Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 23 de abril de 2021 Páx. 20628

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se modifica a condición de participación de varios membros do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019.

Mediante a Resolución desta dirección xeral do 11 de marzo de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 54, do 22 de marzo), procedeuse ao nomeamento dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional, entre elas, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico.

Na base sétima da Resolución do 13 de decembro de 2019, de convocatoria do proceso, disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomeen novos membros que teñan que substituír os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base, por circunstancias sobrevidas, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Único. Modificar a condición de participación de varios membros do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019, nos termos que a seguir se indican:

Vogal titular. Permuy Fontao, Julio. Persoal estatutario sanitario de formación profesional. Técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico, en substitución de Caramés Palomanes, José. Persoal estatutario sanitario de formación profesional. Técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico.

Vogal suplente. Caramés Palomanes, José. Persoal estatutario sanitario de formación profesional. Técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico, en substitución de Permuy Fontao, Julio. Persoal estatutario sanitario de formación profesional. Técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2021

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos