Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 23 de abril de 2021 Páx. 20620

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomean novos membros dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019, e se dá publicidade da modificación da condición de participación dalgúns dos seus membros.

Mediante a Resolución desta dirección xeral do 11 de marzo de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 54, do 22 de marzo), procedeuse ao nomeamento dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área.

Na base sétima da Resolución do 13 de decembro de 2019, de convocatoria do proceso, disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomeen novos membros que teñan que substituír os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base, como consecuencia da concorrencia de circunstancias sobrevidas e causas de abstención nalgúns dos seus membros, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Primeiro. Nomear, con efectos desde a data da presente resolución, novos membros, titulares e suplentes, dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019, nos termos que se indican no anexo.

Segundo. Dar publicidade á modificación da condición de participación no respectivo proceso de selección de diversos membros nomeados pola Resolución do 11 de marzo de 2021, nos termos que se indican no anexo.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2021

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Especialidade de Anatomía Patolóxica:

Secretaria titular. Rúa Moure, Mª Jesús. Persoal estatutario de xestión e servizos. Grupo técnico da función administrativa, en substitución de Andrade Suárez, Paz. Funcionaria do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Especialidade de Aparello Dixestivo:

Secretaria titular. Ponte García, María. Persoal estatutario de xestión e servizos. Grupo técnico da función administrativa, en substitución de Andrade Suárez, Paz. Funcionaria do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Especialidade de Cirurxía Cardiovascular:

Vogal titular. Mosquera Rodríguez, Víctor Xesús. Persoal estatutario licenciado sanitario. Especialidade de Cirurxía Cardiovascular, en substitución de Estévez Cid, Francisco. Persoal estatutario licenciado sanitario. Especialidade de Cirurxía Cardiovascular.

Vogal suplente. Herrera Noreña, José Mª. Persoal estatutario licenciado sanitario. Especialidade de Cirurxía Cardiovascular, en substitución de Mosquera Rodríguez, Víctor Xesús. Persoal estatutario licenciado sanitario. Especialidade de Cirurxía Cardiovascular.

Especialidade de Medicina Preventiva e Saúde Pública:

Vogal titular. Abraira García, María Luisa. Persoal estatutario licenciado sanitario. Especialidade de Medicina Preventiva e Saúde Pública, en substitución de Suárez Lorenzo, José Manuel. Persoal estatutario licenciado sanitario. Especialidade de Medicina Preventiva e Saúde Pública.

Especialidade de Radiodiagnóstico:

Vogal titular. Gallego Ojea, José Carlos. Persoal estatutario licenciado sanitario. Especialidade de Radiodiagnóstico, en substitución de Ríos Reboredo, Ángel. Persoal estatutario licenciado sanitario. Especialidade de Radiodiagnóstico.

Especialidade de Radiofísica Hospitalaria:

Vogal titular. Andrade Álvarez, Benito. Persoal estatutario licenciado sanitario. Especialidade de Radiofísica Hospitalaria, en substitución de Medal Francesch, Daniela. Persoal estatutario licenciado sanitario. Especialidade de Radiofísica Hospitalaria.

Vogal suplente: Medal Francesch, Daniela. Persoal estatutario licenciado sanitario. Especialidade de Radiofísica Hospitalaria, en substitución de Andrade Álvarez, Benito. Persoal estatutario licenciado sanitario. Especialidade de Radiofísica Hospitalaria.