Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 20 de abril de 2021 Páx. 19996

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

DECRETO 62/2021, do 8 de abril, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.

A Lei 3/2021, do 28 de xaneiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021, no seu artigo 12, dispón que a oferta de emprego público ou outro instrumento similar de xestión da provisión de necesidades de persoal, se adaptará aos límites e aos restantes requisitos que se establezan na normativa básica estatal.

A Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2021, no seu artigo 19, establece que durante o presente exercicio unicamente se procederá, no sector público autonómico, á incorporación de novo persoal con suxeición ás limitacións e aos requisitos establecidos nesa norma.

Na mesma norma fíxanse diferentes taxas de reposición. Dentro do 110 por cento da taxa de reposición figuran os sectores prioritarios, onde a lei inclúe, entre outros, o control e a loita contra a fraude fiscal, laboral, de subvencións públicas e control da asignación eficiente dos recursos públicos; o asesoramento xurídico e a xestión dos recursos públicos; a cobertura das prazas correspondentes ao persoal dos servizos de prevención e extinción de incendios e de salvamento marítimo; as prazas do persoal que presta asistencia directa aos usuarios dos servizos sociais e do persoal que realiza a xestión de prestacións e políticas activas en materia de emprego; as prazas de seguridade e emerxencias; as prazas de persoal que realiza unha prestación directa aos usuarios do servizo de transporte público; o persoal de atención aos cidadáns nos servizos públicos e as prazas do persoal que preste servizos na área das tecnoloxías da información e das comunicacións.

Noutros sectores que non se consideran prioritarios a taxa de reposición fíxase ata un máximo do 100 por cento.

Así mesmo, e segundo dispón o artigo 19.Tres da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2021, a taxa de reposición dun ou varios sectores ou colectivos prioritarios poderase acumular noutros sectores ou colectivos prioritarios. Igualmente, a taxa de reposición dos sectores non prioritarios poderá acumularse nos sectores prioritarios.

No ámbito da función pública galega, o número de prazas que se poden convocar na oferta de emprego público do ano 2021 é de 635 prazas.

Para o cálculo da taxa de reposición acudiuse ao disposto na devandita lei, no seu artigo 19.Uno.7, para os efectos de aplicar a porcentaxe máxima, sen computar as prazas que se convoquen para a súa provisión mediante procesos de promoción interna e procesos de consolidación para o persoal declarado indefinido non fixo mediante sentenza xudicial. Ademais, recóllese unha taxa adicional para a estabilización do emprego temporal de conformidade co disposto na disposición adicional vixésima terceira.

A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no seu artigo 48, establece os criterios xerais en que debe enmarcarse a oferta de emprego público, sen prexuízo das especificidades que se poidan establecer nas convocatorias respectivas. Esta oferta concíbese como un instrumento de programación das necesidades de persoal e de racionalización do emprego público e dos procesos de selección do persoal ao servizo das administracións públicas, nos cales deben primar os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade.

A oferta de emprego público é un instrumento de planificación dos recursos humanos que ten como obxectivo a consecución da eficacia na prestación dos servizos públicos e da eficiencia na utilización dos recursos económicos dispoñibles.

O artigo 70.3 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, establece que o decreto polo que se aprobe a oferta de emprego público poderá conter medidas derivadas da planificación dos recursos humanos.

Neste sentido merece especial mención a promoción interna como unha das medidas derivadas da planificación dos recursos humanos que ten como obxectivo contribuír á consecución da eficacia na prestación dos servizos. Deberá ser facilitada pola Administración como vía para a adquisición das correspondentes competencias e como requisito necesario para a progresión na carreira profesional desde niveis inferiores aos superiores.

No decreto de oferta para o ano 2021 recóllese unha promoción interna separada para o persoal funcionario con convocatorias independentes das de acceso libre.

Tamén se recollen as prazas de promoción interna para o persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que, no momento da entrada en vigor da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, estivese a realizar funcións ou desempeñase postos de traballo de persoal funcionario, ou pasase a realizar as devanditas funcións ou a desempeñar os devanditos postos en virtude de probas de selección ou promoción interna. Este persoal laboral fixo poderá participar nun proceso selectivo de promoción interna a través dun concurso-oposición nos termos sinalados na disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Para determinar a taxa de reposición das prazas de acceso libre tívose en conta o número de xubilacións, falecementos, renuncias, excedencias, baixas definitivas, altas e baixas producidas polos concursos de traslados a outras administracións e reingresos producidos durante o ano 2020.

Nesta oferta recóllese unha consolidación de emprego temporal para prazas de carácter estrutural, dotadas orzamentariamente e que se atopan desempeñadas interinamente con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2005, de conformidade co previsto na disposición transitoria cuarta do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e na disposición transitoria décimo cuarta do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública galega, que continúa en vigor de acordo coa disposición derrogatoria primeira da Lei 2/2015, do 20 de abril, do emprego público de Galicia.

Co obxecto de dar cumprimento ao establecido na disposición adicional vixésimo terceira da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2021, así como aos acordos sobre o desenvolvemento da estabilidade no emprego dos servizos públicos, e en concreto ao Acordo de concertación social do emprego público de Galicia publicado mediante a Orde do 15 de xaneiro de 2019, inclúese unha taxa adicional para a estabilización do emprego temporal, que incorpora prazas dos servizos de administración e servizos xerais que respondan a necesidades estruturais, estean dotadas orzamentariamente e ocupadas de forma temporal e ininterrompida nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2017. As ofertas que articulen estes procesos de estabilización deberán aprobarse e publicarse nos respectivos diarios oficiais nos exercicios de 2018 a 2020, período ampliado pola disposición transitoria cuarta da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2021, que establece que con carácter excepcional se amplía ata o 31 de decembro de 2021 o prazo para aprobar e publicar os procesos de estabilización do emprego temporal a que se refiren as disposicións adicionais vixésimo novena, trixésimo primeira da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018.

Tamén se inclúen nesta oferta prazas de consolidación de persoal laboral indefinido non fixo derivado de sentenzas xudiciais. Estas prazas están distribuídas por corpos e escalas de persoal funcionario e por categorías de persoal laboral, segundo constan nas relacións de postos de traballo aprobadas polo Consello da Xunta de Galicia para dar cumprimento ao establecido no artigo 28 da Lei 3/2021, do 28 de xaneiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021. e no artigo 38 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Os procesos de consolidación e estabilización que se convoquen faranse polo sistema de concurso oposición a través dos correspondentes procesos selectivos que deberán garantir, en todo caso, a aplicación dos principios constitucionais de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, así como respectar a libre concorrencia.

Da resolución destes procesos non poderá derivar, en ningún caso, un incremento de custo nin de efectivos.

Con respecto á reserva da cota para persoas con discapacidade na oferta de acceso libre, resérvase unha porcentaxe do 12,60 % das vacantes que se distribuirá segundo se establece nos anexos de prazas obxecto desta oferta.

A reserva do 12,60 % indicado realizarase de xeito que o 3,15 % das prazas ofertadas sexan para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual e o 9,45 % das prazas ofertadas sexan para persoas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade.

Conforme os artigos 13.2.g) e 14.2.e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia a aprobación da oferta de emprego público por proposta da consellería competente en materia de función pública. Así mesmo, o artigo 12 da Lei 3/2021, do 28 de xaneiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021, exixe o informe favorable da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos.

Neste marco e tendo en conta os postos de traballo vacantes, cómpre a aprobación da oferta de emprego público para o ano 2021 relativa ao persoal funcionario de corpos e escalas de administración xeral, especial e categorías de persoal laboral, e establecer os criterios en que se debe enmarcar esta oferta, de conformidade co previsto nos parágrafos un, dous, tres e cinco do artigo 12 da Lei 3/2021, do 28 de xaneiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021, así como o artigo 19 da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2021.

Na súa virtude, negociados os criterios xerais desta oferta de emprego público coas organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, tras o informe da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos e da Comisión de Persoal, e de conformidade co establecido no artigo 13.2.g) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, por proposta do conselleiro de Facenda e Administración Pública, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día oito de abril de dous mil vinte e un,

DISPOÑO:

Artigo 1. Aprobación da oferta de emprego público

De conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro; no artigo 19 da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2021, así como nos parágrafos un, dous, tres e cinco do artigo 12 da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021, apróbase a oferta de emprego público correspondente a distintos corpos e escalas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e a categorías de persoal laboral para o ano 2021, nos termos que se establecen neste decreto.

Artigo 2. Cuantificación da oferta de emprego público

1. O anexo I recolle as prazas que se ofertan para cubrir as necesidades de recursos humanos, con asignación orzamentaria, que deben proverse mediante a incorporación de persoal de novo ingreso con cargo á taxa de reposición de efectivos prevista para o ano 2021.

2. No anexo II recóllense as prazas que se ofertan relativas ao proceso de estabilización de emprego temporal de conformidade co previsto na disposición adicional vixésimo terceira da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2021. Neste anexo inclúese unha taxa adicional para a estabilización do emprego temporal e incorpóranse prazas que responden a necesidades estruturais, dotadas orzamentariamente e ocupadas de forma temporal e ininterrompida nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2017. Tamén se inclúen as prazas que se atopan desempeñadas interinamente con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2005.

3. No anexo III figuran as prazas que se ofertan de persoal laboral indefinido non fixo derivado de sentenzas xudiciais, de conformidade co disposto no artigo 28 da Lei 3/2021, do 28 de xaneiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021, e no artigo 19.un.6 da Lei 3/2021, do 28 de xaneiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.

4. No anexo IV inclúense as prazas que se ofertan de promoción interna, cuxos procesos selectivos se realizarán en convocatorias independentes das ordinarias de novo ingreso.

5. No anexo V inclúense as prazas que se ofertan de promoción interna para o persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que van ser obxecto dun proceso de funcionarización nos termos sinalados na disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Artigo 3. Promoción interna independente

1. Co obxecto de fomentar a promoción interna, convocaranse as prazas que se detallan no anexo IV do presente decreto para persoal funcionario de carreira e persoal laboral fixo, polo sistema de concurso-oposición. Estes procesos selectivos de promoción interna levaranse a cabo en convocatorias independentes das de novo ingreso e será de aplicación para o persoal funcionario o previsto no artigo 80 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

2. Para os corpos de administración xeral realizarase unha promoción interna separada para permitir que o persoal funcionario de administración xeral, excluídas as escalas, poida promocionar ao grupo inmediato superior sempre e cando posúa a titulación necesaria, teña prestados servizos efectivos durante polo menos dous anos como persoal funcionario no corpo do grupo de titulación inmediatamente inferior ao do corpo a que pretende acceder, reúna os requisitos exixidos na convocatoria e supere as probas que para cada caso estableza a consellería competente en materia de función pública.

3. Non obstante o anterior, no proceso de promoción interna para o acceso ao corpo superior de administración xeral (subgrupo A1) tamén poderá participar o persoal funcionario de carreira do corpo de xestión de administración xeral, da escala de inspectores/as de consumo (subgrupo A2) e da escala de inspección turística (subgrupo A2).

4. Ás persoas aspirantes dos corpos de administración xeral que superen o proceso de promoción interna adxudicaráselles destino no mesmo posto que viñan desempeñando con carácter definitivo sempre que estivese aberto ao corpo do grupo de titulación a que se acceda e figure na relación de postos de traballo aberto á administración xeral; quedarán excluídos, expresamente, os postos que só estean abertos a escalas.

No caso de que o aspirante ocupe un posto con carácter definitivo que non estivese aberto ao corpo do grupo de titulación a que se acceda, ofertarase na elección de destino unha vacante aberta ao grupo de titulación a que accedeu por promoción interna, que poderá ser de nivel superior ao nivel mínimo do grupo, no caso de que non haxa vacantes deste nivel.

Artigo 4. Promoción interna para o persoal laboral fixo: proceso de funcionarización

O persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, cuxa praza vai ser obxecto dun proceso de funcionarización, poderá participar no proceso de promoción interna, para as prazas que figuran no anexo V do presente decreto, polo sistema de concurso-oposición, de forma independente dos de libre concorrencia, sempre que, no momento da entrada en vigor da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, estivese a realizar funcións ou desempeñase postos de traballo de persoal funcionario, ou pasase a realizar as devanditas funcións ou a desempeñar os devanditos postos en virtude de probas de selección ou promoción interna, sempre que posúa a titulación necesaria e reúna os restantes requisitos exixidos, nos termos sinalados na disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e no Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Ao persoal laboral fixo que, a consecuencia deste proceso, adquira a condición de funcionario de carreira adxudicaráselle destino definitivo, de carácter funcionarial, no mesmo posto que viña desempeñando con carácter definitivo. Non será necesario que a adaptación da correspondente RPT, se é o caso, sexa previa ao inicio dos procedementos de funcionarización, de conformidade co Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia, pero deberá estar aprobada con anterioridade á toma de posesión como persoal funcionario de carreira.

Respecto á funcionarización do persoal laboral fixo no grupo B, cómpre ter en conta o establecido na disposición transitoria única do devandito Decreto 165/2019.

Artigo 5. Criterios xerais de aplicación nos procesos selectivos

1. De acordo co Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, sinálanse os seguintes principios reitores para o acceso ao emprego público e a adquisición da relación de servizo:

A) Na selección do seu persoal, a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia garantirá, ademais dos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, os principios de:

– Publicidade das convocatorias e das súas bases.

– Transparencia.

– Imparcialidade e profesionalidade dos membros dos órganos de selección.

– Independencia e discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección.

– Adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións e tarefas que se van desenvolver.

– Axilidade, sen prexuízo da obxectividade, nos procesos de selección.

– A simplificación dos procesos selectivos, unificando, cando corresponda, as prazas correspondentes aos anexos I, II e III.

– Valoración ata a puntuación máxima na fase de concurso.

B) Os procesos selectivos terán carácter aberto e garantirán a libre concorrencia, sen prexuízo do establecido para a promoción interna na Lei 2/2015, do emprego público de Galicia, e no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, e das medidas de discriminación positiva previstas neste decreto.

C) A composición dos tribunais de selección do persoal da Administración pública galega será paritaria para o conxunto da oferta pública de emprego, tanto de tratarse do acceso ao emprego público coma de tratarse da promoción interna, de acordo co disposto no artigo 48 do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, aprobado polo Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro.

Os órganos de selección aplicarán na súa actuación principios de austeridade e axilidade á hora de ordenar o desenvolvemento dos procesos selectivos, sen prexuízo do cumprimento dos principios de actuación de conformidade co establecido no Estatuto básico do empregado público.

D) Nas convocatorias dos procesos selectivos nas cales se estableza a realización de probas con respostas alternativas faranse públicos os cadros de respostas na páxina da Xunta de Galicia (www.xunta.es/funcion-publica).

E) O funcionamento e a actuación dos tribunais de selección axustaranse ás instrucións ditadas para o efecto polo órgano competente.

F) O desenvolvemento dos procesos selectivos terá que adecuarse ás recomendacións das autoridades sanitarias en períodos de emerxencia sanitaria.

2. Se nun determinado corpo, escala, subgrupo ou categoría da Administración pública galega se verificase a infrarrepresentación do sexo feminino, entendendo por infrarrepresentación cando exista unha diferenza porcentual de, polo menos, vinte puntos entre o número de mulleres e o número de homes, de existiren méritos iguais entre dous ou máis candidatos ao finalizar o proceso selectivo e antes da proposta de nomeamento dos candidatos aprobados, deberá aplicarse como primeiro criterio de desempate a preferencia das mulleres, salvo se, de se consideraren obxectivamente todas as circunstancias concorrentes nos candidatos de ambos os sexos, existen motivos non discriminatorios para preferir o home, de acordo co artigo 49 do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, aprobado polo Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro.

Artigo 6. Persoas con discapacidade

1. O artigo 59 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e o artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, prevén a reserva dunha cota non inferior ao sete por cento das vacantes ofertadas para seren cubertas por persoas con discapacidade, considerando como tales as definidas no número 2 do artigo 4 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, sempre que superen os procesos selectivos e acrediten a súa discapacidade, así como a compatibilidade no desempeño das súas funcións.

A reserva do 7 % realizarase de maneira que, polo menos, o 2 % das prazas ofertadas sexa para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, e o resto das prazas ofertadas sexa para persoas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade.

2. Para dar cumprimento ao establecido no punto anterior, nesta oferta para o acceso libre (anexo I) resérvase unha porcentaxe do 12,60 % para ser cuberta por persoas que acrediten discapacidade, de xeito que o 3,15 % será para as persoas que acrediten discapacidade intelectual e o 9,45 % para aquelas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade.

Nos anexos I, II e IV do presente decreto figura a reserva de prazas nos corpos, nas escalas ou categorías en que as actividades ou funcións sexan compatibles en maior medida coa posible existencia dunha discapacidade. O número de prazas reservadas quedará recollido nas correspondentes bases das convocatorias.

3. As prazas reservadas para persoas con discapacidade xeral poderán convocarse conxuntamente coas prazas ordinarias ou mediante convocatorias independentes á dos procesos libres e garantirase, en todo caso, o carácter individual dos procesos. Para as prazas reservadas para persoas con discapacidade intelectual realizarase unha convocatoria independente.

4. Os sistemas de selección que se convoquen para persoas con discapacidade desenvolveranse de acordo co establecido no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade.

5. Nas probas selectivas, incluídos os cursos selectivos ou o período de prácticas, estableceranse as adaptacións e os axustes razoables necesarios de tempo e medios para a súa realización para as persoas con discapacidade que o soliciten, de acordo co disposto na Orde PRE/1822/2006, do 9 de xuño, pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade.

6. No suposto de que algún dos aspirantes con discapacidade que se presentase pola cota de reserva superase os exercicios e non obtivese praza na citada cota, sendo a súa puntuación superior á obtida polos outros aspirantes do sistema de acceso xeral, este será incluído pola súa orde de puntuación no sistema de acceso xeral.

7. As prazas reservadas para as persoas con discapacidade xeral que quedasen desertas nos procesos selectivos poderanse acumular á quenda xeral.

Disposición adicional primeira. Acumulación de prazas correspondentes á oferta de emprego público dos anos anteriores

Poderán convocarse nun único proceso selectivo as prazas ofertadas de persoal funcionario correspondentes aos corpos e escalas de administración xeral e especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, e ás categorías de persoal laboral relacionadas nos anexos da presente oferta, xunto coas derivadas da oferta de emprego público correspondente aos anos 2017, 2018, 2019 e 2020 (período ampliado ao exercicio 2021, de conformidade co disposto no Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica) que aínda están pendentes de convocar. No caso de seren acumuladas, aplicarase a normativa correspondente á oferta de 2021.

Todas as prazas publicadas tanto en ofertas anteriores como as relativas a esta oferta, que aínda están sen convocar, de categorías de persoal laboral e que polo disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, teñen unha equivalencia nos corpos e nas escalas de carácter funcionarial, convocaranse nun proceso selectivo único acumuladas á escala que lles corresponda de persoal funcionario.

Disposición adicional segunda. Igualdade en relación coas condicións de emprego da Administración pública

As convocatorias adaptaranse ao disposto no Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade en relación coas condicións de emprego da Administración pública.

Disposición adicional terceira

1. Tendo en conta que no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar se iniciou un proceso de estruturación e clasificación das prazas incluídas no seu cadro de persoal conforme o instrumento técnico da relación de postos de traballo, as prazas da citada entidade incluídas na presente oferta poderán ser obxecto dunha redistribución entre os diferentes corpos, escalas e especialidades en función da súa definitiva clasificación na relación de postos de traballo. En todo caso, a mencionada redistribución no poderá implicar unha modificación do número total de prazas ofertadas en cada subgrupo de clasificación nin do número total de prazas ofertadas na entidade.

2. De resultar necesario realizar a mencionada redistribución, comunicarase ás organizacións sindicais na Comisión Superior de Persoal.

Disposición transitoria primeira. Corpo de técnicos de carácter facultativo (grupo B)

As convocatorias dos procesos selectivos referentes ao corpo de técnicos de carácter facultativo (grupo B) deberán adaptarse ao disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e, mentres non se desenvolva regulamentariamente o grupo B, a incorporación do persoal producirase no subgrupo C1.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento do decreto

Facúltase a persoa titular da consellería competente en materia de función pública para ditar, dentro das súas competencias, as normas precisas para o desenvolvemento do presente decreto.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, oito de abril de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda e Administración Pública

ANEXO I

Prazas de funcionarios (acceso libre)

Prazas de funcionarios

Administración xeral

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Discapacidade intelectual

Total
prazas

Corpo superior (subgrupo A1)

28

2

30

Escala de letrados (subgrupo A1)

4

4

Escala de sistemas e tecnoloxía da información (subgrupo A1)

16

16

Escala superior de finanzas (subgrupo A1)

8

1

9

Escala superior de estatísticos (subgrupo A1)

4

4

Corpo de xestión (subgrupo A2)

46

4

50

Escala técnica de finanzas (subgrupo A2)

10

10

Corpo administrativo (subgrupo C1)

35

5

40

Corpo auxiliar (subgrupo C2)

44

6

50

Agrupación profesional de persoal subalterno (grupo AP)

Escala de persoal subalterno (AP)

9

9

Escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais (AP)

Especialidade de persoal de limpeza e cociña

11

11

Especialidade de persoal de recursos naturais e forestais

25

4

29

Total xeral

220

22

20

262

Administración especial

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Discapacidade intelectual

Total
prazas

Corpo facultativo superior (subgrupo A1)

Escala de enxeñeiros (subgrupo A1)

Especialidade de enxeñaría agronómica

14

2

16

Especialidade de enxeñaría industrial

7

7

Especialidade de enxeñaría de montes

9

1

10

Escala de arquitectos (subgrupo A1)

1

1

Escala de veterinarios (subgrupo A1)

33

5

38

Escala de ciencias (subgrupo A1)

Especialidade de bioloxía

13

1

14

Especialidade de química

4

4

Escala de arqueólogos (subgrupo A1)

5

5

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos (subgrupo A1)

Especialidade de arquivos

4

4

Especialidade de bibliotecas

2

2

Especialidade de museos

2

2

Escala de facultativos (subgrupo A1)

Especialidade en medicina

4

4

Corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2)

Escala de enxeñeiros técnicos (subgrupo A2)

Especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas

7

7

Especialidade de enxeñaría técnica industrial

6

6

Especialidade de enxeñaría técnica forestal

9

1

10

Especialidade de enxeñaría técnica agrícola

14

2

16

Escala de subinspección urbanística (subgrupo A2)

2

2

Escala de técnicos facultativos (subgrupo A2)

Especialidade de enfermaría

11

1

12

Corpo de axudantes de carácter facultativo (subgrupo C1)

Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia (subgrupo C1)

12

12

Corpo de auxiliares de carácter técnico (subgrupo C2)

Escala de auxiliares de clínica (subgrupo C2)

21

3

24

Escala de auxiliar de laboratorio (subgrupo C2)

11

1

12

Escala de auxiliar de recursos naturais e forestais (subgrupo C2)

9

1

10

Total especial

200

18

218

Total xeral+especial

420

40

20

480

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Administración xeral

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Discapacidade intelectual

Total
prazas

Corpo de xestión (subgrupo A2)

Escala técnica de orientación laboral (subgrupo A2)

1

1

Corpo auxiliar (subgrupo C2)

Escala de persoal de servizos xerais (PSX) (subgrupo C2)

23

5

28

Total xeral Consorcio

24

5

29

Administración especial

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Discapacidade intelectual

Total
prazas

Corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2)

Escala de técnicos facultativos (subgrupo A2)

Especialidade de educadores

13

13

Especialidade de traballo social

1

1

Corpo de técnicos de carácter facultativo (grupo B)

Escala de axentes técnicos facultativos (grupo B)

Especialidade en xardín de infancia

86

13

99

Corpo de auxiliares de carácter técnico (subgrupo C2)

Escala de xerocultor (subgrupo C2)

11

2

13

Total especial Consorcio

111

15

126

Total Consorcio

135

20

155

Total libre

555

60

20

635

ANEXO II

Proceso de estabilización prazas de funcionarios (acceso libre)

Administración xeral

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Total
prazas

Corpo superior (subgrupo A1)

37

4

41

Corpo de xestión (subgrupo A2)

26

2

28

Corpo administrativo (subgrupo C1)

10

1

11

Corpo auxiliar (subgrupo C2)

10

1

11

Agrupación profesional de persoal subalterno (subgrupo AP)

Escala de persoal subalterno (AP)

34

4

38

Especialidade de persoal de recursos naturais e forestais

5

5

Total xeral

122

12

134

Administración especial

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Total
prazas

Corpo facultativo superior (subgrupo A1)

Escala de enxeñeiros (subgrupo A1)

Especialidade de enxeñaría agronómica

4

4

Especialidade de enxeñaría de telecomunicación

4

4

Especialidade de enxeñaría de montes

1

1

Escala de arquitectos (subgrupo A1)

1

1

Escala de veterinarios (subgrupo A1)

22

3

25

Escala de ciencias (subgrupo A1)

Especialidade de bioloxía

8

1

9

Especialidade de química

3

3

Escala de facultativos (subgrupo A1)

Especialidade en medicina

3

3

Especialidade en psicoloxía

2

1

3

Corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2)

Escala de enxeñeiros técnicos (subgrupo A2)

Especialidade de enxeñaría técnica industrial

2

2

Especialidade de enxeñaría técnica forestal

4

4

Escala de técnicos facultativos (subgrupo A2)

Especialidade de enfermaría

7

7

Especialidade de educadores

10

2

12

Especialidade de traballo social

3

3

Corpo de técnicos de carácter facultativo (grupo B)

Escala de axentes técnicos facultativos (grupo B)

Especialidade en xardín de infancia

2

2

Corpo de auxiliares de carácter técnico (subgrupo C2)

Escala de auxiliares de clínica (subgrupo C2)

88

7

95

Escala de auxiliar de laboratorio (subgrupo C2)

8

1

9

Total especial

172

15

187

Total estabilización

294

27

321

ANEXO III

Proceso de consolidación de persoal indefinido non fixo (acceso libre)

Prazas de funcionarios

Administración xeral

Quenda xeral

Corpo superior (subgrupo A1)

6

Corpo de xestión (subgrupo A2)

1

Corpo auxiliar (subgrupo C2)

1

Agrupación profesional de persoal subalterno (grupo AP)

Escala de persoal subalterno (AP)

Especialidade de persoal de recursos naturais e forestais

5

Total xeral

13

Administración especial

Quenda xeral

Corpo facultativo superior (subgrupo A1)

Escala de enxeñeiros (subgrupo A1)

Especialidade de enxeñaría industrial

3

Escala de veterinarios (subgrupo A1)

1

Escala de ciencias (subgrupo A1)

Especialidade de bioloxía

3

Especialidade de ciencias do mar

1

Escala de facultativos (subgrupo A1)

Especialidade en psicoloxía

1

Corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2)

Escala de enxeñeiros técnicos (subgrupo A2)

Especialidade de enxeñaría técnica forestal

1

Escala de técnicos facultativos (subgrupo A2)

Especialidade de educadores

3

Corpo de axudantes de carácter facultativo de administración especial (subgrupo C1)

Escala técnica de análises de laboratorio (subgrupo C1)

3

Corpo de auxiliares de carácter técnico (subgrupo C2)

Escala de auxiliares de clínica (subgrupo C2)

21

Total especial

37

Total consolidación

50

ANEXO IV

Promoción interna separada persoal funcionario

Administración xeral

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Total
prazas

Corpo superior (subgrupo A1)

9

1

10

Escala de sistemas e tecnoloxía da información (subgrupo A1)

8

8

Escala superior de finanzas (subgrupo A1)

8

8

Corpo de xestión (subgrupo A2)

78

7

85

Escala de xestión de sistemas de informática (subgrupo A2)

8

8

Escala de inspectoras e inspectores de consumo (subgrupo A2)

2

2

Corpo administrativo (subgrupo C1)

82

8

90

Corpo auxiliar (subgrupo C2)

73

7

80

Total xeral

268

23

291

Administración especial

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Total
prazas

Corpo facultativo superior (subgrupo A1)

Escala de enxeñeiros (subgrupo A1)

Especialidade de enxeñaría agronómica

9

1

10

Especialidade de enxeñaría de montes

9

1

10

Especialidade de enxeñaría industrial

2

2

Especialidade de enxeñaría de minas

2

2

Corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2)

Escala de enxeñeiros técnicos (subgrupo A2)

Especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas

3

3

Especialidade de enxeñaría técnica agrícola

2

2

Especialidade de enxeñaría técnica forestal

2

2

Total especial

29

2

31

Total promoción interna

297

25

322

ANEXO V

Promoción interna persoal laboral fixo (p. funcionarización)

Administración xeral

Total
prazas

Agrupación profesional (subgrupo AP)

Escala de persoal subalterno

49

Total xeral

49

Administración especial

Total
prazas

Corpo facultativo superior (subgrupo A1)

Escala de facultativos (subgrupo A1)

Especialidade psicoloxía

1

Corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2)

Escala de técnicos facultativos (subgrupo A2)

Especialidade de enfermaría

2

Especialidade de traballo social

1

Corpo de técnicos de carácter facultativo (grupo B)

Escala de axentes técnicos facultativos (grupo B)

Especialidade en xardín de infancia

4

Corpo de auxiliares de carácter técnico (subgrupo C2)

Escala auxiliares de clínica (subgrupo C2)

46

Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (subgrupo C2)

Especialidade bombeiro forestal-condutor de motobomba

30

Especialidade de emisorista/vixiante/a fixo/a

12

Especialidade bombeiro forestal

18

Total especial

114

Total funcionarización

163

Total prazas anexos I, II e III

1.006

Total prazas anexo IV

322

Total prazas anexo V

163

Total prazas OEP 2021

1.491