Mediante Resolución da Alcaldía número 2021-0454 resolveuse nomear funcionario de carreira do Concello de Porto do Son, pertencente á escala de administración xeral, subescala de xestión, clase AEDL, código do, posto 1002 a Julio Francisco Seijas Arufe, con NIF***7639**.
A persoa nomeada deberá tomar posesión no prazo dun mes, contado desde a publicación do seu nomeamento no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia.
Porto do Son, 30 de marzo de 2021
José Luis Oujo Pouso
Alcalde presidente