Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 23 de abril de 2021 Páx. 20541

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 23 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento SI427A).

A Secretaría Xeral da Igualdade convocou para o ano 2021, a través da Resolución do 23 de febreiro de 2021 (DOG núm. 46, do 9 de marzo), subvencións destinadas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para levar a cabo programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade que respondan a algún dos seguintes tipos:

a) Programa de recursos integrais específicos para mulleres xestantes ou lactantes con fillas ou fillos menores de tres anos, en situación de especial vulnerabilidade.

b) Programa de recursos integrais de atención personalizada e especializada para mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

A partida orzamentaria con cargo á que se financian estas subvencións é susceptible de ser financiada polo FSE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020

O prazo e forma de presentación das solicitudes están regulados no artigo 7 da Resolución do 23 de febreiro de 2021, e no artigo 8 determínase a documentación que se xuntará ao anexo da solicitude. Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita resolución de convocatoria polo órgano encargado da instrución dos procedementos, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 11 da citada resolución establece, de conformidade co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación exixida, a unidade administrativa encargada da tramitación do expediente requirirá a entidade solicitante para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desistiu da súa solicitude, logo de que se dite resolución nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015.

Así mesmo, tamén se indica que por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da indicada Lei 39/2015, os citados requirimentos de emenda faranse mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os efectos da notificación.

De acordo co establecido no artigo 8.bis da Resolución do 23 de febreiro de 2021, todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Polo exposto,

DISPOÑO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, conforme se establece nesta resolución. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Igualdade a través da conta de correo promocion.igualdade@xunta.gal

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2021

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Nº de expte.

Solicitante

Documentación requirida

SI427A 2021/01

Asociación O Son do Pobo

1. Acreditación da inscrición na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

2. Anexo III: a temporalización do programa excede o período subvencionable da convocatoria.

3. Anexo IV: o período de dedicación ao programa excede o período subvencionable e asignan a tarefa a) cando este servizo non está contemplado no anexo III.

4. Anexos IV dos/das «asesores técnicos/as» relacionados no anexo III (informámoslle que o posto de traballo de «conserxe» non é subvencionable).

SI427A 2021/03

Asociación Labregas

1. Anexo II.

2. Anexos IV: nos presentados non se poden validar as sinaturas electrónicas.

3. Aclaración sobre o grupo profesional do convenio no que se encadra o posto de traballo da profesional A.L.G.

SI427A 2021/04

Asociación Punto Delas-Secretaría das Mulleres

1. Anexo II.

2. Anexos IV: nos presentados non se poden validar as sinaturas electrónicas.

SI427A 2021/05

Asociación Penitenciaria Concepción Arenal

1. Anexo IV (avogado): a sinatura electrónica do profesional non é válida.

2. Anexos IV (psicóloga e traballadora social): nos presentados non se poden validar as sinaturas electrónicas da representante legal.

SI427A 2021/09

Saúde Mental Feafes Galicia

1. Anexos IV correspondentes ao avogado e á técnica de inclusión Cristina: o período de dedicación ao programa está fóra do período subvencionable.

SI427A 2021/10

Asociación Integrados

1. Aclaración sobre os/as profesionais imputados/as ao programa: no anexo III só relacionan a unha técnica de apoio en integración social e tamén presentan un escrito indicando que se vai realizar a contratación do servizo de atención psicolóxica, pero despois non presentan o anexo IV correspondente a este/esta profesional e presentan un anexo IV dun técnico de desenvolvemento de equipos e persoas.

SI427A 2021/12

ONG Mestura

1. Aclaración sobre os servizos que compoñen o programa, xa que no anexo III non consta o servizo a), pero na memoria complementaria indican que prestan este servizo.

2. Anexos IV.

SI427A 2021/13

Asociación Saúde Mental A Creba

1. Anexos IV: nos presentados non se pode validar a sinatura electrónica do representante legal da entidade.

SI427A 2021/16

Unión General de Trabajadores de Galicia (UGT Galicia)

1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que non é coincidente nos anexos I e II.

SI427A 2021/19

Down Ourense

1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que non é coincidente nos anexos I e II.

2. O número de mulleres participantes indicado no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas a ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalmente (ata 817 horas), agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

SI427A 2021/21

Asociación Redmadre Coruña

1. Aclaración sobre os/as profesionais imputados/as ao programa: no anexo III relacionan a unha psicóloga, pero despois non presentan o anexo IV correspondente a esta profesional.

SI427A 2021/22

Asociación Cultural Vive Vilariño

1. Anexo II: no presentado o día 6.4.2021 non se pode validar a sinatura electrónica da secretaria da entidade.

2. Aclaración sobre o/s colectivo/s de mulleres ao/s que vai dirixido o programa de acordo co establecido na disposición adicional única da convocatoria (o anexo III presentado o día 6.4.2021 está sen cubrir).

3. Anexos IV: os presentados o día 6.4.2021 non son válidos, un está sen cubrir e no outro faltan datos tales como o número de horas e a adscrición de tarefas.

SI427A 2021/24

Asociación de Movilidad Humana para la Colaboración al Desarrollo

1. Anexo II: o presentado está sen asinar.

2. O número de mulleres participantes indicado no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas a ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalmente (ata 1.720 horas), agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

3. Anexo III: presentaron dous anexos e os datos non coinciden en ambos os dous, polo que deberán presentar un novo anexo III cos datos definitivos que se van ter en conta para a subvención.

SI427A 2021/26

Asociación de Viudas María Andrea

1. Anexos IV correspondentes á avogada e á traballadora social Eva Dolores: non se poden validar as sinaturas electrónicas das profesionais.

SI427A 2021/27

Asociación de Coaching para el Desarrollo Social y Comunitario, Daleth

1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que non é coincidente nos anexos I e II.

2. Anexo IV correspondente á profesional Ainhoa: está sen asinar.

3. Anexos IV correspondentes ás profesionais Susana, Irene, Sabrina, Patricia e Ana María: o período de dedicación ao programa está fóra do período subvencionable e non se pode validar a sinatura electrónica da representante legal.

SI427A 2021/30

Congregación Siervas de la Pasión

1. Documentación acreditativa da representación que exerce a persoa que asina a solicitude para actuar en nome da entidade, xa que esta é distinta á designada no RUEPSS.

2. O número de horas da integradora social excede o límite das 1.720 horas por profesional.

3. O número de mulleres participantes indicado no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas que se van ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalmente (ata 1.834 horas), agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

SI427A 2021/33

Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia, Fademur-Galicia

1. Aclaración sobre os/as profesionais imputados/as ao programa: no anexo III relacionan a unha técnica, pero despois non presentan o anexo IV correspondente a esta profesional (presentaron fichas de dúas psicólogas sociais).

SI427A 2021/38

Asociación Patronato Concepción Arenal

1. Documentación acreditativa da representación que exerce a persoa que asina a solicitude para actuar en nome da entidade, xa que esta é distinta á designada no RUEPSS e o certificado presentado non se refire á presente convocatoria.

2. Aclaración sobre se ás participantes se lles proporciona acollemento (aloxamento e manuntención) no desenvolvemento do programa.

3. O número de horas do mediador sanitario excede o límite das 1.720 horas por profesional.

4. O número de mulleres participantes indicado no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas a ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalmente (ata 3.225 horas), agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

5. Anexo IV correspondente á técnica mediadora/traballadora social: o período de dedicación ao programa excede o período subvencionable.

6. Anexo IV correspondente ao mediador/técnico administrativo: o período de dedicación ao programa excede o período subvencionable e o número de horas non está no formato exixido.

7. Anexos IV correspondente á mediadora/técnica formación laboral: os períodos de dedicación ao programa non coinciden cos indicados no escrito presentado.

8. Aclaración sobre se as dúas profesionais pertencentes á xunta directiva son persoal propio da entidade ou se a súa contratación é de carácter mercantil. No caso de que sexa mercantil deberán, ademais, solicitar a autorización do órgano concedente para poder levar a cabo esta contratación, indicando os motivos que a xustifican e se se realiza de acordo coas condicións normais do mercado (artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia).

SI427A 2021/40

Fundación Amigó

1. Anexo III: a memoria do programa debe presentarse obrigatoriamente no modelo normalizado do anexo III (a memoria complementaria que se presente só é válida para os efectos de ampliar a información contida no anexo III, non para substituílo).

2. Aclaración sobre a temporalización do programa, xa que as datas indicadas no anexo III non coinciden coas datas de adscrición das profesionais ao programa indicadas nos anexos IV.

SI427A 2021/41

Asociación Escola Rural de Saúde da Limia

1. Anexo I: os datos persoais da representante legal non coinciden cos da persoa que asina o anexo.

2. Aclaración sobre a temporalización do programa, xa que presentaron dous anexos III e as datas indicadas en ambos os dous non son coincidentes.

3. Anexos IV: os presentados non son os da presente convocatoria, non se poden validar as sinaturas electrónicas da representante legal e o anexo IV correspondente á avogada non está cuberto en todos os seus puntos e as datas de dedicación ao programa están fóra do período subvencionable.

SI427A 2021/43

Asociación de Ayuda a la Vida

1. Anexo IV correspondente á traballadora social Elena: o período de dedicación ao programa está fóra do período subvencionable.

2. Aclaración sobre as profesionais adscritas ao programa: no anexo III relacionan a unha traballadora social e a unha educadora social, pero logo presentan os anexos IV correspondentes a dúas traballadoras sociais.

SI427A 2021/45

Fundación Formavigo

1. Aclaración sobre o/s colectivo/s de mulleres ao/s que vai dirixido o programa de acordo co establecido na disposición adicional única da convocatoria.

2. Anexos IV: nos presentados non se poden validar as sinaturas electrónicas.

SI427A 2021/47

Asociación de Mulleres Algueirada

1. Anexo IV correspondente á avogada: non está asinado pola profesional.

SI427A 2021/48

Apetamcor

1. Anexos IV: nos presentados non se poden validar as sinaturas electrónicas.

2. O número de mulleres participantes indicado no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas a ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalmente (ata 430 horas), agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

SI427A 2021/50

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Chantada

1. Acreditación da inscrición na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

2. Anexos IV: en todos o período de dedicación ao programa excede o período subvencionable e, ademais, no anexo correspondente á traballadora social asignan a tarefa c) cando este servizo non está contemplado no anexo III.

3. O número de mulleres participantes indicado no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas que se van ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalmente (ata 602 horas), agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

SI427A 2021/51

Asociación Valores Galicia

1. Acreditación da inscrición na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

2. Aclaración sobre os servizos que compoñen o programa porque as actuacións contempladas nos servizos d), e) e f) son similares.

3. Anexos IV.

SI427A 2021/54

Asociacion Visibles

1. Aclaración sobre a temporalización do programa, xa que a indicada no anexo III non coincide coas datas de adscrición do persoal ao programa.

2. Anexos IV: nos presentados non se pode validar a sinatura electrónica da representante.

3. O número de horas da profesional vinculada coa entidade (terapeuta) excede o límite das 100 horas establecido no último parágrafo do artigo 6.1.a) das bases reguladoras.

SI427A 2021/55

Fundación Diagrama Intervención Psicosocial

1. Acreditación de que a entidade ten domicilio social ou delegación en Galicia.

2. Aclaración sobre a temporalización do programa, xa que existen contradicións entre as datas indicadas nos dous anexos III presentados, na memoria complementaria e nas datas de adscrición do persoal.

SI427A 2021/58

Andaina Pro Saúde Mental

1. Documentación acreditativa da representación que exerce a persoa que asina a solicitude para actuar en nome da entidade, xa que esta é distinta á designada no RUEPSS.

SI427A 2021/63

Fundación Amigos de Galicia

1. Anexo II: no presentado non se pode validar a sinatura electrónica e os datos persoais da persoa secretaria non coinciden cos da persoa asinante.

2. Aclaración sobre as/os profesionais adscritas/os ao programa, xa que no anexo III relacionan a unha psicóloga e a unha educadora social pero logo non presentan os anexos IV correspondentes a estas profesionais.

SI427A 2021/65

Valoresc Innovation

1. Aclaración sobre a temporalización do programa, xa que a indicada no anexo III non coincide coas datas de adscrición do persoal ao programa nin co indicado na memoria complementaria.

SI427A 2021/66

Asociación Antonio Noche

1. Aclaración sobre os/as profesionais imputados/as ao programa: no anexo III relacionan a 10 profesionais, pero logo só presentan anexos IV de 7 deles/delas.

2. Anexos IV correspondentes aos postos de traballo de avogada, profesora de perrucaría e educadora social: non están asinados polas profesionais.

3. Anexo IV correspondente ao posto de psicóloga: non constan os datos persoais da profesional nin está asinado por esta.

SI427A 2021/69

Asociación Dignidad Galicia

1. Anexos IV: nos presentados non se pode validar a sinatura electrónica da representante legal da entidade.

SI427A 2021/70

Asociación Raíña Paraíso

1. Aclaración sobre a temporalización do programa, xa que a indicada no anexo III non coincide coa data de adscrición do persoal ao programa.

2. Aclaración sobre as/os profesionais adscritas/os ao programa, xa que no anexo III relacionan a 3 profesionais, pero logo só presentan o anexo IV dunha/dun delas/deles.

SI427A 2021/71

Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución

1. Documentación acreditativa da representación que exerce a persoa que asina a solicitude para actuar en nome da entidade, xa que esta é distinta á designada no RUEPSS.

2. Aclaración sobre se a mediadora e a psicóloga pertencen á xunta directiva da entidade.

3. Anexos IV: nos presentados non se poden validar as sinaturas electrónicas.

4. Dado que a avogada está vinculada coa entidade (é membro da xunta directiva), deberán solicitar a autorización do órgano concedente para poder levar a cabo esta contratación, indicando os motivos que a xustifican e se se realiza de acordo coas condicións normais do mercado (artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia).

SI427A 2021/72

Federación EFA Galicia

1. Anexo II.

SI427A 2021/73

Asociación Albores Saúde Mental

1. Anexos IV: nos presentados non se poden validar as sinaturas electrónicas.

SI427A 2021/74

ONGD Senvalos

1. Anexo II: o presentado está sen cubrir.

2. Aclaración sobre as/os profesionais adscritas/os ao programa: no anexo III relacionan a un orientador laboral, pero logo non presentan o anexo IV correspondente a este profesional.

SI427A 2021/75

Asociación Mirabal

1. O número de horas da profesional vinculada coa entidade (representante legal) excede o límite das 100 horas establecido no último parágrafo do artigo 6.1.a) das bases reguladoras.

SI427A 2021/76

Ayuda y Atención al Preso

1. Anexo II: o presentado está sen cubrir.

2. Aclaración sobre as/os profesionais adscritas/os ao programa: no anexo III relacionan a unha profesora de perrucaría pero logo non presentan o anexo IV correspondente a esta profesional e presentan un anexo IV correspondente a unha mediadora intercultural que non está relacionada no anexo III.

3. Anexo IV correspondente á psicóloga: non están cubertos os datos persoais da profesional nin está asinado por esta.

SI427A 2021/77

Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional

1. Aclaración sobre os servizos que compoñen o programa, xa que no anexo III consta o servizo a) pero logo nos anexos IV non hai profesionais que teñan asignada esta tarefa.

SI427A 2021/78

Asociación Xarela Formación-Animación

1. Aclaración sobre a temporalización do programa, xa que a indicada no anexo III non coincide coa data de adscrición do persoal ao programa.

SI427A 2021/81

Asociación Española Contra el Cáncer

1. Anexo III: o período de desenvolvemento do programa excede o período subvencionable.

2. Anexos IV: en todos os presentados o período de dedicación ao programa excede o período subvencionable e, ademais, no anexo IV correspondente á técnica de atención psicolóxica inclúese o servizo b) cando este non está previsto no anexo III.

3. Aclaración sobre as/os profesionais adscritas/os ao programa: no anexo III relaciónanse 4 psicólogas pero logo presentan anexos IV de 3 psicólogas e 1 traballadora social.

SI427A 2021/83

Asociación de Maiores de Ponteareas

1. Acreditación da inscrición na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

2. Anexos IV das/dos profesionais adscritas/os ao programa.

SI427A 2021/84

Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo

1. Anexo IV correspondente á psicóloga María José: non está cuberto o dato do grupo profesional.