |
17.11.2021 16.30 h |
UN21011 |
Ética profesional na Administración pública e calidade de servizo |
50 |
25 |
Aproveitamento |
Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). |
Teleformación |
10.5.2021 |
3.6.2021 |
7.6.2021 18.00 h |
UN21022 |
Como mellorar a xestión do tempo no teletraballo |
30 |
10 |
Aproveitamento |
Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). |
Telepresenza |
10 e 11 de maio das 16.30 ás 20.00 h 12 de maio das 16.30 ás 19.30 h |
12.5.2021 18.00 h |
|
UN21023 |
Xestionar e coordinar equipos de traballo en remoto |
30 |
15 |
Aproveitamento |
Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). |
Telepresenza |
8, 10, 15, 17 e 22 de xuño das 16.30 ás 19.30 h |
22.6.2021 18.30 h |
|
UN21024 |
Innovación e creatividade na Administración pública |
30 |
25 |
Aproveitamento |
Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). |
Telepresenza |
24, 25, 26 e 31 de maio; 1, 2 e 7 de xuño das 16.30 ás 19.30 h e 9 xuño das 16.30 ás 20.30 h |
9.6.2021 19.30 h |
|
Réxime xurídico e actividade contable das administracións públicas |
|||||||||
UN21008 |
Básico de subvencións e normativa aplicable |
50 |
30 |
Aproveitamento |
Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). |
Teleformación |
18.10.2021 |
17.11.2021 |
23.11.2021 18.30 h |
UN21012 |
Gasto público, sustentabilidade e control |
50 |
15 |
Aproveitamento |
Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). |
Teleformación |
2.11.2021 |
17.11.2021 |
23.11.21 17.00 h |
UN21013 |
O exercicio da competencia administrativa na Lei 40/2015, do 1 de outubro |
50 |
25 |
Aproveitamento |
Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). |
Teleformación |
18.5.2021 |
11.6.2021 |
16.6.2021 17.00 h |
UN21014 |
Os contratos do sector público |
50 |
30 |
Aproveitamento |
Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). |
Teleformación |
10.5.2021 |
10.6.2021 |
15.6.2021 18.00 h |
UN21015 |
Prestacións da Seguridade social e cotizacións |
50 |
30 |
Aproveitamento |
Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). |
Teleformación |
10.5.2021 |
10.6.2021 |
15.6.2021 17.00 h |
UN21018 |
Revisión dos actos en vía administrativa |
50 |
25 |
Aproveitamento |
Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). |
Teleformación |
27.9.2021 |
21.10.2021 |
27.10.2021 17.00 h |
UN21019 |
Transparencia: acceso á información pública e publicidade activa |
50 |
25 |
Aproveitamento |
Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). |
Teleformación |
10.5.2021 |
3.6.2021 |
8.6.2021 18.30 h |
UN21020 |
Xestión de recursos humanos nas universidades |
50 |
25 |
Aproveitamento |
Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). |
Teleformación |
18.10.2021 |
12.11.2021 |
17.11.2021 18.30 h |
Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas |
|||||||||
UN21005 |
A xestión da integridade nas institucións públicas |
50 |
20 |
Aproveitamento |
Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). |
Teleformación |
20.9.2021 |
9.10.2021 |
14.10.2021 16.30 h |