Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 23 de abril de 2021 Páx. 20623

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomean novos membros dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía e técnico/a superior en hixiene bucodental, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019, e se dá publicidade da modificación da condición de participación dalgúns dos seus membros.

Mediante a Resolución desta dirección xeral do 11 de marzo de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 54, do 22 de marzo), procedeuse ao nomeamento dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional.

Na base sétima da Resolución do 13 de decembro de 2019, de convocatoria do proceso, disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomeen novos membros que teñan que substituír os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base, como consecuencia da concorrencia de circunstancias sobrevidas e de causa de abstención nalgúns dos seus membros, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Primeiro. Nomear, con efectos desde a data da presente resolución, novos membros, titular e suplente, dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía e técnico/a superior en hixiene bucodental, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019, nos termos que se indican no anexo.

Segundo. Derivado do anterior, dar publicidade á modificación da condición de participación no respectivo proceso de selección de diversos membros nomeados pola Resolución do 11 de marzo de 2021, nos termos que se indican no anexo.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2021

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Técnico/a superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía:

Vogal titular:

Liste Tizón, Lourdes Mª. Persoal estatutario sanitario de formación profesional. Técnico/a superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía, en substitución de Rey Otero, Rebeca. Persoal estatutario sanitario de formación profesional. Técnico/a superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía.

Técnico/a superior en Hixiene Bucodental:

Vogal titular:

Tajes Vázquez, Modesto. Persoal estatutario sanitario de formación profesional. Técnico superior en Hixiene Bucodental, en substitución de Pose Recarey, Ramón Ángel. Persoal estatutario sanitario de formación profesional. Técnico superior en Hixiene Bucodental.

Vogal suplente:

Quinteiro Alonso, Ramiro. Persoal estatutario sanitario de formación profesional. Técnico superior en Hixiene Bucodental, en substitución de Tajes Vázquez, Modesto. Persoal estatutario sanitario de formación profesional. Técnico superior en Hixiene Bucodental.