Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 30 de abril de 2021 Páx. 21981

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 16 de abril de 2021 polo que se notifica a imposición dunha primeira multa coercitiva no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/62/2014-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 3 de marzo de 2021, resolución pola que se impón unha primeira multa coercitiva, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 17.7.2015 e do 8.11.2017, en que se declaran ilegalizables as obras consistentes en vivenda unifamiliar, garaxe e grella-lareira, no lugar de Vilar, San Pedro da Torre, no termo municipal de Padrenda, provincia de Ourense, por ser incompatibles co ordenamento urbanístico vixente e se ordena a súa demolición.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a José Aurelio Fernández Riveira e a Dolores Vázquez Estévez, mediante o presente anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a devandita resolución, por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situadas na rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1º andar, no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, os interesados poden interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística