Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 3 de maio de 2021 Páx. 22099

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

ORDE do 12 de abril de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de febreiro de 2021 pola que se regula o procedemento e se aproba e se dá publicidade ao modelo de comunicación de cambios de situación nos expedientes de regulación temporal de emprego por forza maior de impedimentos ou limitacións da actividade como consecuencia das modulacións nas restricións sanitarias adoptadas polas autoridades competentes vinculadas ao COVID-19 (código de procedemento TR820V).

A Orde do 3 de febreiro de 2021 pola que se regula o procedemento e se aproba e se dá publicidade do modelo de comunicación de cambios de situación nos expedientes de regulación temporal de emprego por forza maior de impedimentos ou limitacións da actividade como consecuencia das modulacións nas restricións sanitarias adoptadas polas autoridades competentes vinculadas ao COVID-19, nace da necesidade de dar cobertura á tramitación da comunicación empresarial recollida no artigo 2.3 do Real decreto lei 2/2021, do 26 de xaneiro, de reforzo e consolidación de medidas sociais en defensa do emprego.

A dita orde dispón que a comunicación do cambio de situación debe facerse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na Sede electrónica da Xunta de Galicia, e que as persoas interesadas deberán achegar xunto á comunicación a relación nominal das persoas traballadoras afectadas (segundo o modelo anexo II).

O artigo 2.3 do Real decreto lei 2/2021, do 26 de xaneiro, tamén establece que a autoridade laboral trasladará a dita comunicación á Inspección de Traballo e Seguridade Social, para os efectos do desenvolvemento daquelas accións de control que se determinen sobre a correcta aplicación das exencións no pagamento das cuotas da Seguridade Social.

Para un axeitado cumprimento do establecido no artigo 2.3 do Real decreto lei 2/2021, do 26 de xaneiro, é necesario proceder á integración do anexo II da Orde do 3 de febreiro de 2021 no anexo I da dita orde.

O proxecto de orde foi obxecto de informe por parte dos órganos con competencias horizontais en materia de administración electrónica, avaliación e reforma administrativa.

En consecuencia, no exercicio das atribucións conferidas de conformidade co disposto no artigo 34.6 da lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación do anexo I

Modifícase o anexo I da Orde do 3 de febreiro de 2021 pola que se regula o procedemento e se aproba e se dá publicidade do modelo de comunicación de cambios de situación nos expedientes de regulación temporal de emprego por forza maior de impedimentos ou limitacións da actividade como consecuencia das modulacións nas restricións sanitarias adoptadas polas autoridades competentes vinculadas ao COVID-19 que queda substituído polo que se publica coa presente orde e elimínase o anexo II.

Artigo 2. Modificación do artigo 3

O artigo 3.1 da Orde do 3 de febreiro queda redactada da seguinte forma:

Artigo 3. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar xunto á comunicación o seguinte documento:

– Comunicación do cambio de situación producido á representación legal das persoas traballadoras ou, de non existir, ás persoas traballadoras

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2021

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade

missing image file
missing image file
missing image file