Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 4 de maio de 2021 Páx. 22541

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2021 pola que se fai pública a aprobación definitiva da Modificación puntual número 1 do proxecto sectorial do parque empresarial de Santiago de Compostela (A Sionlla), aprobada mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 18 de marzo de 2021.

En cumprimento do disposto na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, faise pública a aprobación definitiva, mediante Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 18 de marzo de 2021, da modificación puntual nº 1 do proxecto sectorial do parque empresarial de Santiago de Compostela (A Sionlla), así como das súas disposicións normativas modificadas, para a súa entrada en vigor.

Modifícanse os números da normativa seguintes:

4.1.8. Condicións xerais de uso.

1. Son as condicións que regulan as diferentes utilizacións dos terreos e edificacións segundo a actividade que se produza.

2. Os usos divídense en permitidos, tolerados e prohibidos con base na súa adecuación a cada ámbito de solo e aos fins da ordenación e á compatibilidade dos usos entre si.

3. A regulación de usos en determinada parcela establécese na ordenanza que resulte de aplicación.

4. De acordo coas prescricións de cada ordenanza poderán ser definidos como usos permitidos, tolerados ou prohibidos todos ou algúns dos seguintes:

A. Uso industrial. Comprende as actividades transformadoras, de elaboración, reparación, almacenaxe, transporte e distribución de produtos, así como as de venda por xunto, e distínguense os seguintes usos pormenorizados:

– Uso de industria e almacéns. Actividade de transformación, reparación e almacenaxe en establecementos ou locais especialmente preparados para tal fin ocupando todo ou parte do edificio. Inclúense neste uso as actividades de investigación aplicada, que comprende laboratorios, centros informáticos etc., así como actividades de servizo ás empresas.

– Uso de garaxe-aparcadoiro e servizo do automóbil. Garda e estacionamento habitual de vehículos, así como o seu mantemento e entretemento. Inclúe as estacións de servizo.

B. Uso terciario. O que ten por finalidade a prestación de servizos ao público, ás empresas ou organismos, tales como os servizos de aloxamento temporal, comercio ou venda polo miúdo, servizos persoais, información, administración, xestión pública ou privada, actividades e servizos financeiros e profesionais. Inclúe:

– Uso hoteleiro. Comprende o uso terciario de servizo ao público de aloxamento temporal. Enténdense incluídos neste uso xeral todos os de carácter complementario que estean ao servizo ou en dependencia co principal, tales como restaurantes, zonas de estacionamento, almacéns.

– Uso comercial. Comprende o servizo terciario destinado a subministrar mercadorías ao público mediante venda polo miúdo, (incluíndo a almacenaxe destas), venda de comidas e bebidas para consumo no local ou prestación de servizos persoais.

– Uso de oficinas. Comprende as actividades terciarias que se dirixen como función principal á prestación de servizos administrativos, de xestión, información e comunicación, financeiros ou profesionais.

C. Uso dotacional. É o que serve para prover os cidadáns do equipamento que facilite e posibilite a súa educación, enriquecemento cultural, a súa saúde e benestar, e para proporcionar os servizos propios da vida urbana, tanto de carácter administrativo como de abastecemento ou infraestruturais.

Distínguense os seguintes tipos de usos dotacionais:

– Uso docente e investigador. Comprende o uso dotacional correspondente ás actividades formativas e de ensino e as de investigación relacionadas coa creación, aplicación e difusión do coñecemento.

– Uso sanitario. Corresponde ás actividades de prestación de asistencia médica e servizos sanitarios e hospitalarios.

– Uso asistencial. Corresponde a aquelas actividades de tipo social de servizo a grupos que demandan unha atención diferenciada (centros de anciáns, de minusválidos, asilos, gardarías etc.).

– Uso sociocultural. Comprende as actividades culturais asociativas e de relación social que impliquen locais permanentes (casas de cultura, museos, bibliotecas, centros sociais etc.).

– Uso deportivo. Refírese ás actividades relacionadas coa práctica da cultura física e do deporte.

– Uso recreativo. Comprende as actividades relacionadas co ocio e os espectáculos.

– Uso de servizos urbanos. Comprende aquelas dotacións destinadas á provisión de servizos públicos de carácter específico, desenvolvidas por organismos públicos ou por entidades privadas de carácter subsidiario, tales como mercados de abasto, centros de comercio básico, matadoiros, instalacións de comunicación, de subministración de servizos urbanísticos etc.

– Uso de Administración pública. Comprende as dotacións terciarias destinadas ao exercicio da Administración pública, ao desenvolvemento das funcións públicas institucionais e á prestación de servizos públicos.

D. Uso residencial. É o que serve para proporcionar aloxamento permanente ás persoas. Tan só se tolera nos casos explicitamente indicados nas ordenanzas particulares o uso de vivenda destinada exclusivamente ao persoal encargado da vixilancia e conservación das edificacións e instalacións. Consideraranse, dentro de cada edificación ou industria, como construcións accesorias, e deberán ter acceso independente, ventilación directa de todo os locais vivideiros, illamento e independencia respecto á actividade empresarial para que serven.

Regulación do uso industrial e almacéns.

Enténdese nestas normas por uso industrial o correspondente aos edificios ou locais dedicados ao conxunto de operacións que se executen para a obtención e transformación de primeiras materias, a súa posterior transformación, envasamento, almacenaxe, distribución e reparación. Inclúense na definición deste uso as actividades de artesanía, así como as actividades de almacenaxe e distribución de produtos e da venda por xunto.

Inclúe, en consecuencia, as seguintes actividades:

a) Produción, que comprende aquelas actividades que teñen como obxecto principal a obtención de produtos por procesos transformadores e inclúe funcións técnicas e económicas espacialmente ligadas á función principal, tales como a reparación, garda ou depósito de medios de produción e materias primas, así como a almacenaxe de produtos acabados para seren subministrados a grosistas, instaladores, fabricantes etc.

Inclúense neste uso as actividades de investigación aplicada –que comprenden laboratorios, centros informáticos etc.– complementarias e de servizo ás empresas.

b) Almacenaxe e comercio por xunto, que comprende aquelas actividades independentes que teñen como obxecto principal o depósito, garda ou almacenaxe de bens e produtos, así como as funcións de almacenaxe e distribución de mercadorías propias do comercio por xunto. Así mesmo, inclúense aquí outras funcións de depósito, garda ou almacenaxe ligadas a actividades principais de industria, comercio polo miúdo, transporte ou outros servizos de uso terciario, que requiren espazo adecuado separado das funcións básicas de produción, oficina ou despacho ao público.

c) Reparación e tratamento de produtos. Comprende aquelas actividades que teñen como función principal reparar ou tratar obxectos a fin de restauralos ou modificalos, pero sen que perdan a súa natureza inicial.

Os establecementos industriais, en función dos produtos que neles se obteñan, manipulen ou almacenen clasifícanse nos seguintes grupos:

Grupo 1º:

Industrias da construción: talleres de pintura e decoración; escultura, cantaría e pulimento de pedras artificiais; vidraría e, en xeral, os dedicados á preparación de materiais pétreos, naturais ou artificiais, cerámicos, vidros, granulados e aglomerantes etc. Almacéns de materiais de construción.

Grupo 2º:

Industria electromecánicas: talleres de ferraxaría, fontanaría, latón, broncistas, pratarías, fabricación de camas e mobles metálicos, carpintaría metálica, xoguetaría, óptica, mecánica de precisión e electrotécnica; reparacións electromecánicas, con exclusión dos destinados unicamente a reparación de automóbiles ou anexos ás instalacións de transportes urbanos; fabricación de instrumentos de música etc. Almacéns destas industrias.

Grupo 3º:

Industrias da madeira e o moble: talleres de carpintaría, tapizaría, decoración e acabamento de mobles onde a materia principal sexa a madeira; xoguetaría non mecánica; instrumentos de música con caixa de madeira e os seus derivados; fabricación e preparación de embalaxes e de pasta de madeira, produtos sintéticos, celuloide, pasta de papel e cartón etc. Almacéns destas industrias.

Grupo 4º:

Industrias químicas: talleres e laboratorios de preparación de produtos químicos en xeral; tratamentos químicos de produtos de calquera clase, incluso de peles e a súa curtidura; produtos e especialidades farmacéuticas, produtos de perfumaría e limpeza e fabricación de vidros, esmaltes, pinturas, lacas e vernices etc. Almacéns de produtos químicos.

Grupo 5º:

Industrias téxtiles e do vestido: talleres de confección e adorno de roupas de todas as clases; sombreiraría, zapataría e luvas; albardaría; reparación, acabamento, tinxidura e limpeza de roupas; confección de adornos, xoiaría e bixutaría e talleres de fiadura, tecidos, encaixes, mesmo tinxidura, apresto e acabamento destes produtos etc. Almacéns téxtiles.

Grupo 6º:

Industrias da alimentación: tafonas, fornos de confeitaría, galletas etc.; preparación, refinación e corte de azucre; torrefacción de grans de café, cebada, chicoria, cacao e moenda e envasamento destes produtos; establecementos de frituras de produtos vexetais e animais, preparación e envasamento de leite e produtos lácteos; matanza de animais de curral e gando; preparación de conservas a base de carne e peixe; preparación de conservas vexetais, produtos alimenticios de todo tipo, produtos alimenticios elaborados a base de residuos de matadoiro; preparación e envasamento de bebidas, fábricas de xeo, xeadarías e instalacións frigoríficas de conservación; fábricas de cervexa e fariñas etc. Almacéns de produtos de alimentación.

Grupo 7º:

Industrias gráficas de elaboración de papel e cartón e da comunicación: talleres de imprenta e impresión, litografía, encadernación e artes gráficas en xeral; de corte, dobradura, engomadura de obxectos de papel e cartón con impresión ou sen ela; de gravado e fabricación de rótulos esmaltados; talleres e laboratorios de fotografía e artes fotomecánicas, industria de comunicación, revelación, copia e montaxe de películas, estudos de dobraxe e sonorización, estudos de radio e televisión, edición de publicacións periódicas etc. Almacéns de materiais relacionados con estas industrias.

Grupo 8º:

Instalación dos servizos de distribución de enerxía eléctrica, auga e limpeza: estacións de xeración, transporte, transformación e distribución de enerxía eléctrica; instalacións de elevación, condución, distribución e depuración de augas; limpeza, desinfección, destrución ou aproveitamento de produtos residuais urbanos etc.

Grupo 9º:

Industrias do metal e construción de material móbil: construción automóbil, transformados metálicos e construción de maquinaria e a súa almacenaxe.

Grupo 10º:

Industrias e almacéns agropecuarios: serradoiros e almacéns de madeira en bruto, almacéns de pensos, de produtos agrícolas e de maquinaria agropecuaria.

Os establecementos industriais, de acordo coa compatibilidade cos outros usos permitidos, que así se indiquen no proxecto sectorial, clasifícanse nas seguintes categorías:

Categoría A:

Pertencen a esta categoría as instalacións comprendidas nos seguintes grupos e nas condicións que se sinalan:

• Do grupo 1º:

– As fábricas de produtos hidráulicos, pedra artificial, mosaicos e similares, cunha superficie máxima de 800 metros cadrados.

– Os talleres de serra e labra de pedra, mármores etc. cunha superficie máxima de 800 metros cadrados.

– Os talleres de decoración, pintura etc. con superficie máxima de 800 metros cadrados.

– Almacéns de materiais de construción, con 800 metros cadrados de superficie máxima.

• Do grupo 2º:

– Os almacéns de produtos metalúrxicos clasificados.

– Os talleres electromecánicos con excepción de forxas mecánicas.

• Do grupo 3º:

– Os talleres de carpintaría, tapizaría, decoración e acabamento de mobles cuxa materia prima sexa a madeira, os de xoguetaría non mecánica, os de instrumentos musicais de madeira, a fabricación e preparación de embalaxes. Todos eles en superficie non superior a 800 metros cadrados.

• Do grupo 4º:

– Os laboratorios de produtos químicos, pequenas fábricas de xabón, lixivia e perfumes coas seguintes limitacións:

- Que non ocupen unha superficie superior a 800 metros cadrados.

- Que non desprendan ningunha clase de ácidos ou lixos nocivos ou prexudiciais.

- Que non vertan augas residuais nocivas para a súa depuración biolóxica ou para a conservación dos condutos da rede de sumidoiros.

– As fábricas de cores de pintura coas limitacións anteriores e as establecidas para substancias inflamables e combustibles.

– Os laboratorios biolóxicos, coas mesmas limitacións, sempre que non posúan estancias de gando para un número de cabezas superior a sete.

– As manufacturas de caucho, coiro e materiais similares coas mesmas limitacións anteriores, sempre que o volume máximo de substancias inflamables que se almacenen non exceda 500 quilos, e os almacéns de substancias combustibles que non superen a cifra indicada.

• Do grupo 5º:

– Os talleres de tinturaría, lavado e limpeza que empreguen potencia mecánica e líquidos inflamables para o seu traballo, coas limitacións establecidas para o grupo 4º e sempre que a superficie ocupada non exceda 800 metros cadrados.

– As manufacturas téxtiles con superficie máxima de 800 metros cadrados.

• Do grupo 6º:

– A preparación dos produtos alimenticios para as persoas e para o gando sen matanza nin utilización de produtos residuais do matadoiro, sempre que a superficie ocupada non exceda 800 metros cadrados.

– Almacéns e preparación de bebidas, licores etc.; fábricas de gasosas e xeo cunha superficie non superior a 800 metros cadrados.

• Do grupo 7º:

– Todos os talleres de artes gráficas con superficie máxima de 800 metros cadrados.

– As manufacturas de papel e cartón con superficie máxima de 800 metros cadrados.

– As industrias e actividades de comunicación.

• Do grupo 8º:

– Parques de limpeza.

– Todas as instalacións de distribución dos servizos de gas, auga e electricidade cando a súa localización en cuarteiróns industriais sexa compatible cos servizos que prestan.

• Do grupo 10º:

– Os almacéns de produtos e maquinaria agrícola, con ou sen actividade comercial, ocupando menos de 800 m2 de superficie.

Na categoría A nos seus distintos grupos o equipamento de forza motriz non excederá a potencia instalada de 30 CV.

Condicións xerais para os almacéns da categoría A.

Todas as clases de almacéns limitados a 800 m2.

Cando se almacenen substancias inflamables e combustibles, deberán estar situadas na planta baixa e axustarse ás seguintes limitacións:

a) As substancias inflamables contidas en envases correntes deberán limitar a capacidade do depósito a 300 litros para os líquidos e de 500 quilos para os sólidos.

Exceptúanse, polo seu peculiar perigo, o sulfuroso de carbono, éter, colodión e disolucións de celuloide que en cada caso requirirán unha licenza especial, que non poderá concederse en ningún caso para capacidades superiores aos 300 litros.

Se están contidos en depósitos subterráneos, de acordo coas normas do seu regulamento especial, poderán alcanzar a capacidade de 2.500 litros.

En terreos non edificados e en depósitos subterráneos, cun grosor sobre eles dun metro, poderá alcanzar a capacidade de 10.000 litros a unha distancia de 6 metros de liña de fachada e de 5.000 litros a 3 metros.

b) Os aceites lubricantes, pesados, mazcuts etc. e –en xeral– os líquidos inflamables de punto de inflamación superior aos 35 graos, incluídos os combustibles, permitiranse ata 1.000 litros en envases correntes coas debidas medidas de seguridade e ata 3.000 litros en tanques metálicos ou de materiais debidamente homologados, ou depósitos subterráneos convenientemente dispostos. Os depósitos en terreos non edificados na forma e capacidades indicadas no punto anterior.

c) Os combustibles sólidos (carbón, leña, madeira etc.) só poderán almacenarse en cantidades inferiores ás dez toneladas en peso ou oito metros cúbicos en volume. En particular os depósitos de hulla non poderán establecerse en capas ou montóns de profundidade superior aos 2,50 metros.

d) Queda prohibido en absoluto o almacenamento de trapos, roupa etc. en montóns que non teñan sufrido lavado ou desinfección previa e, neste caso, o amontoamento limitarase pola mesma cifra dos combustibles sólidos.

En especial prohíbese o almacenamento de algodóns engraxados fóra de recipientes metálicos pechados.

Todas as substancias que poidan producir olores ou vapores nocivos ou molestos deberán depositarse en recipientes herméticos.

Estas restricións poderán atenuarse cando as condicións técnicas en que se establezan determinen unha seguridade contra accidentes tecnicamente suficientes.

Os núcleos industriais que agrupen industrias dunha mesma característica someteranse a illamentos especiais e a ordenanzas adecuadas ao tipo de industria e á localización proxectada.

Categoría B:

Inclúense nesta categoría todas as industrias e almacéns non incluídos na categoría anterior por sobrepasaren os límites establecidos para ela.

Molestia, nocividade, insalubridade e perigosidade.

As definicións de actividade molesta, nociva, insalubre e perigosa e a determinación dos seus efectos contéñense no Decreto 2414/1961, do 30 de novembro, e disposicións concordantes, e aplicarase aos usos tipificados polo dito decreto.

Os establecementos industriais da categoría A, para cada actividade diferente que se leve a cabo, non excederán, por toda clase de efectos, a intensidade 3.

Os establecementos das categorías B non poderán superar o índice 4 máis que para dúas clases de efectos.

Ademais de cumprir as condicións de edificación, os locais industriais instalaranse de forma que permitan previr os sinistros, combatelos e evitar a súa propagación. As actividades perigosas, en calquera caso, deberán respectar as normas específicas de aplicación xeral ditadas para cada produto polo organismo competente.

Quedan prohibidas as instalacións industriais catalogadas como insalubres, nocivas e perigosas no Decreto do 30 de novembro de 1961 (Decreto 2414/1961) e nas súas sucesivas modificacións, que non cumpran os requisitos legais e regulamentariamente establecidos para evitar as súas prexudiciais consecuencias.

Condicións de funcionamento das actividades industriais:

1. Como norma xeral non poderá utilizarse ou ocuparse con usos industriais ningún solo ou edificio que produza algún dos seguintes efectos: ruído, vibracións, olores, po, fume, sucidade ou outra forma de contaminación, perturbacións de carácter eléctrico ou doutro tipo, perigos especiais de incendio, perigo de explosión e, en xeral, calquera tipo de molestia, nocividade, insalubridade ou perigo en grao tal que afecte negativamente o ambiente, os demais sectores urbanos e os predios situados nos seus lindes, ou impida a localización dun calquera dos demais usos permitidos por estas normas.

2. Os lugares de observación onde se determinarán as condicións de funcionamento de cada actividade serán os seguintes:

1º) No punto ou puntos onde os efectos sexan máis aparentes nos casos de fumes, po, residuos ou calquera outra forma de contaminación e perturbacións eléctricas ou radioactivas. No punto ou puntos onde se poidan orixinar en caso de perigo especial de incendio e de perigo de explosión.

2º) Nos límites exteriores da liña do soar ou parcela ou do muro pertencente aos veciños inmediatos, nos casos en que se orixinen molestias por ruídos, vibracións, cegamentos, olores ou similares.

3. Condicións de seguridade das instalacións industriais.

1º) Os edificios ou establecementos de uso industrial ou de almacenamento que estean localizados en edificios destinados exclusivamente a estes usos rexeranse por este artigo na falta dunha normativa específica, e polo establecido na Lei 9/2004, do 10 de agosto, de seguridade industrial de Galicia.

Os bloques representativos, separados da nave industrial ou debidamente compartimentados con respecto a ela, que non se dediquen a procesos de fabricación rexeranse igualmente polo disposto na NBE-CPI-96 ou normativa que a substitúa.

2º) Calquera instalación industrial que se constrúa deberá dispor, polo menos nunha das súas fachadas e ao longo desta, dunha franxa de espazo exterior ata onde sexa posible o acceso dos vehículos do servizo de extinción de incendios.

Tal espazo deberá cumprir as seguintes condicións:

a) A súa largura mínima será de 5 metros e deberá permitir o estacionamento dos citados vehículos a distancia non maior de 10 metros da fachada do edificio.

b) En calquera caso, a distancia entre o dito espazo e algún dos accesos ao edificio non será superior a 30 metros.

c) A súa capacidade portante será necesaria para resistir unha sobrecarga de uso de 2.000 Kp/m2.

d) Manterase libre de bancos, árbores, xardíns, luminarias, marcos ou outros obstáculos fixos que impidan o acceso aos vehículos citados anteriormente.

3º) As industrias e almacenaxes clasificaranse de acordo co nivel de risco intrínseco das súas instalacións e, en función da carga de lume ponderada Qp do local, os niveis de risco establecidos serán os seguintes:

Niveis de risco intrínseco:

Baixo: Qp menor que 200 Mcal/m2.

Medio: Qp entre 200 e 800 Mcal/m2.

Alto: Qp superior a 800 Mcal/m2.

A carga de lume ponderada Qp dunha industria ou almacenaxe calcularase considerando todos os materiais combustibles que forman parte da construción así como aqueles que se prevexan como utilizables normalmente nos procesos de fabricación e todos os materiais combustibles que poidan ser almacenados. O cálculo da carga de lume ponderada Qp establecerase mediante a expresión:

Qp = Pi × Hi × Ci/A × Ra (Mcal/m2)

Sendo:

Pi = peso en kg de cada unha das diferentes materias combustibles.

Hi = poder calorífico de cada unha das diferentes materias en Mcal/kg.

Ci = coeficiente adimensional que reflita a perigosidade dos produtos.

A = superficie construída de local, considerada en m2.

Ra = coeficiente adimensional que pondera o risco de actividade inherente á actividade industrial da actividade industrial da seguinte maneira:

Descrición dos produtos:

a) Grao de perigosidade alto:

Calquera líquido ou gas licuado a presión de vapores de kg/m2 e 23 ºC.

Materiais crioxénicos.

Materiais que poden formar mesturas explosivas no aire.

Líquido, que teña o punto de inflamación a 23 ºC.

Materias de combustión espontánea coa exposición ao aire.

Todos aqueles sólidos inflamables por debaixo dos 100 ºC.

b) Grao de perigosidade media:

Os líquidos que teñan o punto de inflamación entre os 23 ºC e 61 ºC.

Os sólidos, que empecen a ignición entre os 100 ºC e 200 ºC.

Os sólidos e semisólidos que emiten gases inflamables.

c) Grao de perigosidade baixo:

Con produtos sólidos que necesitan para empezar a ignición estar sometidos a unha temperatura superior a 200 ºC.

Líquidos que teñan o punto de inflamación superior aos 61 ºC.

Valor Ci:

Ci: 1,6 por grao de perigosidade alto.

Ci: 1,2 por grao de perigosidade medio.

Ci: 1 por grao de perigosidade baixo.

Coeficiente Ra:

Ra = 3 por risco de activación alto.

Ra = 1,2 por risco de activación medio.

Ra = 1 por risco de activación baixo.

Co fin de establecer a avaliación do risco de actividade de cada proceso, de acordo cos niveis (alto (A), medio (M) ou baixo (B), facilítase a seguinte lista de actividades:

Alfombras-fabricación

B

Almacéns en xeral

B

Aceites comestibles-fabricación

M

Bebidas alcohólicas preparación

M

Bebidas carbónicas fabricación

B

Bebidas-sen alcohol

B

Betume-preparación

B

Café-torrefacto

M

Cartón-fabricación de caixas e elementos

M

Carpintaría

M

Caucho-fabricación de obxectos

M

Celuloide-fabricación

M

Cera-fabricación de artigo

B

Cerámica-taller

B

Cervexa-fabricación

B

Colas-fabricación

M

Confección-taller

B

Conservas-fabricación

B

Cordas-fabricación

B

Cortiza-tratamento

B

Cosméticos

M

Coiro-tratamento e obxecto

B

Chocolates-fabricación

M

Destilarías materiais inflamables

M

Disolventes-destilación

M

Ebanistaría (sen almacén de madeiras)

M

Electricidade-taller

B

Electricidade-fabricación de aparellos

M

Electricidade-reparación de aparellos

B

Electrónica-fabricación de aparellos

M

Electrónica-reparación de aparellos

B

Embarcacións-fabricación

M

Fertilizantes químicos-fabricación

M

Fibras artificiais-produción e manipulación

M

Fundición de metais

B

Frigoríficos-cámaras

B

Galvanoplásticos

B

Graxas comestibles-fabricación

M

Ferrarías

B

Imprenta

M

Industrias químicas

M

Laboratorios eléctricos

B

Laboratorios físicos e metalúrxicos

B

Laboratorios fotográficos

B

Laboratorios químicos

M

Licores-fabricación

M

Madeira-fabricación contrachapados

M

Manteigas-fabricación

B

Máquinas-fabricación

M

Marcos-fabricación

M

Materiais usados-tratamentos

M

Mecanización en metais

B

Medicamentos-laboratorios

M

Metais-fabricación de artigos

B

Medias-fabricación

B

Mobles-fabricacion (madeira)

M

Mobles-fabricación (metal)

B

Muíños fariñeiros

M

Motores eléctricos-fabricación

M

Ourivaría-fabricación

B

Panificadoras-elaboración e fornos de pan

B

Papel-fabricación

B

Pasamanaría taller

B

Pastas alimenticias-fabricación

M

Pinturas e vernices-fabricación

A

Pinturas-talleres

A

Pinceis e cepillos-fabricación

M

Pirotecnia-fabricación

A

Prancha-taller

B

Placas de resina sintética-fabricación

M

Produtos alimenticios-fabricación

B

Reparacións-taller

B

Resinas sintéticas-fabricación

M

Sacos-fabricación

B

Seda artificial-fabricación

M

Taller mecánico

B

Tapizaría

M

Teatro

B

Tecidos-fábrica

B

Telefonía-central

B

Tintas de imprenta-fabricación

M

Tinturarías

B

Transformadores-construción

B

Vasoiras-fabricación

B

Vernices-taller

M

Vernices-fabricación

M

Vidro-fabricación artigos

B

Vulcanización

M

Xéneros de punto-fabricación

B

Xoguetes-fabricación

M

Zapatos-fabricación

M

Ademais de precisar o peso de cada unha das diferentes materias perigosas, en todo proxecto relativo a industrias ou almacenaxes terase que indicar as unidades e o volume que ocupen os produtos manipulados ou almacenados, de forma que con estes datos sexa facilmente constatable a coincidencia entre a cantidade prevista e a existente.

4º) Os edificios destinados a industrias ou almacéns deberán estar illados dos edificios estremeiros en función do seu nivel de risco intrínseco por unha separación ou por un muro tornalumes das seguintes características:

Risco alto: 10 metros ou RF-240.

Risco medio: 5 metros ou RF-180.

Risco baixo: 3 metros ou RF-120.

O muro tornalumes non poderá ter aberturas, excepto se se trata de porta de comunicación, que dispoña de peche automático, e dunha RF mínima da metade exixida no muro.

Todo establecemento industrial ou de almacenaxe formará sector de incendio establecementos veciños. A RF dos elementos estruturais e compartimentadores interiores será o seguinte, en función do nivel de risco intrínseco da actividade:

Risco alto: RF-180.

Risco medio: RF-120.

Risco baixo: RF-9.

En naves industriais de planta baixa disporase un RF mínimo de 30 nos elementos estruturais e poderase exixir un RF maior cando a carga de lume ponderada sexa superior a 100 Mcal/m2.

En función do nivel de risco intrínseco, os establecementos industriais ou de almacenaxe compartimentaranse en sector de incendio de superficie máxima:

Risco alto: 1.000 m2.

Risco medio: 2.500 m2.

Ricos baixo: 20.000 m2.

As plantas subterráneas compartimentaranse en sectores de superficie máxima de 500 m2 para risco alto e medio e poderán alcanzar un máximo de 1.000 m2 para risco baixo.

A RF de cada sector será a mesma que a exixida ao conxunto do establecemento. Cando sexa necesario ou conveniente por imperativo de índole tecnolóxica derivado do proceso ou outras características peculiares da actividade, debidamente xustificados, aceptaranse sectores de superficie superior á indicada anteriormente. Para a determinación das medidas compensatorias necesarias para chegar a un nivel de seguridade equivalente ao exixido con carácter xeral considerarase como causa de atenuación que a actividade ocupe un local ou edificio exento en máis do 75 % do seu perímetro.

5º) Evacuación.

Os valores de densidade de ocupación que se establecen a continuación aplicaranse á superficie construída do edificio, excepto á dos recintos e as zonas de densidade elevada e as zonas de ocupación nula, considerando como tal as accesibles unicamente para efectos de reparación ou mantemento:

a) Unha persoa por cada 40 m2 en industria.

b) Unha persoa por cada 100 m2 en almacéns.

Unicamente se considerarán como saídas:

a) As portas ou aberturas que dean directamente á vía pública ou a espazos exteriores comunicados con esta.

b) As escaleiras protexidas ou especialmente protexidas, incluídas as escaleiras exteriores.

Tamén se poderán considerar as escaleiras non protexidas nas entreplantas ou no primeiro piso cando a altura de evacuación sexa inferior a 5 metros.

c) As ramplas protexidas ou especialmente protexidas de pendentes inferiores a 12 %.

Os percorridos de evacuación non superarán en planta baixa os 50 metros e en planta de soto os 25 metros.

Se a altura de evacuación dunha planta é superior a 7,5 metros, ou de 2 metros en sentido ascendente se a súa ocupación é superior a 5 persoas, existirán polo menos dúas saídas de planta que non conduzan á mesma escaleira, excepto nas plantas de superficie inferior a 200 m2. Exceptúase esta prescrición nas plantas en que a ocupación sexa nula.

6º) As plantas ou almacéns de nivel de risco intrínseco alto disporán dun plan de emerxencia redactado conforme o manual de autoprotección vixente.

7º) Instalación de protección contraincendios:

a) Iluminación de emerxencia e sinalización. Todas as vías de evacuación disporán de iluminación de emerxencia, cunha intensidade mínima de 3 lux nos eixes dos pasos.

Os percorridos de evacuación e as saídas disporán de sinalización.

b) Extintor móbil. Disporase dun extintor móbil por cada 300 m2 de superficie construída.

c) Columna seca. Estarán dotadas de columna seca todas as escaleiras de altura de evacuación maior de 24 metros.

Tamén será preceptivo para as plantas subterráneas cando non haxa máis de tres.

d) Abastecemento de auga contra incendios. Os establecementos de nivel de risco intrínseco alto ou medio deberán dotarse dun dispositivo que garanta a subministración de auga durante unha hora ás diferentes instalacións de protección contraincendios de que dispoña o edificio ou establecemento.

e) Boca de incendio equipada. Todos os establecementos industriais estarán dotados como mínimo dunha boca de incendio equipada por cada 2.000 m3 edificados e cada establecemento debe contar con unha como mínimo.

Para os casos de nivel de risco alto ou medio, poderá exixirse un maior número de B.I.E. ou medidas complementarias.

f) Instalación de detección e alarma. Esta instalación será exixible aos establecementos de nivel de risco intrínseco alto, excepto nas zonas protexidas por unha instalación de extinción automática de incendios.

g) Instalación de extinción automática de incendios. Disporán desta instalación as zonas ou locais de carga de lume ponderada superior a 1.600 Mcal/m2.

h)– Hidrante de incendios. Todos os establecementos de nivel intrínseco alto ou medio, en todo caso e aqueles de nivel intrínseco baixo con superficie construída superior a 1.000 m2 disporán dun hidrante de incendios por cada 5.000 m2 ou fracción de superficie construída, situado como máximo a 100 metros de calquera punto da fachada accesible aos vehículos do servizo de extinción de incendios e salvamento. Este hidrante debe estar situado nun punto de fácil acceso e estará dotado de presión e caudal acordes coa normativa contraincendios.

i) Non obstante, poderán exixirse maiores medidas de protección contraincendios que as indicadas nos puntos anteriores naqueles casos en que a perigosidade así o requira.

4. Os establecementos deberán evitar ou limitar os efectos que se relacionan, por debaixo dos límites máximos de funcionamento que se establecen a continuación:

1º) Incendio e explosión.

Todas as actividades que, no seu proceso de produción ou almacenaxe inclúan «inflamables» e «materias explosivas» instalaranse cos sistemas de seguridade axeitados, que eviten a posibilidade de incendio e explosión, así como cos sistemas adecuados (tanto no equipamento como na ferramenta) necesarios para combatelos en casos fortuítos. Baixo ningún concepto poderán queimarse materiais ou desperdicios ao aire libre.

As instalacións da actividade e dos seus diferentes elementos deberán cumprir as disposicións pertinentes ditadas polos diferentes organismos estatais, autonómicos ou locais, na esfera das súas respectivas competencias.

En ningún caso se autoriza a almacenaxe por xunto de produtos inflamables ou que formen parte ou sexan contiguos a edificios destinados a vivenda. Estas actividades, por conseguinte, clasificaranse sempre en categoría 3ª e 4ª.

2º) Radioactividade e perturbacións eléctricas.

Non se permitirá ningunha actividade que emita radiacións perigosas ou perturbacións eléctricas que afecten o funcionamento de calquera equipamento ou maquinaria, diferentes dos que orixinen a perturbación. Deberán cumprir tamén as disposicións especiais dos organismos competentes na materia.

3º) Ruídos.

A intensidade do son procedente de todo uso ou equipamento (a excepción dos equipamentos provisionais de transporte ou de traballos de construción) deberá cumprir o previsto na Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica ou ordenanza municipal que a desenvolva.

4º) Vibracións.

Non poderá permitirse ningunha vibración que exceda a determinada na Lei 7/1997, do 11 de agosto. Para a súa corrección dispoñeranse bancadas independentes da estrutura do edificio e do solo do local para todos aqueles elementos orixinadores da vibración, así como dispositivos antivibratorios.

Non se permitirá a ancoraxe directa de máquinas ou soportes ás paredes medianeiras, teitos ou placas de separación de recintos, polo que deben interporse os dispositivos antivibratorios axeitados.

Os condutos por que circulen fluídos líquidos ou gasosos en forma forzada conectados directamente con máquinas que teñan órganos en movemento dispoñerán de dispositivos de separación que impidan a transmisión das vibracións xeradas na ditas máquinas. As bridas e os soportes dos condutos, igual que as aberturas dos muros para o paso das conducións, dotaranse de elementos antivibratorios.

A determinación do nivel de vibración realizarase de acordo co establecido na norma ISO-2631-1, número 4.2.3, segundo establece o artigo 4 do anexo á Lei de protección contra a contaminación acústica.

A vibración no ambiente interior non poderá superar os valores indicados no artigo 8.4 da Lei 7/1997.

5º) Cegamentos.

Desde os puntos de medida especificados non poderá ser visible ningún cegamento directo ou reflectido, debido a fontes luminosas de grande intensidade, ou a procesos de incandescencia a altas temperaturas, tales como combustión, soldadura ou outros.

6º) Fumes.

A partir da cheminea ou conduto de evacuación non se permitirá ningunha emisión de fume gris, visible, de sombra igual ou máis escura á intensidade 2 da escala de Micro-Ringlemann, excepto para o fume gris, visible a intensidade de sombra igual a 3 da dita escala emitido só durante catro minutos (4 min.) en todo período de trinta minutos (30 min.) ou maiores exixencias da ordenanza municipal correspondente.

As actividades cualificadas como «insalubres» en atención á produción de fumes, po, néboas, vapores ou gases desta natureza, deberán estar dotadas das adecuadas e eficaces instalacións de precipitación de po ou de depuración dos vapores ou gases (en seco, en húmido ou por procedemento eléctrico).

Así mesmo, no interior das explotacións non poderán sobrepasarse os niveis máximos tolerados de concentración de gases, vapores, fumes, po ou brétemas no aire, que se definen no anexo do regulamento vixente.

7º) Olores.

Non se permitirá ningunha emisión de gases nin a manipulación de materias que produzan olores en intensidade tal que poidan ser facilmente detectables, sen instrumentos, no linde da parcela desde a cal se emiten.

8º) Outras formas de contaminación.

Non se permitirá ningún tipo de emisións de cinzas, pos, fumes, vapores, gases nin doutras formas de contaminación do aire, da auga ou do solo que poidan causar dano á saúde das persoas, dos animais ou das plantas; prexuízo ás propiedades; ou que causen sucidade.

Aquelas actividades industriais que sobrepasen os anteriores límites serán consideradas como de carácter especial ou de categoría 4ª e só poderán localizarse nas zonas previstas para tal efecto ou en parcelas reservadas de polígonos industriais mediante autorización expresa do Concello. En calquera caso, será necesario reducir ao máximo os niveis de funcionamento que resulten extralimitados, en particular aqueles en que os efectos sobrepasen os propios límites de contaminación da zona industrial, aínda que esta sexa de carácter especial.

9º) Augas residuais.

A utilización de augas de ríos ou regatos virá acompañada da obriga de a restituír en óptimas condicións de utilización, aínda que para iso sexa necesario un proceso de depuración.

Os materiais en suspensión contidos nas augas residuais non excederán, en peso, a cantidade de 30 miligramos por litro.

A D.B.O. (demanda bioquímica de oxíxeno) en miligramos por litro, será inferior a 40 miligramos de oxíxeno disolto absorbido en 5 días a 18 ºC de temperatura.

O nitróxeno expresado en N e NH4, non será superior a 10 e 15 miligramos respectivamente.

O efluente non conterá substancias capaces de provocar a morte da fauna fluvial augas abaixo do punto de vertedura.

O efluente que verta nas redes do servizo público deberá estar desprovisto de todos os produtos susceptibles de prexudicar as conducións, así como de materias flotantes, sedimentables ou precipitables que, ao mesturarse con outros efluentes, poidan atentar, directa ou indirectamente, contra o bo funcionamento das redes de sumidoiros.

O pH do efluente deberá estar comprendido entre 5,5 e 8,5. Excepcionalmente, en caso de que a neutralización se faga con cal, o pH poderá alcanzar o valor de 9,5.

O efluente non terá, en ningún caso, unha temperatura superior aos 30 ºC e as industrias quedan obrigadas a realizar os procesos de refrixeración necesarios para non sobrepasar este límite.

Quedan prohibidas as verteduras de compostos cíclicos hidroxilados e os seus derivados halóxenos, así como a vertedura de substancias que favorezan os olores, sabores e coloracións da auga nas canles de vertedura, cando poida ser utilizada na alimentación animal.

Regulación do uso garaxe-aparcadoiro e servizo do automóbil.

Definición e clasificación.

Denomínase garaxe-aparcadoiro todo lugar destinado especificamente á estadía de vehículos de calquera clase para a súa garda. Enténdense por servizo do automóbil as actividades e lugares especificamente destinados ao abastecemento, mantemento, entretemento e limpeza de vehículos automóbiles.

Comprende as seguintes actividades:

– Garaxe-aparcadoiro privativo. Dentro de edificación destinada a outro uso, en edificación exclusiva ou en espazos libres dentro da parcela.

– Garaxe-aparcadoiro de uso colectivo. En planta baixa e/ou semisoto ou soto de edificios, en edificio exclusivo, ou en espazos libres privados dentro da parcela.

– Estacións de servizo e abastecemento de combustibles.

– Talleres de mantemento, entretemento, reparación e limpeza de automóbiles. Os talleres de reparación de automóbiles rexeranse, ademais, polas normas de industria, aínda que se atopen dentro dun garaxe ou instalación das anteriormente relacionadas.

Condicións xerais.

Praza de aparcadoiro: enténdese por praza de aparcadoiro neta un espazo mínimo de 2,50 metros por 5,00 metros. No entanto, o número de coches dentro dos garaxes-aparcadoiro non poderá exceder o correspondente a un vehículo cada 25 metros cadrados. Sinalaranse no pavimento as prazas e corredores de acceso dos vehículos, sinalización que figurará nos planos de proxecto que se presenten ao solicitar a concesión das licenzas de construción, instalación, funcionamento e apertura. A praza de aparcadoiro en liña terá unha lonxitude de 5,5 m.

Accesos: observarase o previsto na normativa municipal vixente e na lexislación correspondente para este tipo de uso.

Altura mínima: en garaxes-aparcadoiro admítese unha altura libre mínima de 2,20 metros en calquera punto ocupable.

Ventilación: a ventilación, natural ou forzada, estará proxectada con suficiente amplitude para impedir a acumulación de vapores ou gases nocivos.

Illamento: o recinto do garaxe-aparcadoiro deberá estar illado do resto das edificacións ou predios estremeiros por muros e placas resistentes ao lume, e con illamento sobre ruídos, sen ocos de comunicación con patios de parcela ou locais destinados a outros usos.

Comunicación: poderá comunicarse directamente o garaxe-aparcadoiro coa escaleira, ascensor, cuartos de caldeira, salas de máquinas, rochos ou outros usos similares autorizados do inmoble, cando estes teñan acceso dotado de illamento, con portas blindadas de peche automático. Exceptúanse os situados debaixo de salas de espectáculos, que estarán totalmente illados, sen permitirse ningunha comunicación interior co resto do inmoble.

Condicións das estacións de servizo.

Ademais das disposicións legais vixentes que lles sexan de aplicación, cumprirán as seguintes:

1. Dispoñerán de aparcadoiro en número suficiente para non entorpecer o tránsito, cun mínimo de dúas prazas por surtidor.

2. Os talleres de automóbiles anexos non poderán ter unha superficie superior a 100 m2 e dispoñerán dunha praza de aparcadoiro para cada 25 m2 de taller.

Se se establecen servizos de lavado e engraxamento, deberán instalarse coas condicións destas normas.

3. Poderán dispoñer de edificios ou de instalacións destinadas á venda de bens e servizos aos usuarios, incluíndo servizo de hospedaxe, complementarios da actividade principal, sen sobrepasar a superficie máxima do 30 % da parcela nin a edificabilidade de parcela.

Condicións dos talleres de mantemento, entretemento, reparación e limpeza de automóbiles.

Ademais das condicións establecidas nos puntos anteriores, nas normas do uso industrial e nas disposicións legais vixentes que lle sexan de aplicación, dispoñerán dentro do local, dunha praza de aparcadoiro por cada 100 metros cadrados de taller.

Regulación do uso hoteleiro.

Os establecementos hoteleiros tipificaranse segundo as categorías establecidas pola disposicións vixentes. As condicións de programa serán, como mínimo, as establecidas polo Decreto 267/1999 da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Regulación do uso comercial.

Establécense as seguintes categorías:

a) Pequeno comercio:

Cando a actividade comercial ten lugar en locais independentes de dimensión non superior a 500 metros cadrados de superficie útil de exposición e venda ao público.

b) Mediano comercio:

Cando a actividade comercial ten lugar en locais independentes de superficie útil de exposición e venda ao público comprendida entre 500 metros cadrados e 2.500 metros cadrados, ou agrupados en forma de galerías ou centros comerciais cunha superficie conxunta inferior á establecida para grandes establecementos comerciais.

c) Grandes establecementos comerciais:

Serán considerados grandes establecementos comerciais aqueles destinados ao comercio polo miúdo de calquera clase de artigo cunha superficie útil de exposición e venda ao público superior a 2.500 metros cadrados.

Enténdese por superficie de exposición e venda ao público aquela onde se produce o intercambio comercial, constituída polos espazos destinados á exposición ao público dos artigos ofertados, xa sexa mediante mostradores, andeis, vitrinas, góndolas, cámaras ou murais, os probadores, as caixas rexistradoras e, en xeral, todos os espazos destinados á permanencia e paso do público, excluíndo expresamente as superficies destinadas a oficinas, aparcadoiros, zonas de carga e descarga e almacenaxe non visitables polo público e, en xeral, todas aquelas dependencias ou instalacións de acceso restrinxido a este, así como, no caso dos locais agrupados ou integrados en grandes superficies comerciais, os espazos interiores destinados a accesos comúns aos ditos locais.

Enténdese por locais independentes, aqueles establecementos a que se accede directamente desde a vía pública ou espazos libres, e por locais agrupados, aquel conxunto de locais a que, desde a vía pública ou espazos libres, se accede por espazos edificados comúns.

Todos os locais de uso comercial deberán observar as seguintes condicións:

a) Os locais situados en nivel inferior á planta baixa non poderán ser independentes do local inmediato superior e estarán unidos a este por escaleira cun largo mínimo dun metro.

b) Nos locais comerciais, as escaleiras de servizo para o público terán un largo mínimo dun metro, excepto os edificios que dediquen máis do 60 % da súa superficie a usos comerciais, cuxo largo non poderá ser inferior a 1,30 metros. Cumprirase a normativa de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e o Regulamento xeral de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas.

c) A altura libre mínima dos locais comerciais será de 3,20 metros e deberán adaptarse ás condicións exixidas pola regulamentación sobre seguridade e saúde no traballo, o Regulamento xeral de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas e demais normativa de aplicación.

c.1) Os establecementos comerciais que dispoñan dunha superficie de máis de 1.000 m2 deberán contar cunha altura libre mínima de 3,50 m.

c.2) Os establecementos comerciais a partir de 3.000 m2 deberán contar cunha altura libre de 4 m.

c.3) O semisoto comercial deberá ter unha altura libre mínima de 3,20 m.

c.4) Os sotos só poderán destinarse a almacenaxe, cuartos de instalacións e aparcadoiro, cunha altura mínima de 2,70 m.

c.5) En todo caso, respectarase a altura máxima da ordenanza correspondente e as restantes condicións desta normativa.

d) Os aseos e equipamentos sanitarios axustaranse ao establecido pola normativa sectorial aplicable e disporán, en todo caso, de ventilación natural directa ou de ventilación natural inducida.

e) Os locais comerciais dispoñerán dos seguintes servizos sanitarios: ata 100 metros cadrados, un retrete e un lavabo; por cada 200 metros cadrados máis ou fracción, aumentarase un retrete e un lavabo. A partir dos 100 metros cadrados instalaranse con absoluta independencia para cada sexo. En calquera caso estes servizos non poderán comunicar directamente co resto do local e, por conseguinte, deberán instalarse cun vestíbulo ou zona de illamento.

f) Nos locais comerciais que forman un conxunto, mercados de abastos, galerías de alimentación, pasaxes ou centros comerciais, poderán agruparse os servizos sanitarios correspondentes a cada local. O número de servizos virá determinado pola aplicación da condición anterior sobre a suma da superficie de locais, incluíndo os espazos comúns de uso público.

g) A luz e ventilación dos locais comerciais poderá ser natural ou artificial, observando o disposto na regulamentación sobre seguridade e saúde no traballo.

Se soamente ten luz e ventilación natural, os ocos de luz e ventilación deberán ter unha superficie total non inferior a un oitavo da que teña a planta do local.

Exceptúanse os locais exclusivamente destinados a almacéns e corredores.

Exixirase a presentación dos proxectos detallados das instalacións de iluminación e acondicionamento de aire, que deberán ser previamente aprobados, quedando estas instalacións sometidas a revisión antes da apertura do local e en calquera momento. No suposto que non sexan satisfactorias ou non funcionen correctamente, a Administración poderá fechar total ou parcialmente o local en canto non se adopten as medidas correctoras oportunas.

h) Disporán das saídas de urxencia, accesos especiais para extinción, aparellos, instalacións e útiles que, en cada caso, e de acordo coa natureza e características da actividade, resulten necesarios.

i) As estruturas da edificación serán resistentes ao lume e os materiais deberán ser incombustibles e de características tales que non permitan chegar ao exterior ruídos ou vibracións por riba dos niveis que se determinen.

j) Exixiranse as instalacións necesarias para garantir, á veciñanza e aos viandantes, a supresión de molestias, olores, fumes, vibracións etc.

Condicións particulares do uso hosteleiro.

a) Cumprirán as condicións do uso comercial e as que lle correspondan como actividade cualificada.

b) A altura mínima libre que deben ter os locais destinados ao uso hosteleiro será de 3,20 metros medidos desde o chan da sala ao teito acabado. Se existen elementos en distintos niveis ou decorativos nalgún punto da sala, a súa altura libre non será en ningún caso inferior a 2,80 metros.

c) Na planta soto, cando estea vinculada ao uso hosteleiro, permítese a localización de almacéns e aseos, que deberán cumprir coa normativa de seguridade e accesibilidade.

d) Todos os locais deberán cumprir coas normas de accesibilidade e coa normativa sectorial específica.

Regulación do uso oficinas.

Corresponde ás actividades que teñen por finalidade prestar servizos administrativos, profesionais, financeiros, de información, de xestión e outros.

Condicións xerais.

a) Os aseos e equipamentos sanitarios desta clase de uso axustaranse ao establecido pola normativa sectorial aplicable e disporán, en todo caso, de ventilación natural directa ou ventilación natural conducida. Supletoriamente, os locais disporán dos seguintes servizos sanitarios:

a.1) Ata 100 m2, un retrete e un lavabo. Por cada 200 m2 máis ou fracción aumentarase un retrete e un lavabo.

a.2) A partir dos 100 m2 instalaranse con independencia para cada sexo.

a.3) Estes servizos non poderán comunicar directamente co resto dos locais para o cal disporán dun vestíbulo de illamento.

Os edificios onde se instalen varias firmas poderán agrupar nun bloque as dotacións de aseos, mantendo o número e condicións con referencia á superficie total, incluídos os espazos comúns de uso público.

b) As oficinas que se establezan en semisotos non poderán ser independentes do local inmediato superior e estarán unidas a este por escaleiras cun largo mínimo de 1 metro cando teñan utilización de público. A altura libre deste local en semisoto será de polo menos 2,70 m. Os locais situados no soto non poderán destinarse a outros usos distintos dos de almacenaxe, aparcadoiro e cuartos de instalacións. Nas restantes plantas, a altura libre mínima dos locais de oficinas será de 2,70 m.

c) A luz e a ventilación dos locais e oficinas poderá ser natural ou artificial.

d) Se soamente ten luz e ventilación natural, os ocos de luz e ventilación deberán ter unha superficie total non inferior a un oitavo da que teña a planta do local.

e) Exixirase a presentación dos proxectos detallados das instalacións de iluminación e acondicionamento de aire, que deberán ser previamente aprobados, quedando estas instalacións sometidas a revisión antes da apertura do local e en calquera momento.

f) No suposto de que non sexan satisfactorias ou non funcionen correctamente, a Administración poderá fechar total ou parcialmente o local en canto non se adopten as medidas correctoras oportunas.

g) Exixiranse as instalacións necesarias para garantir á veciñanza e aos viandantes a supresión de molestias, olores, fumes, ruídos, vibracións etc.

Regulacións dos usos dotacionais.

As instalacións dedicadas a usos dotacionais deberán aterse ao disposto polos organismos competentes en cada caso, coas especificacións e condicións que, de ser o caso, fixan as presentes normas.

Nos edificios dotacionais de uso público adoptaranse as disposicións sobre barreiras arquitectónicas establecidas na Lei 8/1997, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o disposto no Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, do Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia.

As condicións de aplicación serán as establecidas no Regulamento xeral de policía e espectáculos públicos e actividades recreativas, ou na normativa que o complemente ou substitúa.

As instalacións dedicadas a servizos urbanos e de Administración pública definidas na tipificación de usos das presentes normas ateranse ao establecido nelas para a actividade industrial ou terciaria que desenvolvan e á súa normativa específica.

A edificación axustarase ás necesidades de cada tipo de equipamento de deben cumprir a normativa sectorial que sexa de aplicación.

4.3.1. Ordenanza 1. Edificación acaroada.

Aplícase esta ordenanza ao conxunto das zonas delimitadas con esta cualificación nos planos de ordenación.

Comprende os ámbitos E1c03, H1c02, H1b03, H1b07, H1c08, L1a02, L1a06, M1a02.

Regúlanse tres variantes dentro da ordenanza atendendo aos usos permitidos:

Variante 1.A. Comprende os ámbitos L1a02, L1a06, M1a02.

Variante 1.B. Comprende os ámbitos H1b03, H1b07.

Variante 1.C. Comprende os ámbitos E1c03, H1c02, H1c08.

Definición. Regula a construción de naves acaroadas de tamaño pequeno e medio, e ocupación intensiva da parcela.

Aliñación. Será a indicada nos planos de ordenación.

Liña de edificación obrigatoria. Será a grafada nos planos de ordenación.

Recuamentos. Establécense uns recuamentos mínimos de 10 metros respecto á fronte de parcela e 5 metros ao fondo de parcela, salvo indicación no plano de ordenación da liña de edificación obrigatoria. Quedan prohibidos os recuamentos laterais.

Parcela mínima. 600 m2.

Parcela máxima. 2.500 m2.

Fronte mínima. 15 m.

Superficie de ocupación máxima. A resultante dos recuamentos establecidos para a liña de edificación obrigatoria.

Altura. A altura máxima da edificación será de 10 metros. Permítense ata un máximo de dúas plantas sobre rasante.

Edificabilidade. A edificabilidade máxima será de 1,2 m2/m2.

Prohíbense os corpos voados pechados.

Permítense os espazos porticados.

– Usos permitidos:

Variante 1.A.

Permítense os usos terciarios seguintes: comercial e oficinas.

Permítense os usos dotacionais.

Variante 1.B.

Permítense os usos industriais en todas as súas variantes.

Permítense os usos garaxe-aparcadoiro e servizo do automóbil, mesmo talleres de reparación en todas as súas variantes.

Permítense os usos dotacionais de servizos urbanos.

Variante 1.C.

Permítense os usos terciarios seguintes: comercial e oficinas.

Permítense os usos industriais na súa categoría A, o uso garaxe-aparcadoiro e servizo do automóbil e o uso talleres de mantemento, entretemento, reparación e limpeza do automóbil.

Permítense os usos dotacionais seguintes: deportivo, recreativo, servizos urbanos e Administración pública.

– Usos tolerados:

Variante 1.A.

Toléranse os usos de almacenaxe na categoría A.

– Usos prohibidos:

Todos os demais usos non incluídos nos puntos anteriores.

Os espazos libres interiores non ocupados pola edificación destinaranse a aparcadoiro e espazos libres.

O interior das parcelas debe acoller 1 praza de aparcadoiro por cada 200 m2 construídos.

4.3.2. Ordenanza 2. Edificación acaroada en esquina.

Aplícase esta ordenanza ao conxunto das zonas delimitadas con esta cualificación nos planos de ordenación.

Comprende os ámbitos E2c04, H2c01, H2b04, H2b06, H2c09, L2a01, L2a03, L2a05, L2a07, M2a01, M2a03.

Regúlanse tres variantes dentro da ordenanza atendendo aos usos permitidos:

Variante 2.A. Comprende os ámbitos L2a01, L2a03, L2a05, L2a07, M2a01, M2a03.

Variante 2.B. Comprende os ámbitos H2b04, H2b06.

Variante 2.C. Comprende os ámbitos E2c04, H2c01, H2c09.

Definición. Regula a construción de naves acaroadas de tamaño pequeno e medio e ocupación intensiva da parcela coincidindo co remate en esquina dos cuarteiróns.

Aliñación. Será a indicada nos planos de ordenación.

Liña de edificación. Será a grafada nos planos de ordenación. A liña de edificación poderá considerarse como liña de edificación non obrigatoria nas fachadas onde non existe acaroamento á edificación da parcela estremeira. Se hai acaroamento, a liña de edificación deberá ser obrigatoria.

Recuamentos. Establécense uns recuamentos mínimos de 10 metros respecto á fronte de parcela e 5 metros ao fondo de parcela. Quedan prohibidos os recuamentos laterais.

O ámbito constitúe unha única parcela. Permítese a agrupación coas parcelas estremeiras da ordenanza 1, de xeito que a parcela resultante manterá a consideración de esquina e, por tanto, aplicaráselle a presente ordenanza.

Superficie de ocupación máxima. A resultante dos recuamentos establecidos para a liña límite de edificación.

Altura. A altura máxima da edificación será de 10 metros. Permítense ata un máximo de dúas plantas sobre rasante.

Edificabilidade. Virá dada pola aplicación dos parámetros de ocupación e altura da edificación establecidos nesta ordenanza.

Prohíbense os corpos voados pechados.

Permítense os espazos porticados.

– Usos permitidos:

Variante 2.A.

Permítense os usos terciarios seguintes: comercial, oficinas e hoteleiro.

Permítense os usos dotacionais.

Variante 2.B.

Permítense os usos industriais en todas as súas variantes.

Permítense os usos garaxe-aparcadoiro e servizo do automóbil, mesmo talleres de reparación en todas as súas variantes.

Permítense os usos dotacionais de servizos urbanos.

Variante 2.C.

Permítense os usos terciarios seguintes: comercial e oficinas.

Permítense os usos industriais na súa categoría A, o uso garaxe-aparcadoiro e servizo do automóbil e o uso talleres de mantemento, entretemento, reparación e limpeza do automóbil.

Permítense os usos dotacionais seguintes: deportivo, recreativo, servizos urbanos e Administración pública.

– Usos tolerados:

Variante 2.A.

Toléranse os usos de almacenaxe na categoría A.

– Usos prohibidos:

Todos os demais usos non incluídos nos puntos anteriores.

Os espazos libres interiores non ocupados pola edificación destinaranse a aparcadoiro e espazos libres.

O interior das parcelas debe acoller 1 praza de aparcadoiro por cada 200 m2 construídos.

4.3.3. Ordenanza 3. Edificación semiacaroada.

Aplícase esta ordenanza ao conxunto das zonas delimitadas con esta cualificación nos planos de ordenación.

Comprende os ámbitos C3c01, E3c01, G3c01, H3b05, H3c10, I3b01, J3c01, L3a04.

Regúlanse tres variantes dentro da ordenanza atendendo aos usos permitidos:

Variante 3.A. Comprende o ámbitos L3a04.

Variante 3.B. Comprende os ámbitos H3b05, I3b01.

Variante 3.C. Comprende os ámbitos C3c01, E3c01, G3c01, H3c10, J3c01.

Definición. Regula a construción de naves de tamaño medio, con ocupación parcial da parcela.

Aliñación. Será a indicada nos planos de ordenación.

Liña de edificación obrigatoria. Será a grafada nos planos de ordenación.

A liña de edificación será liña límite, non obrigatoria, nos casos en que a edificación presente recuamentos laterais en ambos os lindes ou, en caso de acaroamento, cando exista acordo entre os propietarios.

A liña de edificación obrigatoria poderá considerarse como liña de edificación non obrigatoria nos seguintes casos:

– Conxunto de dúas parcelas cunha liña de acaroamento común a ambas as parcelas, sempre que o recuamento das edificacións respecto da liña de edificación sexa o mesmo en ambas as parcelas.

– Unha única parcela, sempre que a edificación proxectada non se acaroe a ningún dos lindes laterais.

Recuamentos. Establécense uns recuamentos mínimos de 10 metros respecto á fronte de parcela, de 10 metros ao fondo de parcela e de 5 metros aos lindes laterais. Permítese o acaroamento da edificación a un dos lindes laterais en parcelas menores de 4.000 m2, mantendo para o linde non acaroado o recuamento mínimo. O proxecto de parcelación definirá o linde lateral susceptible de acaroamento baixo o criterio xeral de acaroamento dous a dous, coas excepcións de remate e contacto con vías.

No caso de parcelas con superficie maior ou igual a 6.000 m2 establecerase o recuamento mínimo a ambos os lindes laterais de 5 m.

Parcela mínima. 2.000 m2.

Parcela máxima. Non se considera.

Fronte mínima. Será de 20 m.

Altura. A altura máxima da edificación será de 12 metros. Permítense ata un máximo de tres plantas sobre rasante.

Edificabilidade. A edificabilidade máxima será de 1,1 m2/m2.

Prohíbense os corpos voados pechados.

Permítense os espazos porticados.

Permítense agrupar e segregar parcelas cumprindo as dimensións e frontes de parcela establecidos nesta ordenanza.

– Usos permitidos:

Variante 3.A.

Permítense os usos terciarios seguintes: comercial e oficinas.

Permítense os usos garaxe-aparcadoiro e servizo do automóbil en todas as súas variantes.

Permítense os usos dotacionais seguintes: deportivo, recreativo, servizos urbanos, Administración pública e docente-investigación.

Variante 3.B.

Permítense os usos industriais en todas as súas variantes.

Permítense os usos garaxe-aparcadoiro e servizo do automóbil e talleres de reparación en todas as súas variantes.

Permítense os usos dotacionais de docencia-investigación e de servizos urbanos excepto os de servizo directo ao público.

Variante 3.C.

Permítense os usos terciarios seguintes: comercial e oficinas.

Permítense os usos industriais na súa categoría A, o uso garaxe-aparcadoiro e servizo do automóbil e o uso talleres de mantemento, entretemento, reparación e limpeza do automóbil.

Permítense os usos dotacionais seguintes: deportivo, recreativo, servizos urbanos e Administración pública.

– Usos tolerados:

Variante 3.A.

Toléranse os usos de almacenaxe en categoría A.

– Usos prohibidos:

Todos os demais usos non incluídos nos puntos anteriores.

Os espazos libres interiores non ocupados pola edificación destinaranse a aparcadoiro e espazos libres.

O interior das parcelas debe acoller 1 praza de aparcadoiro por cada 100 m2 construídos de uso industrial e 2 prazas de aparcadoiro por cada 150 m2 construídos de uso terciario ou dotacional.

Cando a superficie de produción ou almacenaxe supere os 750 m2, a instalación disporá dunha zona exclusiva de carga e descarga dos produtos no interior da parcela, de dimensión suficiente para estacionar un camión cunhas bandas perimetrais de 1 m. Para superficies superiores a 1.500 m2 deberá duplicarse este espazo e engadirse unha unidade por cada 750 m2 máis de superficie de produción ou almacenaxe.

Para os efectos da aplicación das determinacións que fan referencia á superficie de produción ou almacenaxe, esta dimensión entenderase como a suma da superficie útil de todos os locais destinados á actividade produtiva ou de almacén, así como aquela vinculada de forma directa a estas actividades, excluíndo expresamente as superficies destinadas a oficina, exposición de produtos, venda e aparcadoiro de vehículos que non estean destinados ao transporte dos produtos.

4.3.4. Ordenanza 4. Edificación exenta.

Aplícase esta ordenanza ao conxunto das zonas delimitadas con esta cualificación nos planos de ordenación.

Comprende os ámbitos B4b01, D4b01, E4b02, F4b01, I4a02, J4a02, K4c01, N4a01.

Regúlanse tres variantes dentro da ordenanza atendendo aos usos permitidos:

Variante 4.A. Comprende os ámbitos I4a02, J4a02, N4a01.

Variante 4.B. Comprende os ámbitos B4b01, D4b01, E4b02, F4b01.

Variante 4.C. Comprende o cuarteirón K4c01.

Definición. Regula a construción de naves de tamaño grande, con ocupación parcial da parcela e recuadas en todos os lindes.

Aliñación. Será a indicada nos planos de ordenación.

Recuamentos. Os recuamentos mínimos respecto á fronte e fondo de parcela, así como os recuamentos laterais, serán de 10 metros. O recuamento de fondo ou lateral, entre parcelas da mesma titularidade, ben sexa entre parcelas do parque empresarial ou en colindancia con parcelas doutros ámbitos, poderase eliminar, coa finalidade de permitir o crecemento en continuo das instalacións das empresas existentes, logo de tramitación dun estudo de detalle que defina a área de movemento da edificación.

Parcela mínima. 6.000 m2.

Parcela máxima. Non se establece.

Fronte mínima. Será de 50 m.

Superficie de ocupación máxima. Será do 70 % sobre a parcela.

Altura. A altura máxima de edificación será de 12 metros. Permítense ata un máximo de tres plantas sobre rasante.

Edificabilidade. A edificabilidade máxima será de 0,9 m2/m2.

– Usos permitidos:

Variante 4.A.

Permítense os usos terciarios seguintes: comercial, oficinas e hoteleiro.

Permítense os usos garaxe-aparcadoiro e servizo do automóbil, exclusivamente nas variantes de garaxe-aparcadoiro privativo ou de uso colectivo e estación de servizo.

Permítense os usos dotacionais.

Variante 4.B.

Permítense os usos industriais en todas as súas variantes.

Permítense os usos garaxe-aparcadoiro e servizo do automóbil e talleres de reparación en todas as súas variantes.

Variante 4.C.

Permítense os usos terciarios seguintes: comercial e oficinas.

Permítense os usos industriais e o uso garaxe-aparcadoiro e servizo do automóbil e talleres de reparación.

Permítense os usos dotacionais seguintes: deportivo, recreativo, servizos urbanos e Administración pública e docente-investigación.

– Usos tolerados:

Tolérase o uso vivenda destinada exclusivamente ao persoal encargado da vixilancia e conservación de industria, coas determinacións establecidas nas condicións xerais de uso, e cunha única vivenda por cada parcela edificable de superficie maior ou igual a 6.500 m2, que non poderá ser menor de 50 m2 nin maior de 150 m2.

A superficie destinada a vivenda computarase na edificabilidade.

– Usos prohibidos:

Todos os demais usos non incluídos no punto anterior.

Os espazos interiores das parcelas non ocupados pola edificación destinaranse a aparcadoiro e espazos libres, salvo determinación expresa do uso espazo libre privado nos planos de ordenación, que determinará a prohibición do uso aparcadoiro e o acondicionamento dos ditos espazos con atención especial á preservación dos seus valores naturais e ambientais. Só se permitirá a execución de canalizacións de servizos técnicos sen que sobresaian das rasantes do espazo libre.

O interior das parcelas debe acoller 1 praza de aparcadoiro por cada 100 m2 construídos de uso industrial e 2 prazas de aparcadoiro por cada 150 m2 construídos de uso terciario ou dotacional.

Nas traseiras do cuarteirón F e no linde sur do cuarteirón D, na zona de contacto coa infraestrutura ferroviaria, establecerase unha banda arborizada de 10 m con especies de porte, que garanta a protección visual. Nestes cuarteiróns, o límite da edificación cumprirá o determinado para as zonas urbanas pola Lei 39/2003, o seu regulamento e as disposicións normativas que os desenvolven.

Cando a superficie de produción ou almacenaxe supere os 750 m2, a instalación disporá dunha zona exclusiva de carga e descarga dos produtos no interior da parcela, de dimensión suficiente para estacionar un camión cunhas bandas perimetrais de 1 m. Para superficies superiores a 1.500 m2, deberá duplicarse este espazo e engadirse unha unidade por cada 750 m2 máis de superficie de produción ou almacenaxe.

Para os efectos da aplicación das determinacións que fagan referencia á superficie de produción ou almacenaxe, esta dimensión entenderase como a suma da superficie útil de todos os locais destinados á actividade produtiva ou de almacén, así como aquela vinculada de forma directa a estas actividades. Quedarán excluídas expresamente as superficies destinadas a oficina, exposición de produtos, venda e aparcadoiro de vehículos que non estean destinados ao transporte dos produtos.

Estudos de detalle.

En parcelas con superficie igual ou maior de 10.000 m2, e cando as características da parcela así o aconsellen, os técnicos municipais poderán solicitar a formulación dun estudo de detalle que terá como ámbito a totalidade da parcela, co obxecto de producir a ordenación de volumes, o axuste de rasantes e a ordenación do sobrante de parcela. En ausencia de estudo de detalle, estes aspectos deberán estar incluídos no proxecto da edificación sometido a licenza municipal.

Para o caso de crecemento en continuo de empresas sobre parcelas estremeiras, será obrigatoria a redacción dun estudo de detalle que defina a área de movemento da edificación e a zona de colindancia onde se supriman os recuamentos previstos.

Os estudos de detalle xa aprobados con anterioridade á entrada en vigor da modificación nº 1 manterán a súa vixencia en todo o que non contraveña as novas ordenanzas.

Condicións para o estudo de detalle.

Área de movemento da edificación. Será a resultante dos recuamentos mínimos obrigatorios. En caso de colindancia con parcela dun mesmo titular, e para favorecer o crecemento en continuo, poderase eliminar o recuamento de fondo e/ou lateral entre parcelas.

Superficie máxima edificable. Será a establecida nesta ordenanza.

Altura. O estudo de detalle poderá xustificar alturas maiores que as establecidas nesta ordenanza en función das exixencias dos procesos produtivos.

Ocupación máxima. Será a establecida nesta ordenanza.

4.3.5. Normas comúns para as ordenanzas 1, 2, 3 e 4.

1. As frontes de fachada e os lindes laterais realizaranse, con carácter xeral, con cerramento macizo de altura máxima 0,5 metro contado desde a rasante da beirarrúa, no punto medio da fronte principal ou linde que se determine. Poderase completar o cerramento ata unha altura máxima de 1,5 metros, medidos desde ese mesmo punto, con elementos de tipo diáfano.

En caso de que a parcela teña necesidades especiais por mor da súa actividade ou normativa que lle sexa aplicable, poderase modificar o cerramento establecido no parágrafo anterior.

Non será obrigatoria a execución de cerramentos laterais entre naves en caso de naves acroadas se así o acordan os propietarios.

No caso do cerramento frontal, a súa eliminación poderase admitir sempre que o espazo exterior da parcela edificada sexa susceptible de incorporación ao uso desde o espazo público adxacente, e a actividade que se vai implantar así o demande ou aconselle, para permitir o tránsito peonil entre a beirarrúa e o espazo interior da parcela debidamente acondicionado para tal efecto.

A eliminación do cerramento permitirá a permeabilidade do tránsito peonil, non rodado, polo que será obrigado determinar por parte dos propietarios a localización do vao de acceso rodado á parcela, para evitar situacións de inseguridade dos viandantes fronte aos accesos de vehículos.

A construción do cerramento común no linde de dúas parcelas correrá por conta da actividade que primeiro se estableza e a segunda deberá aboarlle a porción de gasto que corresponda en proporción á lonxitude de cercado que compartan, antes de proceder á construción dalgún edificio.

A administración do polígono poderá proceder a construír os cerramentos non executados e os gastos correrán a cargo da propiedade ou propiedades que correspondan.

Cando os accidentes do terreo mostren unha diferenza superior a 1 metro entre dous puntos extremos, o cerramento deberá facerse por chanzos, nos tramos que sexan necesarios para non sobrepasar ese límite.

Muros de contención:

En caso de ser necesaria a execución de muros de contención nas parcelas, deberanse cumprir as seguintes condicións, en función da súa localización dentro da parcela:

– Muros interiores da parcela: son aqueles muros que se executan no interior da parcela sen ser parte da fachada dunha vía.

Nos muros interiores da parcela regúlase unha altura máxima de 10 metros.

En caso de ter un impacto significativo na paisaxe, deberán adoptar unha ou varias medidas de mitigación do impacto como poden ser:

- Introdución de elementos construtivos ou vexetais que reduzan visualmente a verticalidade dos muros, por exemplo, colocación de plantas trepadoras, emparrados ou similares.

- Revexetación de noiros en terraplén, para o que se empregará unha mestura de hidrosementeira, para acelerar o proceso de adaptación paisaxística destes noiros á contorna, así como o posible establecemento de plantacións arbóreas e arbustivas naquelas zonas onde se realizará un recheo con terra vexetal.

- Plantación de arboredo na base do noiro utilizando especies autóctonas da zona.

- Traballar cos acabamentos e materiais do muro para que diminúa o seu nivel de impacto.

Se a plataforma da explanación necesita alcanzar unha cota superior a 10 metros, esta cota alcanzarase cun noiro revexetado dun máximo de 45 graos.

– Muros de contención exteriores da parcela: considéranse muros exteriores da parcela os muros perimetrais que dan fachada á vía ou que son muros estremeiros con distinto propietario.

Nos muros exteriores da parcela regúlase unha altura máxima de 3 metros sobre a rasante da vía.

Se a plataforma da explanación necesita alcanzar unha cota superior a 3 metros, esta cota alcanzarase cun noiro revexetado dun máximo de 45 graos.

En ambos os casos utilizaranse materiais de calidade e duradeiros.

Aquelas instalacións técnicas necesarias, como centros de transformación, cadros de contadores etc., poderán instalarse nos cerramentos das parcelas para garantir o acceso directo a eles desde a vía pública. Para estes efectos non se consideran edificacións, polo que as liñas de edificación definidas no proxecto sectorial non lles serán de aplicación.

4.5.2. Augas residuais.

1. A produción de verteduras á rede de saneamento de augas pluviais ou fecais por parte das instalacións e actividades que se desenvolvan no ámbito do parque deberá axustarse ao disposto na lexislación vixente en materia de verteduras e protección ambiental de leitos e en xeral do dominio público hidráulico.

