Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 23 de abril de 2021 Páx. 20630

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense

EDICTO (310/2018).

Eu, María Regina Domínguez Cougil, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense, anuncio que no presente procedemento seguido por instancia de I.C.O.N. Europe, S.L. fronte a Manuel de Jesús González Villar se ditou sentenza, cuxo encabezado e decisión é do teor literal seguinte:

«Sentenza

Ourense, 27 de maio de 2019.

Vistos por María del Pilar Domínguez Comesaña, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense, os presentes autos de xuízo verbal rexistrados con número 310/2018, seguidos por iniciativa de I.C.O.N. Europe, S.L. quen actúa representada pola procuradora Eva Álvarez Coscolín e defendida polo letrado Eduardo Belín Vilela fronte a Manuel de Jesús González Villar, en situación de rebeldía procesual. Tratan os presentes autos sobre reclamación cantidade.

Decido:

Que estimando a demanda interposta pola procuradora Eva Álvarez Coscolín en representación de I.C.O.N. Europe, S.L. contra Manuel de Jesús González Villar, condénase á dita demandada a aboar á demandante a cantidade de 4.033,46 € en concepto de principal e en concepto de indemnización por demora o xuro legal do diñeiro da citada cantidade desde a data da demanda ata a data da sentenza a partir da cal o tipo de xuro será o previsto no artigo 576 da LAC.

As custas impóñense á demandada.

Notifíquese a presente resolución ás partes e advírteselles de que esta non é firme. Contra a sentenza pode interpoñerse recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación na forma indicada no artigo 458 da LAC. Indíquese á demandada que non se admitirá a trámite o recurso se, ao interpoñelo, non acredita documentalmente constituír o depósito que para recorrer exixe a LOPX.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E atopándose o devandito demandado, Manuel de Jesús González Villar, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ourense, 27 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza