Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 3 de maio de 2021 Páx. 22050

I. Disposicións xerais

Tribunal Constitucional

RECURSO de inconstitucionalidade 1975/2021 contra o punto 5 do artigo único da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 8/2021, do 25 de febreiro, de modificación da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, en canto dá nova redacción ao artigo 38.2 da lei modificada.

O Pleno do Tribunal Constitucional, mediante a Providencia do 22 de abril de 2021, acordou completar a Providencia do 20 de abril de 2021 e admitir a trámite o recurso de inconstitucionalidade número 1975/2021, promovido polo presidente do Goberno, contra o punto 5 do artigo único da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 8/2021, do 25 de febreiro, de modificación da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, en canto dá nova redacción ao artigo 38.2 da lei modificada. E faise constar que o presidente do Goberno invocou o artigo 161.2 da Constitución, o que produce a suspensión da vixencia e aplicación do precepto impugnado desde a data de interposición do recurso (6.4.2021) para as partes do proceso e desde a publicación do correspondente edicto no Boletín Oficial del Estado, para os terceiros.

Madrid, 22 de abril de 2021

Alfonso Pérez Camiño
Secretario de xustiza do Pleno do Tribunal Constitucional