Eu, María Girón Vidal, letrada da Administración de xustiza da Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra (sede en Vigo), mediante o presente edicto fago constar que na peza de apelación nº 845/2020, dimanante do procedemento de xuízo sobre delitos leves 987/2020 do Xulgado de Instrución número 5 de Vigo, no cal figuran como denunciantes/denunciados Jorge, S.C. e Adrián García Canteiro, esta sección ditou a Sentenza do 12 de xaneiro de 2021 que rexeitaba o recurso de apelación interposto por Jorge, S.C. contra a sentenza ditada en primeira instancia, cuxo texto íntegro está nesta secretaría ao dispor dos interesados.
Contra a presente sentenza non cabe interpor ningún recurso.
Para que conste e a súa publicación no DOG, a fin de que sirva de notificación a Adrián García Canteiro, cuxo domicilio se descoñece, expido o presente edicto. Dou fe.
Vigo, 13 de abril de 2021
A letrada da Administración de xustiza