Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 30 de abril de 2021 Páx. 21764

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 21 de abril de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica agrícola, convocado por Orde do 1 de marzo de 2018 pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 21 de abril de 2021, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo) para cualificar o proceso para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica agrícola, convocado por Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), de conformidade co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade coa base IV.2, publicar como anexo a esta resolución a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuación obtida e con indicación do seu documento nacional de identidade, propoñendo o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

De acordo co previsto na mesma base, as persoas aspirantes disporán de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base, sen prexuízo das exencións a que se refire a base IV.3, respecto da documentación xa achegada con anterioridade polos que xa teñen a condición de persoal funcionario de carreira da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo do tribunal poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2021

Olga Janeiro Barandiarán
Presidenta do tribunal

ANEXO

Relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica agrícola, indicando as puntuacións obtidas nos distintos exercicios e o total da puntuación

Orde

Quenda

Apelidos e nome

DNI

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

4º exercicio

Total

Acceso libre

Paz Feijoo, Francisco

***4526**

29,87

32,85

11,95

exento

74,67

Acceso libre

Núñez Fernández, Lorena

***4539**

28,51

30,35

11,22

exenta

70,08

Acceso libre

Toirán López, Francisco

***4177**

27,90

28,92

12,97

exento

69,79

Acceso libre

Quintana Rodríguez, Mª Luisa

***0323**

24,44

28,21

13,70

exenta

66,35

Acceso libre

Dorado Vázquez, Mª del Mar

***7246**

25,06

26,07

13,73

exenta

64,86

Acceso libre

Besteiro Doval, Roberto

***5413**

24,19

22,85

17,59

exento

64,63

Acceso libre

García Morrondo, David

***0345**

24,81

23,57

15,29

exento

63,67

Base I.1.2

González Jar, Mª José

***1915**

21,72

26,07

12,93

exenta

60,72