Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 30 de abril de 2021 Páx. 22001

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 16 de abril de 2021 pola que se notifica resolución de procedemento para a declaración de abandono da embarcación Felina Uno varada no porto de Burela.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a Vanesa Eiriz Fernández, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a Resolución do 7 de abril de 2021, da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia, que declara en situación de abandono a embarcación da cal é propietaria, de nome Felina Uno e folio 7ª-BA-2-676-96, varada no porto de Burela, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A resolución emítese por encontrarse a embarcación varada sen actividade nin mantemento ningún no porto de Burela e sen aboar taxas, e porque consta, así mesmo, o incumprimento dunha orde de retirada enviada polo xefe da Zona Norte, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro (DOG nº 236, do 14 de decembro), de portos de Galicia, e unha vez que non existe constancia da presentación de alegacións contra o acordo de iniciación do procedemento.

De acordo coa normativa que se cita, e a través dos medios previstos na Lei 5/2011, (DOG nº 203, do 24 de outubro), do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, Portos de Galicia vai a proceder á venda do buque e, de resultar esta falida, ao seu despezamento e traslado a vertedoiro autorizado.

Todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se van realizar sobre o buque en función do que resulte do exame sobre o seu estado e da súa peritaxe serán por conta do propietario.

Esta resolución emítea o presidente de Portos de Galicia en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, alíneas a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2021

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia