Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 29 de abril de 2021 Páx. 21553

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO da publicación das bases para a selección de persoal laboral interino, de seis (6) operarios de obras e servizos municipais.

Na sesión celebrada pola Xunta de Goberno Local o día 8 de marzo de 2021 adoptouse, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar as bases reguladoras do proceso de selección para a cobertura con carácter laboral interino de seis (6) prazas de operarios municipais para a brigada de obras e servizos do Concello de Lalín: grupo AGP, prazas operarios obras, escala AE, subescala persoal de oficios, clase operario, natureza xurídica persoal laboral interino, mediante oposición.

As presentes bases publicáronse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) número 62, do 5 de abril de 2021, e publicarase así mesmo un anuncio delas no DOG e no BOE.

As instancias, polas que se solicita tomar parte no proceso selectivo dirixiranse ao alcalde e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Lalín debidamente cubertas, durante o prazo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE. Poderán, así mesmo, remitirse na forma determinada na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lalín, 7 de abril de 2021

José Crespo Iglesias
Alcalde