Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 29 de abril de 2021 Páx. 21419

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2021 pola que se aproban as bases xerais de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a festivais de artes escénicas e de música, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento CT213A).

A Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), no artigo 3, determina que a Agadic ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, cooperando na achega de factores produtivos, no fomento da oferta de bens e servizos e na asignación de ingresos suficientes e estables. O artigo 5.1 da Lei 4/2008 establece que unha das funcións da Agadic é a de promover a distribución dos produtos culturais do noso país, fomentando a creación de públicos e facilitando o acceso da cultura galega a novos mercados, e o artigo 5.2 establece que a Agadic poderá, para o logro dos seus obxectivos, conceder subvencións.

A través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, dentro do obxectivo xenérico de promoción e fomento da cultura galega, a Agadic ten como obxectivo consolidar o tecido industrial cultural galego e convertelo nun tecido empresarial capitalizado, competitivo e innovador, fomentando a creación, a demanda e a comercialización de bens e servizos culturais de calidade, aumentando o peso relativo do sector no sistema produtivo galego.

Con estas bases, a Axencia Galega das Industrias Culturais quere fomentar a demanda de produtos culturais na sociedade galega co obxecto de promover a orientación ao mercado das empresas, mellorar a viabilidade dos seus proxectos, achegar recursos propios e incrementar o peso relativo do sector no sistema produtivo galego.

Na súa virtude, e no uso das atribucións que me foron concedidas, apróbanse as bases e a convocatoria pública de subvencións a festivais profesionais de artes escénicas e de música

RESOLVO:

Primeira. Aprobación e obxecto das bases reguladoras

Esta resolución, en desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), ten por obxecto establecer e aprobar as bases reguladoras das subvencións para o apoio a festivais de artes escénicas e de música de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector, e aprobar a súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CT213A).

Segunda. Normativa aplicable

A normativa aplicable a estas subvencións axustarase ao disposto nesta resolución, á Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ao Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, á Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como aos preceptos básicos do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións, á Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, á Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, á Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, e demais normativa de xeral aplicación.

Terceira. Procedemento de concesión e principios de xestión

1. Estas subvencións deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 3 do Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. O importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.

2. A percepción destas axudas é compatible con outras subvencións, axudas, ingresos e recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público ou privado, pero incompatibles con outras para o mesmo proxecto da consellería competente en materia de cultura. No caso de percibirse outras axudas, deberase acreditar documentalmente a súa natureza e contía, así como calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución das actuacións. A comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

3. En ningún caso a suma dos importes das axudas concedidas ao abeiro desta resolución poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o 100 % do custo do evento.

4. Nos anexos desta resolución deberase cubrir a declaración das axudas percibidas polos solicitantes.

5. A xestión destas subvencións realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

6. Sobre estas bases poderase obter información adicional na páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic): http://www.agadic.gal.

7. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Cuarta. Persoas beneficiarias

1. Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas (autónomas) e xurídicas privadas e as súas agrupacións domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, que desenvolvan a súa actividade en Galicia, que leven a cabo algún dos festivais descritos no obxecto da convocatoria e cumpran as condicións e criterios establecidos nestas bases. Para a modalidade B (festivais de artes escénicas), poderán presentarse, ademais, as entidades locais galegas.

2. As entidades locais galegas poderán presentar a súa solicitude individual ou conxuntamente, como agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou outra fórmula similar. Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas deberá acreditarse que o servizo se presta de xeito mancomunado, metropolitano ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.

3. Será requisito para a concesión de subvencións ás entidades locais que estas cumprisen o deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio, o que deberán acreditar antes da concesión, segundo o previsto no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan as especialidades nas subvencións ás entidades galegas.

4. As fundacións que se acollan a esta convocatoria non poderán percibir subvencións nin axudas públicas da Agadic se non cumpren coa obriga de presentarlle as contas ao protectorado, segundo o establecido no artigo 38.3 da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.

5. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, as persoas solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estaren incursas en tales circunstancias, consonte o modelo establecido no anexo I desta convocatoria.

Quinta. Requisitos dos festivais

Para optar a estas axudas os festivais terán que cumprir os seguintes requisitos:

Modalidade A (festivais de música):

a) O festival debe celebrarse nas datas comprendidas entre o 1 de novembro do ano 2020 e o 31 de outubro do ano 2021. Enténdese incluídos aqueles festivais iniciados ata o 31 de outubro de 2021 que desenvolvan a maior parte da actividade neste período.

b) O festival ten que ter realizado un mínimo de 2 edicións, excluída a edición obxecto desta convocatoria.

c) O festival ten que desenvolverse dentro dun único período de quince días e dous dos días, como mínimo, deben ser consecutivos.

d) O festival ten que ter un orzamento mínimo de contratación artística do 30 % do orzamento subvencionable.

e) O festival debe programar un mínimo de seis grupos.

f) Un mínimo do 60 % dos concertos teñen que ser con entradas de pago.

Modalidade B (festivais de artes escénicas):

a) O festival debe celebrarse nas datas comprendidas entre o 1 de novembro do ano 2020 e o 31 de outubro do ano 2021. Enténdese incluídos aqueles festivais iniciados ata o 31 de outubro de 2021 que desenvolvan a maior parte da actividade neste período.

b) O festival ten que ter realizado un mínimo de 2 edicións, excluída a edición obxecto desta convocatoria.

c) O festival ten que ter un orzamento mínimo de contratación artística do 30 % do orzamento subvencionable.

d) O festival debe programar un mínimo de seis compañías.

e) As compañías maioritariamente compostas por artistas que desenvolvan principalmente a súa actividade profesional en Galicia teñen que representar, como mínimo, o 60 % do orzamento de contratación profesional artística do festival.

f) O 50 % do total das actuacións profesionais artísticas que se programen deben estar compostas maioritariamente por artistas que desenvolvan principalmente a súa actividade en Galicia, agás no caso daqueles festivais que polas súas características intrínsecas non poidan acadar esta porcentaxe e así se xustifique debidamente na memoria do proxecto.

g) Un mínimo do 30 % das representacións escénicas teñen que ser con entradas de pago, excepto os festivais de rúa.

En materia de subcontratación, observarase o establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 43 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, que establecen que unicamente se subcontratará total ou parcialmente a actividade subvencionada cando a normativa reguladora da subvención así o prevexa e no suposto de que tal previsión non figure ata o 50 % do seu importe.

En ningún caso poderán subcontratarse actividades que, aumentando o custo do proxecto subvencionado, non acheguen valor engadido ao seu contido.

Sexta. Créditos, contías e límites

1. Para a concesión das subvencións destínase un crédito global de 540.000 euros con cargo ás aplicacións orzamentarias seguintes: 10.A1.432B.460.0, 60.000 euros, 10.A1.432B.470.0, 360.000 euros, 10.A1.432B.481.0, 120.000 euros, do código de proxecto 2015-00003, en función das dispoñibilidades orzamentarias existentes na Axencia Galega das Industrias Culturais para o ano 2021, que se distribúen:

Para a modalidade A (festivais de música), 340.000 euros con cargo ás aplicación orzamentarias 10.A1.432B.470.0, 300.000 euros e 10.A1.432B.481.0, 40.000 euros.

Para a modalidade B (festivais das artes escénicas), 200.000 euros con cargo ás aplicacións orzamentarias: 10.A1.432B.460.0, 60.000 euros, 10.A1.432B.470.0, 60.000 euros e 10.A1.432B.481.0, 80.000 euros.

Ao estar distribuída a contía total máxima anual das subvencións convocadas entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da distribución non precisará de nova convocatoria, pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria, tal e como se recolle no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. A contía das subvencións determinarase en función das dispoñibilidades orzamentarias, o custo do proxecto, o importe solicitado e a puntuación derivada da aplicación dos criterios de valoración. A cantidade máxima que se pode solicitar e conceder é de 40.000 euros para a modalidade A (festivais de música) e de 50.000 euros para a modalidade B (festivais de artes escénicas).

3. A porcentaxe máxima de concesión de subvención non poderá exceder o 40 % do seu orzamento subvencionable no caso dos festivais de música e o 70 % no caso de festivais de artes escénicas. Para as solicitudes conxuntas de entidades locais ou solicitudes de entidades resultantes de fusión, a porcentaxe poderá acadar ata un máximo do 85 % do orzamento subvencionable.

Sétima. Inicio do procedemento: presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Oitava. Prazo de presentación das solicitudes e emenda

1. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

2. Se a solicitude non está debidamente cuberta, non se achegase a documentación exixida ou non se reunisen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada será requirida para que no prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indícase ademais que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos na lei.

Novena. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. Ademais da solicitude publicada con esta convocatoria (anexo I), as persoas interesadas nestas subvencións presentarán, con carácter xeral, a seguinte documentación:

– Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade se a persoa solicitante é persoa xurídica.

– Estatutos rexistrados e escrituras de constitución validamente inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda.

– Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

2. As persoas solicitantes deberán presentar a seguinte documentación específica:

Ademais dos requisitos para acceder á subvención (anexo II), as persoas solicitantes deberán presentar a seguinte documentación complementaria segundo a modalidade a que opten:

A. Modalidade A: festivais de música.

A.1. Anexo III: programación do festival para o cal se solicita subvención.

A.2. Memoria da traxectoria e evolución do festival, que contemple aqueles aspectos que a comisión terá en conta para a valoración do punto B.1 dos criterios artísticos para a modalidade A (festivais de música), así como aqueloutros que a persoa solicitante considere para a mellor defensa da epígrafe.

A.3. Memoria do festival correspondente á edición inmediatamente anterior ao 14 de marzo de 2020, cando se declarou o primeiro estado de alarma, con indicación e explicación das seguintes epígrafes:

A.3.1. Interese artístico da programación realizada.

A.3.2. Interese estratéxico para o sector: liñas e accións dirixidas ao fomento e promoción do sector musical galego levadas a cabo.

A.3.3. Repercusión na creación e fomento de públicos. Accións realizadas.

A.3.4. Actividades complementarias: liñas e iniciativas levadas a cabo dirixidas ao fomento e promoción do sector cultural galego (representacións de artes escénicas, accións no ámbito audiovisual e artes plásticas, obradoiros, concursos, encontros…). Para a súa valoración, as actividades deben estar descritas e non só identificadas.

A.4. Memoria do proxecto para o cal se solicita subvención, que inclúa as seguintes epígrafes:

A.4.1. Interese cultural e artístico, relevancia e singularidade do proxecto e obxectivos.

A.4.2. Melloras con respecto a edicións anteriores.

A.4.3. Potencialidade do plan de comunicación, con indicación das estratexias de difusión e promoción do proxecto, as accións que se pretenden realizar e o gasto estimado para esta partida.

A.5. Anexo V: memoria económico-financeira, que inclúa o orzamento completo e detallado do investimento subvencionable, no cal figuren todos os gastos subvencionables sinalados na base décimo sexta, e a previsión de ingresos. A memoria incluirá o orzamento desagregado, con e sen IVE.

B. Modalidade B: festivais de artes escénicas.

B.1. Memoria do festival en edicións anteriores, que inclúa separadamente o tratamento das seguintes epígrafes:

B.1.1. Antigüidade do festival.

B.1.2. Recoñecementos acadados.

B.1.3. Interese artístico das programacións.

B.1.4. Interese estratéxico para o sector: liñas e iniciativas dirixidas ao fomento e promoción do sector escénico galego.

B.1.5. Repercusión, incidencia e impacto no territorio.

B.2. Memoria do proxecto para o cal se solicita subvención, que inclúa as seguintes epígrafes:

B.2.1. Interese cultural e artístico, relevancia e singularidade do proxecto e obxectivos.

B.2.2. Duración do festival (anexo IV).

B.2.3. Producións, coproducións ou residencias do festival (anexo IV).

B.2.4. Estreas absolutas no festival (anexo IV).

B.2.5. Repercusión na creación e fomento de públicos.

B.2.6. Actividades complementarias: liñas e iniciativas dirixidas ao fomento e promoción do sector cultural galego (concertos, obradoiros, concursos, certames, encontros…) realizadas polo festival. Para a súa valoración, as actividades deben estar descritas e non só identificadas.

B.2.7. Plan de comunicación: estratexias de difusión e promoción do proxecto.

B.3. Viabilidade técnica e económica do proxecto: memoria económico-financeira que inclúa o orzamento completo e detallado do investimento subvencionable, no cal figuren todos os gastos subvencionables sinalados na base décimo sexta, e a previsión de ingresos. A memoria incluirá o orzamento desagregado, con e sen IVE (anexo V).

B.4. Compromiso de produción, coprodución ou residencia en que consten as condicións económicas e/ou técnicas.

B.5. Para as solicitudes conxuntas presentadas por entidades locais, memoria de aforro de custos respecto da presentación de modo individual.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Décima. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– NIF da entidade solicitante

– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas coa Comunidade Autónoma.

– Consulta de concesións de subvencións e axudas.

– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

– Consulta de concesións pola regra de minimis.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Décimo primeira. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se topen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Décima segunda. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Décimo terceira. Instrución do procedemento

1. A Dirección da Agadic, directamente ou a través dos seus servizos administrativos, actuará como órgano instrutor do procedemento, nos termos previstos no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e correspóndelle realizar de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales se debe pronunciar a resolución. En particular, terá atribuídas especificamente as seguintes funcións:

a) Examinar as solicitudes e documentación presentadas.

b) Requirir das persoas solicitantes a emenda ou achega da documentación que resulte de obrigado cumprimento.

c) Formular a proposta de resolución, debidamente motivada, indicando o número de solicitudes subvencionadas e o importe económico da subvención correspondente a cada unha delas, unha vez entregado o informe por parte da Comisión de Avaliación.

2. Co fin de facilitar unha mellor avaliación das solicitudes, poderánselles pedir datos, información complementaria ou aclaratoria necesaria ás persoas interesadas, así como a outros servizos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, ou aos profesionais ou expertos consultados para as xestións das solicitudes.

Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Dirección da Agadic e as unidades administrativas encargadas da tramitación e seguimento do expediente respectivo poderán comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados, e levarán a cabo as funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos labores e demais actuacións que deriven destas bases. Para estes efectos, as persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas de comprobación que se establezan nesta resolución e na de adxudicación da subvención. Para realizar estas funcións, poderanse utilizar cantos medios estean á disposición da Dirección da Agadic para comprobar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta resolución e na restante normativa vixente que resulte de aplicación.

3. Para cada unha das modalidades, a avaliación das solicitudes presentadas farase en dúas fases. A primeira fase será a avaliación dos criterios automáticos establecidos na base décimo cuarta, e será levada a cabo por unha comisión formada por persoal da Agadic. A segunda será a avaliación dos criterios artísticos da citada fase e será levada a cabo por unha comisión formada por expertos na materia.

A puntuación final dos proxectos propostos consistirá na suma de ambas as valoracións das dúas comisións, que se reunirán para poñer en común o resultado de cada unha das fases e emitirán un informe relacionando os proxectos examinados por orde de prelación, indicando a puntuación asignada a cada un deles de xeito motivado e redactarase acta facendo unha proposta dos que se consideran subvencionables.

4. Unha vez entregado o informe preceptivo por parte das comisións de valoración, a Dirección da Agadic elaborará a proposta de resolución e indicará o número de solicitudes subvencionadas e o importe económico da subvención correspondente a cada unha delas.

Décimo cuarta. Comisións de valoración e criterios de avaliación

1. Por cada modalidade, para a avaliación das solicitudes presentadas constituiranse dúas comisións de valoración, das cales non poderán formar parte aquelas persoas que estean directa ou indirectamente relacionadas cos expedientes obxecto de valoración. Tanto estas comisións como o órgano instrutor especificado na base anterior poderán solicitar dos interesados cantos datos e acreditacións xulguen necesarios para a baremación dos proxectos.

As comisións de avaliación serán nomeadas pola persoa titular da Dirección da Agadic e estarán constituídas por:

a) Unha persoa do cadro de persoal da Agadic, que fará as funcións de secretario das comisións, con voz e sen voto, de ambas as modalidades.

b) Dúas persoas do cadro de persoal da Agadic para a avaliación dos criterios automáticos, que desempeñarán, así mesmo, a presidencia de cada unha das comisións.

c) Tres expertos externos nomeados pola Dirección da Agadic de entre profesionais do eido musical para a modalidade A (festivais de música) e outros tres do ámbito escénico para a modalidade B (festivais de artes escénicas).

A condición de vogal da comisión ten carácter persoal e non pode actuar por delegación nin ser substituído en ningún caso e declararán por escrito non ter relación coas persoas solicitantes ou, se é o caso, cos partícipes das persoas xurídicas solicitantes na correspondente convocatoria anual.

2. Na concesión das subvencións seguirase un procedemento de concorrencia competitiva, no cal as comisións de avaliación ordenarán os expedientes por orde de prelación, e indicarán a puntuación asignada a cada un deles, segundo os criterios de avaliación establecidos na presente convocatoria e de xeito motivado. A asignación das contías farase en proporción á puntuación recibida e ao orzamento solicitado, sen exceder os límites establecidos.

3. Para a modalidade A, a puntuación máxima será de 100 puntos. Para a modalidade B, a puntuación máxima será de 145 puntos.

4. As solicitudes teñen que ser valoradas de conformidade cos seguintes criterios, comúns a todo tipo de entidades, dependendo da modalidade a que se presenten:

Modalidade A: festivais de música.

A. Criterios automáticos.

A.1. O festival en edicións anteriores: 15 puntos.

A.1.1. Antigüidade: ata 5 puntos, excluída a edición obxecto desta convocatoria:

– De 3 a 5 edicións: 1 punto.

– De 6 a 10 edicións: 2 puntos.

– De 11 a 15 edicións: 3 puntos.

– Máis de 15 edicións: 5 puntos.

A.1.2. Capacidade de convocatoria nas dúas últimas edicións realizadas antes do 14 de marzo de 2020, cando se declarou o primeiro estado de alarma. Valorarase a asistencia de público, debidamente acreditada (follas de billeteira, facturas de pagamento dos dereitos de propiedade intelectual no caso de que veña reflectido o público asistente, plataformas dixitais de vendas, etc.):

– Ata 3.000 persoas: 2 puntos.

– Entre 3.001 e 6.000: 4 puntos.

– Entre 6.001 e 15.000: 6 puntos.

– Entre 15.001 e 25.000: 8 puntos.

– Máis de 25.000: 10 puntos.

A.2. Valoración do proxecto para o cal se solicita a subvención: 17 puntos.

A.2.1. Nivel de contratación artística galega: ata 9 puntos.

Valorarase o orzamento de contratación artística de grupos de música galegos. Non se terán en conta para este criterio os grupos de música «por determinar».

– Do 10 ao 20 % da contratación artística do festival: 2 puntos.

– Entre o 21 e o 30 %: 3 puntos.

– Entre o 31 e o 40 %: 5 puntos.

– Máis do 40 %: 9 puntos.

A.2.2. Duración do festival: ata 3 puntos.

– 3 días: 1 punto.

– 4 días: 2 puntos.

– Máis de 4 días: 3 puntos.

A.2.3. Número de grupos de música contratados: ata 5 puntos.

– De 6 a 9: 1 punto.

– De 10 a 13: 3 puntos.

– Máis de 13: 5 puntos.

A.3. Viabilidade técnica e económica do proxecto: 20 puntos.

A.3.1. Concertos de pago de entrada: ata 8 puntos.

– Entre o 61 % e o 70 %: 2 puntos.

– Entre o 71 % e o 90 %: 5 puntos.

– Máis do 90 %: 8 puntos.

A.3.2. Porcentaxe de subvención solicitada con respecto ao orzamento presentado (sen IVE) do proxecto: 7 puntos.

– Entre o 30 % e o 40 %: 2 puntos.

– Menos do 30 % e ata o 20 %: 4 puntos.

– Menos do 20 %: 7 puntos.

A.3.3. Achegas de fondos propios da entidade organizadora e patrocinios de entidades privadas, máximo 5 puntos. Valoración do nivel de patrocinios e fondos propios con que conta a entidade para levar a cabo a actividade con respecto ao orzamento presentado, sen IVE.

– Entre o 5 % e o 15 %: 2 puntos.

– Entre o 16 % e o 30 %: 3 puntos.

– Máis do 30 %: 5 puntos.

B. Criterios artísticos.

B.1. Traxectoria e evolución do festival: ata 8 puntos.

Avaliarase a evolución do festival desde a súa creación valorando o incremento e a mellora na contratación artística, a calidade e traxectoria do proxecto, as melloras introducidas na produción do evento, as innovacións e melloras introducidas nos ámbitos ambiental e de innovación tecnolóxica, a evolución da imaxe, o traballo realizado de cara á proxección nacional e internacional do festival… Así mesmo, teranse en conta nesta epígrafe os premios acadados a nivel nacional e internacional, debidamente acreditados, durante as tres últimas edicións e todos aqueles aspectos que demostren a progresión positiva no desenvolvemento do festival.

B.2. Memoria do festival da edición inmediatamente anterior ao 14 de marzo de 2020 cando se declarou o primeiro estado de alarma: 25 puntos.

B.2.1. Interese artístico da programación realizada: ata 12 puntos.

B.2.2. Interese estratéxico para o sector: ata 6 puntos. A comisión valorará as iniciativas e accións levadas a cabo dirixidas ao fomento e promoción do sector musical galego (fomento da proxección de artistas emerxentes, posta en valor de empresas auxiliares do sector musical con arraigamento en Galicia).

B.2.3. Repercusión na creación e fomento de públicos: ata 3 puntos.

B.2.4. Actividades complementarias: liñas e iniciativas dirixidas ao fomento e promoción do sector cultural galego (representacións de artes escénicas, accións no ámbito audiovisual e artes plásticas, obradoiros, concursos, encontros…): ata 4 puntos.

B.3. Valoración do proxecto para o cal se solicita a subvención: 15 puntos.

B.3.1. Interese cultural e artístico, relevancia e singularidade do proxecto e obxectivos: ata 8 puntos.

B.3.2. Melloras con respecto a edicións anteriores: ata 4 puntos. A comisión valorará as melloras introducidas nos ámbitos tecnolóxico, de produción, coidado ambiental, de igualdade, accesibilidade…

B.3.3. Potencialidade do plan de comunicación: ata 3 puntos. A comisión valorará as estratexias de difusión e promoción do proxecto e as accións concretas que se pretenden levar a cabo, así como o gasto estimado para esta partida.

Modalidade B: festivais de artes escénicas.

A. Criterios automáticos.

A.1. Memoria do festival en edicións anteriores: 9 puntos.

A.1.1. Antigüidade: ata 6 puntos, excluída a edición obxecto desta convocatoria:

– De 3 a 5 edicións: 1 punto.

– De 6 a 12 edicións: 3 puntos.

– Máis de 12 edicións: 6 puntos.

A.1.2. Recoñecementos acadados: ata 3 puntos. Non se terán en conta os premios e recoñecementos non acreditados convenientemente nin os que no veñan reflectidos no anexo correspondente.

– 0,75 por recoñecemento/premio.

A.2. Valoración do proxecto para o cal se solicita a subvención: 22 puntos.

A.2.1. Duración do festival: ata 6 puntos.

– Ata 3 días de duración: 1 punto.

– De 3 a 5 días: 2 puntos.

– Máis de 5 días: 6 puntos.

A.2.2. Producións, coproducións ou residencias do festival: ata 8 puntos.

– 1,5 punto por cada produción, coprodución ou residencia, acreditados mediante compromiso asinado coa entidade, en que consten as súas condicións económicas e/ou técnicas.

A.2.3. Estreas absolutas no festival: ata 8 puntos.

– 2 puntos por cada estrea.

A.3. Viabilidade técnica e económica do proxecto: 22 puntos.

A.3.1. Representacións de artes escénicas de pago de entrada: ata 10 puntos.

– Entre o 31 % e o 60 %: 5 puntos.

– Entre o 61 % e o 80 %: 7 puntos.

– Máis do 80 %: 10 puntos.

A.3.2. Porcentaxe de subvención solicitada con respecto ao orzamento subvencionable (sen IVE) do proxecto: ata 6 puntos.

– Entre o 50 % e o 70 %: 2 puntos.

– Menos do 50 % e ata o 30 %: 3 puntos.

– Menos do 30 %: 6 puntos.

A.3.3. Achegas de fondos propios da entidade organizadora e patrocinios de entidades privadas: máximo 6 puntos. Valoración do nivel de patrocinios e fondos propios con que conta a entidade para levar a cabo a actividade con respecto ao orzamento subvencionable, sen IVE.

– Entre o 5 % e 15 %: 2 puntos.

– Entre o 16 % e 30 %: 3 puntos.

– Máis do 30 %: 6 puntos.

B. Criterios artísticos.

B.1. Traxectoria e interese cultural e artístico do festival nas edicións anteriores: 22 puntos.

B.1.1. Interese artístico das programacións realizadas: ata 11 puntos.

B.1.2. Interese estratéxico para o sector: ata 6 puntos. A comisión valorará as liñas e iniciativas dirixidas ao fomento e promoción do sector escénico galego realizadas polo festival en edicións anteriores.

B.1.3. Repercusión, incidencia e impacto no territorio: ata 5 puntos.

B.2. Valoración do proxecto para o cal se solicita a subvención: 25 puntos.

B.2.1. Interese cultural e artístico, relevancia e singularidade do proxecto e obxectivos: ata 14 puntos.

B.2.2. Repercusión na creación e fomento de públicos: ata 4 puntos.

B.2.3. Actividades complementarias: liñas e iniciativas dirixidas ao fomento e promoción do sector cultural galego (concertos, obradoiros, concursos, certames, encontros…) realizadas polo festival: ata 3 puntos.

B.2.4. Plan de comunicación: estratexias de difusión e promoción do proxecto: ata 4 puntos.

5. Para a modalidade B, como puntuación adicional, en cumprimento do acordo do Consello da Xunta polo que se determinan os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal, outorgaránselles ata 45 puntos a aquelas solicitudes que cumpran as seguintes condicións:

a) Agrupacións de concellos baixo calquera fórmula, agás a de fusión municipal:

– 15 puntos por presentación de solicitudes conxuntas.

– Ata 15 puntos, segundo os seguintes criterios:

a. Número de concellos asociados: ata 5 puntos.

b. Número de servizos que se van prestar de forma compartida: ata 5 puntos.

c. Repercusión sobre o número total de poboación: ata 5 puntos.

– Pola valoración da memoria explicativa do aforro de custos que supón a prestación conxunta sobre a individual: ata 15 puntos.

b) Fusión municipal. Pola simple presentación da solicitude por parte da entidade resultante da fusión: 45 puntos.

Décimo quinta. Resolución da convocatoria

1. Instruído o procedemento, o órgano instrutor, á vista do expediente, da documentación requirida e unha vez entregado o informe preceptivo por parte da Comisión de Valoración, ditará a proposta de resolución, indicando o número de solicitudes subvencionadas e o importe económico da subvención correspondente a cada unha delas, que elevará á Presidencia do Consello Reitor da Agadic.

Para ambas as modalidades, para ser beneficiario será requisito imprescindible acadar unha puntuación mínima na fase de valoración de 50 puntos, polo que resultarán excluídos de subvención os que no obtengan a dita puntuación.

A programación dos festivais de artes escénicas non poderá conter, en ningún caso, funcións incluídas na Rede galega de teatros e auditorios.

2. A Presidencia do Consello Reitor da Agadic, por delegación do Consello Reitor, deberá ditar resolución expresa no prazo de 15 días desde a data de elevación da proposta de resolución. A citada resolución deberase ditar e notificar no prazo máximo de cinco meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria pública, será motivada e fará mención expresa dos beneficiarios, da contía da axuda (en equivalente bruto de subvención), dunha desestimación xeneralizada do resto dos proxectos solicitantes, e o seu carácter de axuda de minimis exenta en aplicación do Regulamento (UE) nº 1407/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

3. O vencemento do prazo máximo indicado sen que se notifique a resolución posibilitará que os interesados poidan entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

4. A resolución da convocatoria porá fin á vía administrativa e contra ela poderanse interpoñer os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a Presidencia do Consello Reitor da Agadic, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa.

Décimo sexta. Notificacións de resolucións e actos administrativos

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen 10 días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Décimo sétima. Aceptación da subvención

1. Unha vez notificada a resolución, os beneficiarios comunicarán á Agadic a aceptación por escrito da subvención concedida no prazo máximo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de concesión. Transcorrido este prazo sen comunicarse esta aceptación ou sen producirse manifestación expresa, entenderase como tacitamente aceptada.

2. A entidade beneficiaria deberalle remitir á Agadic a memoria económico-financeira adaptada á subvención concedida (só no suposto de que a subvención recibida sexa inferior á solicitada e, como máximo, pola diferenza entre ambas as cantidades). Esta documentación deberase remitir no prazo máximo de 10 días hábiles, contados desde a notificación da resolución de concesión.

Décimo oitava. Gastos subvencionables

1. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á realización do proxecto e se inclúan entre os seguintes:

1.1. Gastos de difusión e publicidade en calquera soporte, en que se farán constar os logotipos do Xacobeo 2021 e da Xunta de Galicia, seguindo as súas normas de identidade corporativa.

1.2. Alugueiro de espazos e servizos e equipamentos técnicos.

1.3. Cachés dos grupos e compañías.

1.4. Dotación de premios outorgados polo festival.

1.5. Gastos de viaxes e aloxamento das persoas participantes nas actividades propostas, excluídas as mantenzas.

1.6. Gastos derivados da xestión dos dereitos de autor.

1.7. Gastos xerais e de persoal asociados ao desenvolvemento do proxecto (ata un máximo do 30 % do proxecto presentado).

Se, como consecuencia das restricións sanitarias, as actividades subvencionadas deben ser canceladas, os gastos en que incorrese o beneficiario na preparación das actividades terán a consideración de gastos subvencionables.

Todos os gastos subvencionables deberán estar pagados con anterioridade á finalización do prazo de xustificación. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.

2. En ningún caso serán subvencionables:

– Gastos ordinarios de funcionamento e mantemento da entidade.

– Investimento ou adquisición de material ou equipamentos que supoñan incremento de patrimonio da persoa solicitante.

– Gastos protocolarios.

– Degustacións gastronómicas e actividades complementarias que non teñan carácter cultural.

– Os gastos excluídos no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia.

Décimo novena. Pagamento

1. O pagamento das axudas farase efectivo a partir da data da resolución definitiva de concesión e realizarase sempre e cando se acredite que a actividade foi executada de acordo co programa e/ou proxecto presentados e se xustifique correctamente o seu emprego, todo isto sen prexuízo do réxime de pagamentos anticipados.

2. A Agadic -consonte as previsións estipuladas no artigo 31.6 da Lei de subvencións de Galicia, e 63.1 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia- poderá aboar como pagamento anticipado, que suporá entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, de acordo coas seguintes condicións:

– Cando o importe da subvención non supere os 18.000 euros, ata un 80 % da subvención concedida, e sen que se supere a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

– Cando o importe da subvención concedida supere os 18.000 euros, ademais, un 10 % adicional sobre o importe que exceda os 18.000 euros, e sen que se supere a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

O importe restante aboarase tras a acreditación polo beneficiario do cumprimento total das obrigas establecidas nestas bases.

3. Os beneficiarios que reciban pagamentos anticipados quedan exonerados da constitución de garantía de conformidade co artigo 67.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que establece que o Consello da Xunta poderá eximir da obriga da súa constitución para aqueles beneficiarios non incluídos nos supostos de exoneración do artigo 65.4 do Decreto 11/2009.

Vixésima. Xustificación e liquidación da subvención outorgada

1. A documentación xustificativa da subvención incluirá o custo total da actividade subvencionada e constará dos seguintes documentos:

a) Memoria de actuación que xustifique o cumprimento das condicións exixidas nestas bases reguladoras, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

b) Memoria económica co contido seguinte: estado representativo dos gastos incorridos nas actividades subvencionadas, debidamente agrupadas e, se procede, as cantidades inicialmente orzadas e as desviacións que se producisen. A memoria deberá incluír un orzamento con IVE e outro sen IVE (anexo V ou unha copia del ou similar).

c) Facturas ou documentos, de acordo co establecido no artigo 6 do Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigacións de facturación, copias de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil e con eficacia administrativa, e documentos xustificativos do seu pagamento bancario pola persoa beneficiaria, incorporados na mesma orde que na relación a que se fai referencia no parágrafo anterior.

d) Material promocional, publicitario ou informativo empregado na campaña de difusión.

e) Acreditación documental das entradas postas á venda (follas de billeteira, facturas de pagamento dos dereitos de propiedade intelectual, plataformas dixitais de vendas, etc.).

f) Carta de pagamento de reintegro no supostos de remanentes non aplicados, así como os xuros derivados destes, no suposto que o beneficiario tivese concedido o anticipo.

2. No suposto de que a persoa beneficiaria da subvención sexa unha entidade local estará obrigada a xustificar ante o órgano outorgante o cumprimento da finalidade da subvención, a realización do festival e o seu custo real, mediante a presentación dunha conta xustificativa integrada por:

– Certificación da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida.

– Certificación expedida pola secretaría da entidade local, co visto e prace do/da alcalde/sa ou presidente/a, relativa á aprobación polo órgano competente da conta xustificativa da subvención, en que se faga constar, como mínimo, de forma detallada:

a. O cumprimento da finalidade da subvención.

b. Os distintos conceptos e contías correspondentes aos gastos totais soportados pola entidade beneficiaria imputables á actuación subvencionada coa seguinte relación: identificación da persoa acredora, número de factura ou documento equivalente, importe, data de emisión e data de recoñecemento da obriga polo órgano competente. Non será exixible a remisión dos documentos relacionados no artigo 48.2.b) do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

c. Unha relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiarán a actividade subvencionada con indicación do importe e a súa orixe.

d. Se é o caso, os tres orzamentos que se exixen en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e. De acordo co previsto no artigo 3 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan as especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, estas estarán obrigadas a acreditar documentalmente a efectividade dos pagamentos realizados no prazo máximo de sesenta días naturais contados a partir da data do ingreso na conta bancaria das beneficiarias de cada un dos aboamentos das subvencións concedidas. No caso de realizarse pagamentos anticipados, considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado por parte da entidade local beneficiaria con anterioridade á finalización do período de xustificación.

3. O prazo de xustificación da subvención concedida rematará o 31 de outubro de 2021 para aqueles festivais que finalicen antes do 30 de setembro. Para os restantes, o prazo de xustificación rematará o 30 de novembro de 2021.

Transcorrido o prazo de xustificación sen que se presente esta ante a Agadic, requirirase a persoa beneficiaria para que a presente no prazo improrrogable de 10 días. A falta de xustificación neste prazo comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

4. Non se poderá realizar en ningún caso o pagamento da subvención outorgada en canto a persoa beneficiaria non figure ao día do cumprimento das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas e coa Seguridade Social, sexa debedora en virtude de resolución declarativa da procedencia de reintegro ou teña algunha outra débeda pendente, por calquera concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega, estando autorizada a Agadic para proceder á comprobación e conseguinte verificación destes datos sen prexuízo do establecido na base décima das presentes bases.

5. Será requisito necesario para o pagamento da subvención outorgada a entrega dunha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, así como das axudas concedidas en réxime de minimis pola entidade beneficiaria nos tres últimos anos (anexo VI).

Vixésima primeira. Obrigas específicas das persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias da subvención teñen que cumprir as obrigas seguintes:

a) Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes empresas, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se fixese antes da solicitude da subvención.

b) Levar a cabo a actividade subvencionada de acordo co proxecto presentado.

c) Notificar á Agadic as axudas, ingresos ou recursos que financien a actuación subvencionada, obtidos ou solicitados a outras administracións ou entidades públicas ou privadas, con posterioridade á presentación da solicitude da convocatoria correspondente.

d) Proporcionar en todo momento a información que sexa solicitada respecto da subvención concedida e someterse ás actuacións de comprobación da Agadic, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no título III da Lei 9/2007, ou do Consello de Contas ou Tribunal de Contas, segundo a súa normativa.

e) Facer constar os logotipos do Xacobeo 21 e da Xunta de Galicia, segundo a súa normativa básica de identidade corporativa, en todos os elementos de difusión relacionados coa actividade subvencionada, excepto no suposto de que o festival se iniciase antes da presentación da solicitude.

f) A persoa beneficiaria deberá dar cumprimento ás obrigas de publicidade que se establecen no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, modificado polo artigo 30 da Lei estatal 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa.

g) Nos programas dos festivais, no suposto de que conten con eles, deberase incluír nun lugar destacado unha páxina de publicidade segundo as indicacións da Agadic, sen ningún custo para a Axencia.

h) Outras obrigas previstas na normativa de subvencións.

Vixésimo segunda. Publicidade

1. Comunicarase, en cumprimento do disposto no artigos 18 e 20.8 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a concesión das axudas reguladas nesta convocatoria á Base de datos nacional de subvencións, que operará como sistema nacional de publicidade de subvencións.

Malia o anterior, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a tres mil euros (3.000 €), non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web da Agadic.

2. Así mesmo, a solicitude para ser beneficiario da axuda levará implícita a autorización, no suposto de que se conceda a axuda solicitada, para a inscrición no Rexistro Público de Axudas, Subvencións, Convenios e Sancións dependente da Consellería de Facenda, dos datos facilitados á Xunta de Galicia na súa solicitude. Non obstante, as persoas ou entidades solicitantes poderán denegar expresamente o seu consentimento á inscrición dos seus datos no Rexistro Público de Subvencións, cando concorra algunha das circunstancias previstas na letra d) do número 2 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Vixésimo terceira. Modificación da resolución

1. A Axencia Galega das Industrias Culturais ten a facultade de revisar as axudas concedidas e modificar a resolución de concesión no caso de alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención.

2. O beneficiario ten a obriga de solicitar á Agadic a aceptación de calquera modificación ou alteración relevante ou significativa sobre o proxecto subvencionado. Para que tales modificacións poidan ser tidas en conta na xustificación deberán ser previamente aceptadas pola Agadic. As alteracións non autorizadas, ou non solicitadas, poderán dar lugar á minoración da subvención concedida ou á súa revogación.

3. Non se aceptarán modificacións que afecten os requisitos para poder optar ás subvencións exixidos nesta resolución.

4. En canto ao resto das modificacións solicitadas, a Agadic poderá acordar, de xeito motivado, a modificación da resolución de concesión, coa minoración proporcional derivada das alteracións, de ser o caso.

Vixésimo cuarta. Perda do dereito ao cobro e reintegro das subvencións

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, ou na demais normativa aplicable, o que dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente o anticipo percibido, así como os xuros de demora correspondentes.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Procederá a perda total do dereito ao cobramento da axuda concedida, sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:

a) Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas.

b) Non comunicar á Agadic a obtención doutras subvencións ou axudas para o mesmo custo subvencionable.

c) Non comunicar á Agadic a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención, excepto o permitido na base vixésimo segunda, punto 2.

d) Non xustificar ante a Agadic o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

e) Non permitir someterse ás actuacións de comprobación que efectúe a Agadic, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

f) Non dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso.

g) Non acreditar estar ao día nas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma.

4. Procederá a perda parcial do cobramento da subvención o incumprimento parcial, entendendo por este sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomados en conta na concesión das axudas, a Agadic poderá apreciar un incumprimento parcial e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro cos seguintes criterios:

– No caso de condicións referentes á contía da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao gasto deixado de practicar e, se é o caso, deberán reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción e os seus xuros de demora.

– No caso de incumprimento dalgunha das obrigas específicas das persoas beneficiarias establecidas na base vixésimo primeira reducirase un 2 % por cada incumprimento o importe da subvención e, se é o caso, deberán reintegrase as cantidades percibidas na dita proporción.

5. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. Ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Vixésimo quinta. Réxime de recursos

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, no prazo dun mes contado a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao da publicación da resolución de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2021

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia
Galega das Industrias Culturais

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file