Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 30 de abril de 2021 Páx. 21574

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se ordena a publicación do acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, en relación coa Lei 2/2021, do 8 de xaneiro, de pesca continental de Galicia.

Consonte o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, esta dirección xeral dispón a publicación do acordo que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2021

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora xeral de Relacions Institucionaís e Parlamentarias

ANEXO

Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, en relación coa Lei 2/2021, do 8 de xaneiro, de pesca continental de Galicia

A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia adoptou o seguinte acordo:

1º. Iniciar negociacións para resolver as discrepancias manifestadas en relación cos artigos 4, 11, 12, 54, 73 e 74 da Lei 2/2021, do 8 de xaneiro, de pesca continental de Galicia.

2º. Designar un grupo de traballo para propoñer á Comisión Bilateral de Cooperación a solución que proceda.

3º. Comunicar este acordo ao Tribunal Constitucional, para os efectos previstos no artigo 33.2 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, así como inserir o presente acordo no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Miquel Octavi Iceta i Llorens

Ministro de Política Territorial
e Función Pública

Alfonso Rueda Valenzuela

Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo