Mediante a Resolución da Alcaldía 140/2021, do 16.3.2021, apróbanse as bases e a convocatoria para a selección, en réxime de persoal laboral temporal, na modalidade de interinidade por vacante, dunha (1) praza de peón con carné de conducir C1 e de dúas (2) prazas de operarios de servizos varios, mediante o sistema de oposición libre, para a área de recollida de RSU.
No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra nº 59, do 29.3.2021, están publicadas integramente as bases que deberán rexer a convocatoria para a selección das referidas prazas.
As instancias que soliciten participar no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de anuncios do concello, sen prexuízo da súa publicación na sede electrónica e páxina web deste concello, cuxos enderezos son: https://concellodearbo.sedelectronica.gal e www.concellodearbo.es.
Arbo, 29 de marzo de 2021
Horacio Gil Expósito
Alcalde