Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 27 de abril de 2021 Páx. 21072

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 44/2021).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 44/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Águeda Romero Rodríguez e Pilar Beiro Pérez contra Juan Manuel Fragoso Gómez, Adolfo Fragoso Gómez e Adolfo Fragoso y Otro, S.C., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Auto:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

En Santiago de Compostela o cinco de abril de dous mil vinte e un.

Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Águeda Romero Rodríguez e Pilar Beiro Pérez, fronte a Juan Manuel Fragoso Gómez, Adolfo Fragoso Gómez e Adolfo Fragoso y Otro, S.C., parte executada, por importe de 9.277,98 euros, correspondendo 4.638,99 euros á reclamación de cada unha das executantes (desagregado nos seguintes conceptos, 7.074,30 euros en concepto de principal e 2.203,68 euros en concepto de xuros calculados conforme o artigo 29.3 ET) e de 927,79 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas (dos que 463,89 euros corresponden a cada unha das executantes), que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e a executada quedará apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LJS, e aos representantes dos traballadores da empresa debedora, de conformidade co ordenado polo artigo 252 da LXS.

Modo de impugnación. Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación e débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 1 aberta en Banco Santander, S.A., conta número 0049 3569 9200 0500 1274, e indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “30 social-reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o “código 30 social-reposición”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A maxistrada xuíza. A letrada da Administración de xustiza».

Parte dispositiva:

«Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Juan Manuel Fragoso Gómez, Adolfo Fragoso Gómez e Adolfo Fragoso y Otro, S.C., dar audiencia previa á parte demandante, Águeda Romero Rodríguez e Pilar Beiro Pérez, e ao Fondo de Garantía Salarial, por prazo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens e, do seu resultado, acordarase o procedente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 0049 3569 9200 0500 1274, no Banco Santander, S.A. e indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separada por un espazo, a indicación “recurso” seguida de “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Juan Manuel Fragoso Gómez, Adolfo Fragoso Gómez e Adolfo Fragoso y Otro, S.C., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto.

Advírtese os destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza