Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 23 de abril de 2021 Páx. 20625

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN de 12 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se modifica a condición de participación de varios membros do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a asistencial do 061, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019.

Mediante a Resolución desta dirección xeral do 11 de marzo de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 54, do 22 de marzo), procedeuse ao nomeamento dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso nas categorías de médico/a de urxencias hospitalarias e médico/a asistencial do 061.

Na base sétima da Resolución do 13 de decembro de 2019, de convocatoria do proceso, disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomeen novos membros que teñan que substituír os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base, e por circunstancias sobrevidas, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Único. Modificar a condición de participación de varios membros do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a asistencial do 061, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019, nos termos que a continuación se indican:

Presidenta titular: Pérez Pacheco, Marina. Persoal estatutario licenciado sanitario. Médico/a asistencial do 061, en substitución de López Unanua, Mª del Carmen. Persoal estatutario licenciado sanitario. Médico/a asistencial do 061.

Vogal titular: López Unanua, Mª del Carmen. Persoal estatutario licenciado sanitario. Médico/a asistencial do 061 en substitución de Pérez Pacheco, Marina. Persoal estatutario licenciado sanitario. Médico/a asistencial do 061.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2021

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos