Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 28 de abril de 2021 Páx. 21219

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

O vixente Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia, publicado mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 13 de xuño de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 123, do 30 de xuño), regula na súa norma II.4.4 a xeración e publicación das listas.

Mediante a Resolución do 18 de febreiro de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 38, do 25 de xaneiro) publicáronse os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as nas categorías de celador/a, grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerais, técnico/a en farmacia, técnico/a superior en anatomía patolóxica, técnico/a superior en dietética e nutrición, técnico/a superior en documentación sanitaria, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico e técnico/a superior en radioterapia.

Mediante a Resolución do 8 de marzo de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 51, do 16 de marzo) publicáronse os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as na categoría de celador/a, polo sistema reservado a persoas que acrediten unha discapacidade intelectual.

Finalizados os prazos de reclamación previstos nas citadas resolucións e analizadas as presentadas, este centro directivo, de conformidade co anexo I, base novena da Resolución do 12 de setembro de 2013,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia nas categorías de celador/a, celador/a polo sistema reservado a persoas que acrediten unha discapacidade intelectual, grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerais, técnico/a en farmacia, técnico/a superior en anatomía patolóxica, técnico/a superior en dietética e nutrición, técnico/a superior en documentación sanitaria, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico e técnico/a superior en radioterapia.

Segundo. As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cuarto. As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2021

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos