Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 4 de maio de 2021 Páx. 22317

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ORDE do 3 de maio de 2021 pola que se nomean membros da Comisión de Toponimia.

A Comisión de Toponimia é o órgano de estudo, asesoramento e consulta da Xunta de Galicia para a determinación dos nomes oficiais da toponimia galega e para efectuar as consultas que sexan necesarias con tal fin.

As funcións e a composición da Comisión de Toponimia están reguladas no Decreto 174/1998, do 5 de xuño, polo que se modifica o Decreto 43/1984, do 23 de marzo, polo que se regulan as funcións e a composición da Comisión de Toponimia.

A composición do Pleno da Comisión fíxase no artigo 3 do Decreto 174/1998, e nel indícase que está integrado polo presidente, un vicepresidente primeiro, un vicepresidente segundo e un secretario e que, ademais, formarán parte del catro vogais natos, cinco vogais representativos e seis vogais de libre designación.

De conformidade coas atribucións que me confire o artigo 3 do citado decreto e unha vez recibidas as propostas correspondentes,

DISPOÑO:

Nomear membros da Comisión de Toponimia as persoas que se relacionan e en representación das institucións que se indican:

a) Vogais representativos:

– Rosario Álvarez Blanco, en representación do Consello da Cultura Galega.

– Xesús Ferro Ruibal, en representación da Real Academia Galega.

– Ana Isabel Boullón Agrelo, en representación do Instituto da Lingua Galega.

– Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, en representación do Instituto Padre Sarmiento.

– Miguel Pazos Otón, en representación da Facultade de Xeografía e Historia.

b) Vogais de libre designación:

– Vicente Feijóo Ares.

– Beatriz García Turnes.

c) Secretaria:

– Eva Muíño García.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2021

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo