Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:
Peticionario: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avda. San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: recuamento LMTS lugar Saamasas, 0 (Lugo) e o seu anexo.
Situación: concello de Lugo.
Visado: si, polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña con número de visado 294/20-CO no 4 de febreiro de 2020 e 11 de xuño de 2020 respectivamente.
Características técnicas:
• Liña de media tensión aérea LUG 801 Gomeán 1 con orixe no apoio existente BOPJ8CU8//D10 e final no apoio proxectado 2×C-7000-22//D11N, cunha lonxitude de 45 metros de condutor tipo LA-110.
• Liña de media tensión aérea LUG 802 Guntín 2 con orixe no apoio existente BOPJ8CU8//D10 e final no apoio proxectado 2×C-7000-22//D11N, cunha lonxitude de 45 metros de condutor tipo LA-110.
• Liña de media tensión soterrada LUG 801 Gomeán 1 con orixe no apoio proxectado 2×C-7000-22//D11N e final no apoio proxectado 2xC-9000-16//D14N cunha lonxitude de 575 metros de condutor tipo RHZ1-240 mm.
• Liña de media tensión soterrada LUG 802 Guntín 2 con orixe no apoio proxectado 2×C-7000-22//D11N e final no apoio proxectado 2×C-9000-16//D14N cunha lonxitude de 575 metros de condutor tipo RHZ1-240 mm.
Finalidade da instalación: recuamento de instalacións.
Documentación complementaria:
• Separata para o Concello de Lugo.
• Separata para a Deputación Provincial de Lugo.
• Separata para o Ministerio de Fomento.
• Separata para a Confederación Hidrografica Miño-Sil.
Esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece la estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección da obra debe ser realizada por un técnico competente.
Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguranza.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Lugo, 30 de marzo de 2021
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo