Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 4 de maio de 2021 Páx. 22536

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2021 pola que se fai público o cofinanciamento nun 75 % pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020, do contrato de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación de saneamento en Boqueixón, estación depuradora de augas residuais en Sergude e colectores, Boqueixón (A Coruña)-OH.315.1095 (expediente OH.715.1201).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do dito Regulamento (UE) nº 1305/2013, cómpre dar publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica, por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador.

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: Doutor Maceira nº 18, baixo, código postal 15706.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela.

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

1.8. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante dende a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/.

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida.

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 71317200-5 (servizos de saúde e seguridade).

4. Código NUTS do lugar principal do servizo: ES111 Boqueixón (A Coruña).

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación de saneamento en Boqueixón. Estación depuradora de augas residuais en Sergude e colectores. Boqueixón (A Coruña)-OH.315.1095. Clave do expediente: OH.715.1201.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, polo trámite ordinario e contratación non suxeita a regulación harmonizada.

7. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 38.377,50 euros. Importe total: 46.436,78 euros.

8. Valor estimado do contrato: 38.377,50 euros, coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 12 meses.

10. Criterios de adxudicación.

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 49 %), metodoloxía para a execución dos traballos (ponderación 29 %), análise do documento técnico da obra (ponderación 17 %) e mellora técnica vinculada á execución do servizo (ponderación 5 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 11 de febreiro de 2021.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 9.

12.2. Ofertas de pequenas e medianas empresas: 5.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 24 de febreiro de 2021.

14. Empresa contratista.

14.1. Nome da empresa ou no seu caso UTE: TPF Getinsa Euroestudios, S.L.

14.2. NIF: B84840685.

14.3. Enderezo: rúa sobre a Igrexa 129, 15640 Guísamo, Bergondo (A Coruña).

14.4. Código NUTS: ES111.

14.5. Teléfono: 661 33 05 37.

14.6. Fax: 985 26 80 07.

14.7. Correo electrónico: delegacion.asturias@tpgingenieria.com.

14.8. Pequena ou mediana empresa: non.

15. Valor da oferta seleccionada.

Importe neto: 28.399,35 euros. Importe total: 34.363,21 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea.

Esta actuación será cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 07 «Servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais», submedida 7.2 «Apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro enerxético» e prioridade 6 de desenvolvemento rural «Fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais». Europa inviste no rural.

17. Servizo onde se pode obter información sobre o contrato formalizado.

17.1. Nome: Contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: Doutor Maceira, 18, baixo.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela.

17.4. Código postal: 15706.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal.

17.6. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións.

Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: non procede.

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 19 de agosto de 2020.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 11 de febreiro de 2021.

Publicidade da formalización do contrato no perfil de contratante: 8 de marzo de 2021.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2021

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia