Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 3 de maio de 2021 Páx. 22266

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 6 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución dun expediente sancionador por infracción na orde social (expediente 11/2021).

Notifícase ao interesado, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución do expediente sancionador que se relaciona no anexo I, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Emprego e Igualdade (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela) a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e artigo 23 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio (BOE do 3 de xuño), do Regulamento xeral sobre procedemento para a imposición de sancións por infraccións na orde social. O recurso interporase ante o órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer, no prazo máximo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Emprego e Economía Social desta xefatura territorial, sita na avenida de La Habana, 79, 7º, de Ourense.

Ourense, 6 de abril de 2021

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expte.

Nº acta infracción

NIF/CIF

Último domicilio coñecido

Data da resolución

Importe da sanción

11/2021

I3220200000036159

B32403610

Avenida Estación, 23, baixo

32300 O Barco de Valdeorras (Ourense)

11.2.2021

626,00 €