Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 22 de abril de 2021 Páx. 20494

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO da convocatoria e bases específicas do proceso selectivo de constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego de contratación, con carácter temporal, de persoal laboral, categoría tractorista/operador de pa.

A Resolución da Alcaldía nº 269/2021, do 15.3.2021, aprobou a convocatoria e as bases específicas do proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego de contratación con carácter temporal de persoal laboral, categoría tractorista/operador de pa do Concello de Teo, mediante o sistema de oposición.

O BOP da Coruña nº 53, do 22.3.2021, publicou integramente as bases da convocatoria.

Os sucesivos anuncios sobre o desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios, na web municipal e no Portal de Transparencia do Concello de Teo: www.teo.gal.

Teo, 30 de marzo de 2021

Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde