Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 27 de abril de 2021 Páx. 20980

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se publica a adxudicación dos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2019/20, convocados pola Orde do 19 de outubro de 2020 (Diario Oficial de Galicia do 30 de outubro) (código de procedemento ED311F).

A Orde do 19 de outubro de 2020 pola que se convocan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2019/20, establece no seu artigo 14.3 que o titular da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional elevará a proposta feita polo xurado de selección ao conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, que emitirá a correspondente resolución de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

O día 5 de marzo de 2021 publicáronse no Diario Oficial de Galicia e no portal educativo https://www.edu.xunta.gal as puntuacións provisionais obtidas polos candidatos e candidatas. Elaborada polo xurado de selección dos premios extraordinarios a proposta definitiva de adxudicación, e elevada polo secretario xeral de Educación e Formación Profesional,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicar os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2019/20, ao alumnado que figura no anexo desta resolución.

Segundo. Esta resolución de adxudicación dos premios poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2021

José Luis Mira Lema
Secretario de Educación e Formación Profesional

ANEXO

Premios extraordinarios nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2019/20

Modalidade de Música.

Apelidos e nome

Centro

Especialidade

DNI

Importe

Guimarey Touriño, Iván

Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga (Pontevedra)

Tuba

***2901**

850 €

Molina Touza, Ana

Conservatorio Profesional de Música da Coruña

Violín

***0261**

850 €

Ruibal Seoane, Iván

Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga (Pontevedra)

Piano

***6559**

850 €

Modalidade de Artes Plásticas e Deseño.

Apelidos e nome

Centro

Especialidade

DNI

Importe

Alján Alves, Elba

Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (A Coruña)

Ilustración

***0399**

850 €

Martínez do Reis, Nicolás

Centro Autorizado de Artes Plásticas e Deseño Aula D (Vigo)

Proxecto e dirección de obras de decoración

***7848**

850 €