De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada que se relaciona no anexo a resolución de sanción e carta de pagamento no expediente sancionador por infracción en materia de industria, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
A persoa interesada ou o seu representante dispón dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio de notificación, para examinar o expediente nas dependencias da Asesoría Xurídica da Xefatura Territorial de Pontevedra da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, situadas na avenida María Victoria Moreno, número 43, 5º andar, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e interpor recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses.
Pontevedra, 7 de abril de 2021
O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Artigo 62.3 do Decreto 135/2017, do 28 de decembro)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe de Servizo de Administración Industrial
ANEXO
Expediente de infracción: IN635C/2020/22-4.
Persoa interesada:
DNI: 36151652E.
Acto notificado: resolución de sanción e carta de pagamento no expediente sancionador.