Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 27 de abril de 2021 Páx. 20979

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 8 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións públicas con cargo aos orzamentos xerais do Estado na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e se convocan para o exercicio orzamentario do ano 2021 (código de procedemento MT821A).

Advertido erro no texto da citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número. 73, do 20 de abril de 2021, cómpre efectuar as seguintes correccións

No artigo 4.1 (páx. 20020) onde di: «...da documentación administrativa e técnica que se especifica no artigo 6.», debe dicir: «...da documentación administrativa e técnica que se especifica no artigo 5.».

No artigo 4.3 (páx. 20021) onde di: «Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia», debe dicir: «Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia».

No artigo 26, parágrafo segundo (páx.20039) onde di: «O prazo de presentación rematará no mes seguinte o día seguinte ao día correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación», debe dicir: «O prazo de presentación rematará no mes seguinte o día correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación».