Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 29 de abril de 2021 Páx. 21552

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO da publicación das bases reguladoras do proceso selectivo para a cobertura, por promoción interna, de dúas prazas de oficial de policía local.

Na sesión celebrada pola Xunta de Goberno Local o día 8 de marzo de 2021 adoptouse, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar as bases reguladoras do proceso de selección para a cobertura por promoción interna de dúas (2) prazas de oficial de policía local do Concello de Lalín: grupo C1, praza oficial policía, escala AE, subescala servizos especiais, clase policía local, natureza xurídica funcionario de carreira, mediante concurso-oposición.

As presentes bases publicáronse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) número 62, do 5 de abril, e publicarase, así mesmo, un anuncio delas no DOG e no BOE.

As instancias, polas que se solicita tomar parte no proceso selectivo, dirixiranse ao alcalde e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Lalín debidamente cubertas, durante o prazo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE. Poderán, así mesmo, remitirse na forma determinada na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lalín, 7 de abril de 2021

O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía, BOPPO número 162, do 24.8.2020)
Eva Montoto Méndez
Concelleira delegada de Seguridade Cidadá