Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 5 de maio de 2021 Páx. 22789

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 14 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo no expediente PR204A 2021/822-2 e nove máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de parte contraria no procedemento (interesados), a resolución ditada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres).

A resolución que se notifica poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 14 de abril de 2021

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Parte contraria notificada

Resolución notificada

PR204A2021/822-2

José Luís Rodríguez Barrera

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/930-2

Jackie Edison López

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/932-2

INTEGRA MXSI CEE GA

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/960-2

Francisco Javier López Carrete

Denegatoria do dereito

PR204Z2021/1002-2

Sandra Patricia da Silva Sampaio

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/1037-2

Cristian Crespo de la Cruz

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/1122-2

Salvador Manuel Diz Cerviño

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/1125-2

Enxebre Buján Calviño

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/1152-2

Enxebre Buján Calviño

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/1210-2

Guillermo Rodríguez Rodríguez

Recoñecemento do dereito