2. Todas as edificacións do parque empresarial de Santiago, calquera que for o seu uso, deberán ter resolto o sistema de vertedura das augas residuais na forma tecnicamente posible que evite a contaminación do medio ou a alteración dos sistemas de depuración receptores das augas.

3. Para tal fin, toda as actividades industriais e de servizos con instalacións dentro do parque empresarial de Santiago, estarán obrigadas a solicitar especificamente coa licenza de actividade o permiso de verteduras. En caso de que o Concello teña establecido regulamentariamente outro procedemento diferente ao previsto nesta ordenanza, os servizos municipais poderán adaptarse ao dito procedemento. De non ser así, terase que seguir o seguinte procedemento, para o que se deberá entregar a seguinte documentación:

Filiación.

a) Nome, número da parcela e domicilio social do titular do establecemento ou actividade.

b) Localización e características da instalación ou actividade.

Produción.

a) Descrición das actividades e procesos xeradores dos verteduras.

b) Materias primas ou produtos utilizados como tales, indicando as cantidades en unidades usuais.

c) Produtos finais e intermedios, se os houber, consignando as cantidades en unidades usuais así como o ritmo de produción.

Verteduras.

Descrición do réxime de verteduras (horarios, duración, caudal medio e punta, e variacións diarias, mensuais e estacionais, se as houber) e características, previamente a calquera tratamento.

Pretratamento.

Descrición dos sistemas de tratamento adoptados e do grao de eficacia prevista, así como a composición final das verteduras descargadas, cos resultados da análise de posta en marcha realizados, se for o caso.

Planos.

a) Planos de situación.

b) Planos da rede interior de recollida e instalación de pretratamentos.

c) Planos detallados das obras en conexión, das arquetas de rexistros e dos dispositivos de seguridade.

Varios.

a) Volume de auga consumida polo proceso industrial.

b) Dispositivos de seguridade adoptados para previr accidentes nos elementos de almacenamento de materias primas, compostos intermedios ou produtos elaborados susceptibles de ser vertidos á rede de sumidoiros.

c) E, en xeral, todos aqueles datos que a Administración considere necesarios, para efectos de coñecer todas as circunstancias e elementos involucrados nss verteduras de augas residuais.

O permiso de vertedura emitirase sen prexuízo das autorizacións ou licenzas que deban conceder outros organismos competentes na materia.

4. O Concello autorizará a descarga á rede de saneamento, con suxeición aos termos, límites e condicións que se indiquen na licenza de actividade.

5. Na licenza de actividade recollerase o permiso de verteduras, que se concederá especificamente á industria, ao proceso a que se refira e características da correspondente vertedura.

Calquera modificación dos termos referidos exixirá solicitar novamente o permiso de vertedura.

6. O Concello non autorizará:

a) A apertura, a ampliación ou a modificación dunha industria que non teña o correspondente permiso de verteduras.

b) A construción, reparación ou remodelación dunha inxerencia que non teña o correspondente permiso de verteduras.

c) A posta en funcionamento de ningunha actividade industrial potencialmente contaminante se, previamente, non se aproba, instala e, se for o caso, comproba por parte dos servizos técnicos municipais a eficacia e o correcto funcionamento dos pretratamentos nos termos requiridos na correspondente licenza de actividade.

d) Acometidas á rede que non sexan independentes para cada industria. Cando isto non sexa posible, deberá propoñerse como alternativa unha solución tecnicamente axeitada.

7. A regulación da contaminación en orixe mediante prohibición ou limitación na descarga de verteduras establécese cos seguintes propósitos:

1º) Protexer o leito receptor de calquera efecto prexudicial, crónico ou agudo, tanto para as persoas como para os ecosistemas naturais.

2º) Protexer a integridade e boa conservación das instalacións de saneamento e depuración.

8. O criterio de preservar a calidade ecolóxica do medio receptor, así como a seguridade das instalacións de saneamento, definirase con base na concentración de contaminantes para a súa descarga ao medio receptor de acordo coa lexislación.

9. Queda totalmente prohibido descargar directa ou indirectamente á rede de saneamento pluvial ou fecal calquera dos seguintes produtos:

a) Substancias sólidas ou viscosas en cantidade ou dimensións tales que sexan capaces de causar a obstrución na corrente das augas nos sumidoiros ou obstaculizar os traballos de conservación e limpeza da rede.

b) Disolventes ou líquidos orgánicos inmiscibles en auga, combustibles ou inflamables.

c) Gases ou vapores combustibles, inflamables, explosivos ou tóxicos.

d) Graxas, ou aceites minerais ou vexetais que excedan 200 ppm medidos como graxa total.

e) Substancias sólidas potencialmente perigosas.

f) Residuos industriais ou comerciais cunhas concentracións ou características tóxicas ou perigosas que requiran un tratamento específico.

g) Líquidos que conteñan produtos susceptibles de precipitar ou depositarse na rede de sumidoiros ou de reaccionar coas augas desta e producir sustancias comprendidas en calquera dos puntos do presente artigo.

h) Sustancias que por elas mesmas ou como consecuencia de reaccións que teñan lugar dentro da rede teñan ou adquiran algunha propiedade corrosiva.

i) Substancias que poidan alterar negativamente dalgunha forma a capacidade de depuración das instalacións depuradoras ou calquera outra instalación de tratamento previo das augas.

j) Calquera outro que determine a lexislación vixente.

10. As medicións e determinacións serán realizadas baixo a supervisión técnica do Concello e a cargo da propia instalación industrial.

As determinacións realizadas deberán remitirse ao Concello, ao seu requirimento ou coa frecuencia e forma que se especifique na licenza de actividade.

En todo caso, estas análises estarán á disposición dos técnicos municipais responsables da inspección e control das verteduras para o seu exame cando se produza. Por outra parte, o Concello poderá facer as súas propias determinacións cando así o considere oportuno.

11. Toda instalación que produza verteduras de augas residuais non domésticas deberá colocar e poñer á disposición dos servizos técnicos municipais, para efectos da determinación da carga contaminante, os seguintes dispositivos:

a) Arqueta de rexistro, que estará situada en cada cano de descarga das verteduras residuais, de fácil acceso, libre de calquera interferencia e localizada augas abaixo antes da descarga á rede. Deberán enviarse á Administración planos de situación da arqueta e dos aparellos complementarios para a súa identificación e censo.

b) Medición de caudais. Cada arqueta de rexistro disporá dos correspondentes dispositivos para poder determinar os caudais de augas residuais.

c) No caso de existiren pretratamentos individuais ou colectivos legalmente autorizados, deberá instalarse na saída dos efluentes depurados unha arqueta de rexistro coas mesmas condicións referidas en parágrafos anteriores.

12. Os servizos técnicos municipais procederán a efectuar periodicamente ou por instancia dos usuarios inspeccións e controis das instalacións de verteduras de augas residuais.

Para que os inspectores municipais ou da Administración competente en materia de augas poidan realizar as súas funcións de vixilancia e control, os titulares das instalacións estarán obrigados, diante do persoal acreditado, a:

a) Facilitarlles, sen necesidade de comunicación anticipada, o libre acceso aos locais ou partes da instalación que consideren axeitado para o cumprimento da súa misión.

b) Facilitarlles a montaxe dos equipamentos, así como permitirlles a utilización dos instrumentos que a empresa utilice coa finalidade de autocontrol, especialmente aqueles para a medición de caudais de verteduras e toma de mostras, para efectos de realizar as comprobacións que consideren axeitadas.

c) E, en xeral, facilitarlles o exercicio eo cumprimento das súas funcións. Para conseguir unha axeitada regulación das descargas de verteduras e actualizar periodicamente as limitacións destas e conseguintes autorizacións, o Concello deberá:

1. Elaborar un inventario dos permisos de verteduras concedidos.

2. Comprobar periodicamente as verteduras na rede de sumidoiros.

13. Os titulares dos establecementos industriais que pola súa natureza poidan ocasionar descargas de verteduras que prexudiquen a integridade e o correcto funcionamento das instalacións de saneamento deberán adoptar as medidas protectoras necesarias para evitalas. Os proxectos detallados destas medidas deberán presentarse á Administración para a súa aprobación. Isto non eximirá o titular das responsabilidades consecuentes diante dunha situación de emerxencia.

Se a situación de emerxencia se produce, o usuario deberá poñela urxentemente en coñecemento dos servizos municipais.

Posteriormente, e nun prazo máximo de sete días, o usuario remitirá á Administración un informe onde detallará a data, a hora e a causa do accidente e canta información necesiten os servizos técnicos municipais para elaborar unha correcta interpretación do ocorrido e avaliar as súas consecuencias.

Engádese o seguinte número á normativa:

mero 4.9. Servidumes aeronáuticas.

Parte do ámbito da modificación atópase incluída nas zonas de servidumes aeronáuticas correspondentes ao Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro e á ligazón hertziana de Espiñeiras. Nos planos de ordenación correspondentes a «servidumes aeronáuticas», represéntanse as liñas de nivel das superficies limitadoras das servidumes aeronáuticas do Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro e á ligazón hertziana de Espiñeiras que afectan o devandito ámbito, as cales determinan as alturas (respecto ao nivel do mar) que non debe exceder ningunha construción (incluídos todos os seus elementos como antenas, pararraios, chemineas, equipamentos de aire acondicionado, caixas de ascensores, carteis, remates decorativos etc.), modificacións do terreo ou obxecto fixo (postes, antenas, aeroxeradores incluídas as súas pas, carteis etc.), así como a altura máxima de vía ou de vía férrea.

Na parte do ámbito afectada por servidumes aeronáuticas, a execución de calquera construción, instalación (postes, antenas, aeroxeradores –incluídas as pas–, medios necesarios para a construción (incluídos os guindastres de construción e similares) ou plantación nesta parte afectada, requirirá acordo favorable previo da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA), conforme os artigos 30 e 31 do Decreto 584/1972.

Naquelas zonas do ámbito que non se atopan situadas baixo as servidumes aeronáuticas, a execución de calquera construción ou estrutura e a instalación dos medios necesarios para a súa construción que se eleve a unha altura superior aos 100 metros sobre o terreo requirirá pronunciamento previo da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) en relación coa súa incidencia na seguridade das operacións aéreas, conforme o disposto no artigo 8 do Decreto 584/1972 na súa actual redacción.

A devandita documentación poderá consultarse na páxina web do Instituto Galego da Vivenda e Solo (http://igvs.xunta.gal/web/igvs/portada).

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2021

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo