Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 30 de abril de 2021 Páx. 21766

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 15 de abril de 2021 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados.

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 76, do 23 de abril de 2021, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 20575 hai que engadir o seguinte parágrafo ao final da base II.2.1 Primeiro exercicio:

Na vindeira convocatoria destas probas poderán acceder directamente ao segundo exercicio as persoas aspirantes que aproben o primeiro na presente, que conservarán a cualificación obtida.

Na páxina 20576 hai que modificar o primeiro parágrafo da base II.2.4 Cuarto exercicio.

Onde di:

«II.2.4. Cuarto exercicio: consistirá en expoñer oralmente dous temas de dereito constitucional, comunitario e autonómico, un do 1 ao 28 e outro do 29 ao 41; dous temas de dereito administrativo (temas 1 ao 62); dous de facenda pública, un da primeira parte (temas 1 ao 17) e outro da segunda parte (temas 18 ao 29); e un de dereito penal».

Debe dicir:

«II.2.4. Cuarto exercicio: consistirá en expoñer oralmente dous temas de dereito constitucional, comunitario e autonómico, un do 1 ao 28 e outro do 29 ao 41; dous temas de dereito administrativo, un da parte xeral (do 1 ao 34) e outro da parte específica (do 35 ao 62); dous de facenda pública, un da primeira parte (temas 1 ao 17) e outro da segunda parte (temas 18 ao 29); e un de dereito penal».

Na páxina 20605, onde di:

«Dereito administrativo»

Debe dicir

«Dereito administrativo

Parte xeral»

E na páxina 20609, onde di:

«Tema 34. O dominio público II: adquisición de bens e dereitos. Arrendamento de bens inmobles. Explotación de bens e dereitos patrimoniais. Alleamento e gravame. Defensa dos bens e dereitos.

Tema 35. O Goberno e a Administración do Estado: o Consello de Ministros. A Presidencia e os seus membros. Os ministros. Outras autoridades dos departamentos ministeriais. A Administración periférica do Estado, en especial, o delegado do Goberno nas comunidades autónomas».

Parte específica