Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 3 de maio de 2021 Páx. 22235

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 36/2021).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 36/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Alberto Chiappetta Lizar contra Gialak Transportes, S.L. e o Fondo Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Auto:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2021.

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Carlos Alberto Chiappetta Lizar fronte a Gialak Transportes, S.L. e ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), parte executada.

– De conformidade co disposto no artigo 280 LRXS e conforme solicitou na demanda executiva, a letrada da Administración de xustiza sinalará data para a vista do incidente.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se deberá interpoñer no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da/s infracción/é cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada, nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza A letrada da Administración de xustiza.

Dilixencia de ordenación:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2021.

Tendo presentado o traballador Carlos Alberto Chiappetta Lizar escrito en que exixía que o empresario Gialak Transportes, S.L. cumprise a obriga de readmisión, e despachado auto de execución do 9.4.2021, de conformidade ao artigo 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que tenten valerse, e fixo o próximo día 15 de xuño de 2021, ás 13.55 horas, para a celebración da comparecencia na sala de audiencias deste xulgado, sita na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, coas advertencias legais.

De non asistir o traballador ou persoa que o represente, considerarase que desiste na súa solicitude; se non o fixer o empresario ou o seu representante, celebrarase o acto sen a súa presenza.

Así mesmo, acordo a citación do executado Gialak Transportes, S.L. por medio de edictos, dado que está en ignorado paradoiro.

– Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes comparecidas.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se deberá interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gialak Transportes, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza