Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 5 de maio de 2021 Páx. 22791

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Nigrán (expediente IN407A 2021/14-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: LIDL Supermercados, S.A.U.

Domicilio social: Beat Oriol-Polígono de la Granja, 08110 Montcada.

Denominación: LMTS, CS rúa das Pontes-polígono Porto do Molle.

Situación: Nigrán.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1, de 42 metros de lonxitude, con orixe e final nos empalmes proxectados na LMT GON816, entre os CCTT 36CXY2 e 36CWP0, facendo entrada e saída no centro de seccionamento proxectado. Centro de seccionamento prefabricado compacto manobra exterior (3L 2TC9) situado na rúa das Pontes (vía A) do polígono Porto do Molle, Nigrán.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que xulguen pertinente.

Pontevedra, 8 de abril de 2021

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 230/2020, do 23 de decembro; DOG núm. 5, do 11.1.2021, artigo 36.3 e 37.1)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial de Pontevedra