Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 3 de maio de 2021 Páx. 22265

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 19 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador ILL-PO-0001/2021 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei, 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á persoa relacionada no anexo o acto que se indica, logo de que fose devolto polo servizo de Correos porque, tentadas dúas veces a notificación, esta non se puido efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, a interesada dispón dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na avenida María Victoria Moreno, 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 19 de abril 2021

José Manuel González González
Xefe territorial de Ponvedra

ANEXO

Expediente

DNI

Acto notificado

Acto adoptado polo

ILL-PO-0001/2021

X6538760K

Incoación

Xefe territorial

ILL-PO-0004/2021

52495541L

Incoación

Xefe territorial

ILL-PO-0013/2021

32822880V

Incoación

Xefe territorial