Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 20 de abril de 2021 Páx. 20203

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de procesos selectivos para a cobertura de prazas vacantes no cadro de persoal funcionario incluídas nas ofertas de emprego dos anos 2018, 2019 e 2020 (CL2021F).

No Boletín Oficial da provincia número 63, do 6 de abril de 2021, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra, incluídos nas ofertas de emprego público dos anos 2018, 2019 e 2020:

Tres prazas de técnico/a informático/a nivel 3, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integradas no grupo C1, polo sistema de oposición libre (ofertadas no ano 2018).

Unha praza de programador/a de xestión de expedientes, encadrada na escala de administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integrada no grupo C1, polo sistema de oposición libre (ofertada no ano 2018).

Tres prazas de condutor/a maquinista, encadradas na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de persoal de oficios, integrada no grupo C1, polo sistema de oposición libre (ofertada no ano 2019).

Unha praza de oficial/a fontaneiro/a calefactor/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de persoal de oficios, integrada no grupo C2, polo sistema de oposición libre (ofertada no ano 2019).

Unha praza de oficial/a de comedor, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de persoal de oficios, integrada no grupo C2, polo sistema de oposición libre (ofertada no ano 2020), reservada a persoas con discapacidade.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 6 de abril de 2021

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra

P.D. (Resolución presidencial 2019012988, do 15.7.2019)

Carlos López Font

Deputado delegado de Réxime Interior, Economía, Facenda e ORAL

Carlos Cuadrado Romay

Secretario da Deputación

Provincial de Pontevedra