Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 30 de abril de 2021 Páx. 22003

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de modificación das bases do concurso para a provisión de varios postos de traballo para xefas/es de servizo.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 273, do 27 de novembro de 2020, con corrección no número 26, do 2 de febreiro de 2021, publicáronse integramente as bases que rexen a convocatoria para prover varios postos de traballo para xefes/as de servizo.

No Boletín Oficial de Estado número 75, do 29 de marzo de 2021, foi publicada a Resolución do 15 de marzo de 2021, do Concello de Lugo, referente á convocatoria para prover postos de traballo polo sistema de concurso.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 85, do 16 de abril de 2021 foi publicado anuncio relativo á modificación das bases do concurso para a provisión de varios postos de traballo para xefes/as de servizo e estableceuse un novo prazo de presentación de solicitudes, que será de 15 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 19 de abril de 2021

A alcaldesa
P.D. (Acordo número 28/452, da Xunta de Goberno Local, do 17.7.2019)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenenta de alcaldesa delegada da área de Gobernanza,
Economía e Recursos Humanos