Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 6 de maio de 2021 Páx. 22887

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 26 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para os anos 2021, 2022, 2023 e 2024.

A Consellería de Política Social convocou para os anos 2021, 2022, 2023 e 2024, a través da Orde do 26 de febreiro de 2021 (DOG núm. 48, do 11 de marzo), axudas para a posta en marcha de casas niño.

A partida orzamentaria con cargo á cal se financian as axudas de investimento ten un cofinanciamento do 80 % do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo 2014-2020.

A forma e o prazo de presentación das solicitudes están regulados no artigo 10 da Orde do 26 de febreiro, e no artigo 11 determínase a documentación complementaria que se deberá xuntar coa solicitude.

Unha vez revisadas, polo órgano encargado da instrución do procedemento, as solicitudes presentadas ao abeiro da convocatoria, identificáronse aquelas que non contan coa documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

Segundo establece o artigo 10.3 da Orde do 26 de febreiro de 2021 e de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá as persoas interesadas para que, nun prazo de dez (10) días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos coa indicación expresa de que, se así non o fixeren, se terán por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

Así mesmo, tal e como se establece no artigo 18 da convocatoria, publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade o establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos de requirimento de emenda de documentación. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as persoas solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. De non o faceren, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse ao Servizo de Conciliación Familiar a través da conta de correo demografiaeconciliacion@xunta.gal

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2021

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Nº de expediente

Solicitante

NIF

Documentación requirida

BS403C/2021-1

Ana Rodríguez Fernández

***7462**

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. Este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación(CTE) que lle sexan de aplicación.

Completar o plan de actuación cos nenos e nenas ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto, abordando as diferentes situacións de emerxencia que poden darse no contexto dunha casa niño.

BS403C/2021-2

Ana Mª López López

***7655**

BS403C/2021-3

Aurora López Salgado

***7886**

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto: características e composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c) da orde de convocatoria.

Completar en documento individual o plan de actuación cos nenos e nenas ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto, abordando as diferentes situacións de emerxencia que poden darse no contexto dunha casa niño.

BS403C/2021-4

Lucía Mosteiro Sigüenza

***7821**

Certificado médico oficial acreditativo do estado de saúde.

Memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de nenas/os usuarias/os e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) dos últimos tres anos.

Proposta pedagóxica básica asinada pola/s persoa/s que desenvolverán o proxecto piloto que, en todo caso, aborde os seguintes contidos: a organización do período de adaptación e a adquisición de hábitos de autonomía persoal con respecto á alimentación, o descanso e a hixiene desde a súa vertente educativa. A proposta incluirá, así mesmo, a programación xeral dunha xornada.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto: características e composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c).

Memoria descritiva do inmoble con fotografías de todas as estancias e planos, a escala e acoutados, descritivos do estado actual. De terse que realizar obras de reforma, tamén se incluirán planos a escala representativos do estado reformado.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda, a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE) que lle sexan de aplicación.

Plan de actuación cos nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto piloto.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo IV.

BS403C/2021-5

Noelia Prieto Fernández

***1554**

Documentación acreditativa de estar en posesión da formación ou da experiencia recollidas no artigo 4.1.a) 4º e 5º.

Certificado médico oficial acreditativo do estado de saúde.

Memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de nenas/os usuarias/os e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) dos últimos tres anos.

Proposta pedagóxica básica asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto piloto que, en todo caso, aborde os seguintes contidos: a organización do período de adaptación e a adquisición de hábitos de autonomía persoal con respecto á alimentación, o descanso e a hixiene desde a súa vertente educativa. A proposta incluirá, así mesmo, a programación xeral dunha xornada.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto: características e composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c).

Memoria descritiva do inmoble con fotografías de todas as estancias e planos, a escala e acoutados, descritivos do estado actual. De terse que realizar obras de reforma, tamén se incluirán planos a escala representativos do estado reformado.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde

No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda, a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE) que lle sexan de aplicación.

Plan de actuación cos nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto piloto adaptado ás características dunha casa niño.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo IV.

BS403C/2021-6

Sara Álvarez Valle

***3959**

Memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de nenas/os usuarias/os e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) dos últimos tres anos.

Completar a proposta pedagóxica contextualizándoa no modelo de casas niño

Completar o plan de actuación cos nenos e nenas ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto, abordando as diferentes situacións de emerxencia que poden darse no contexto dunha casa niño.

BS403C/2021-7

Natalia Sánchez Campello

***7834**

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde

Ao tratarse dun inmoble non destinado a vivenda, a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE) que lle sexan de aplicación.

BS403C/2021-8

Silvia Pérez de Miranda

***6196**

Memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de nenas/os usuarias/os e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) dos tres últimos anos.

Completar a proposta pedagóxica básica de acordo cos contidos establecidos na convocatoria.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto: características e composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c).

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. Ao tratarse dun inmoble destinado a vivenda, este informe incluirá tamén referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo IV.

BS403C/2021-9

Estela Moscoso Camoeiras

***3693**

Memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de nenas/os usuarias/os e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) dos últimos tres anos.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda, a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE) que lle sexan de aplicación.

Plan de actuación cos nenos e nenas ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto, abordando as diferentes situacións de emerxencia que poden darse no contexto dunha casa niño.

BS403C/2021-10

Sonia Espino Pérez

***2662**

Certificado médico oficial acreditativo do estado de saúde.

Memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de nenas/os usuarias/os e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) dos últimos tres anos.

Proposta pedagóxica básica asinada pola/s persoa/s que desenvolverán o proxecto piloto que, en todo caso, aborde os seguintes contidos: a organización do período de adaptación e a adquisición de hábitos de autonomía persoal con respecto á alimentación, o descanso e a hixiene desde a súa vertente educativa. A proposta incluirá, así mesmo, a programación xeral dunha xornada.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto: características e composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c).

Memoria descritiva do inmoble con fotografías de todas as estancias e planos, a escala e acoutados, descritivos do estado actual. De terse que realizar obras de reforma, tamén se incluirán planos a escala representativos do estado reformado.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda, a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE) que lle sexan de aplicación.

Plan de actuación cos nenos e nenas ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto, abordando as diferentes situacións de emerxencia que poden darse no contexto dunha casa niño.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo IV.

BS403C/2021-11

Jennifer de Sousa Martínez

***3695**

Completar o plan de actuación cos nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento da actividade, abordando as diferentes situacións de emerxencia que poden darse no contexto dunha casa niño.

BS403C/2021-12

Noelia Prado Barrio

***5097**

Memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de nenas/os usuarias/os e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) dos últimos tres anos.

Completar a proposta pedagóxica básica asinada pola/s persoa/s que desenvolverán o proxecto piloto que, en todo caso, aborde os seguintes contidos: a organización do período de adaptación e a adquisición de hábitos de autonomía persoal con respecto á alimentación, o descanso e a hixiene desde a súa vertente educativa. A proposta incluirá, así mesmo, a programación xeral dunha xornada.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. No suposto de inmobles non destinados a vivenda, este informe incluirá tamén referencia ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE) que lle sexan de aplicación.

Plan de actuación cos nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento da actividade, abordando as situacións de emerxencia que se poden producir no contexto dunha casa niño.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo IV.

BS403C/2021-13

Estefanía Villanueva Martínez

***8854**

Certificado médico oficial acreditativo do estado de saúde actualizado.

Memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de nenas/os usuarias/os e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) dos últimos tres anos.

Completar a proposta pedagóxica básica asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto piloto que, en todo caso, aborde os seguintes contidos: a organización do período de adaptación e a adquisición de hábitos de autonomía persoal con respecto á alimentación, o descanso e a hixiene desde a súa vertente educativa. A proposta incluirá, así mesmo, a programación xeral dunha xornada.

Completar o plan de actuación cos nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento da actividade, abordando todas as situacións de emerxencia que poden presentarse no contexto dunha casa niño.

BS403C/2021-15

Mabel Deza Ferreira

***6092**

Certificado médico oficial acreditativo do estado de saúde actualizado.

Completar a descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto: características e composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c).

Memoria descritiva do inmoble con fotografías de todas as estancias e planos, a escala e acoutados, descritivos do estado actual. De terse que realizar obras de reforma, tamén se incluirán planos a escala representativos do estado reformado.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda, a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE) que lle sexan de aplicación.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo IV.

BS403C/2021-16

Alejandra Varela Gómez

***1187**

Certificado médico oficial acreditativo do estado de saúde.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade.

BS403C/2021-17

Patricia Ordóñez Rey

***2353**

Completar a memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de nenos/as usuarios/as e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) dos últimos tres anos.

Completar o informe dos servizos técnicos municipais en canto ao cumprimento das condicións de habitabilidade.

Completar o plan de actuación cos nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto, abordando as diferentes situacións de emerxencia que poden darse no contexto dunha casa niño.

BS403C/2021-18

Silvia Sánchez Souto

***4815**

Certificado médico oficial acreditativo do estado de saúde.

Completar a memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de nenos/as usuarios/as e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) dos últimos tres anos.

Planos, a escala e acoutados, descritivos do estado actual. De terse que realizar obras de reforma, tamén se incluirán planos a escala representativos do estado reformado.

Completar a proposta pedagóxica básica asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto contextualiza no modelo de casa niño que, en todo caso, aborde os seguintes contidos: a organización do período de adaptación e a adquisición de hábitos de autonomía persoal con respecto á alimentación, o descanso e a hixiene desde a súa vertente educativa. A proposta incluirá, así mesmo, a programación xeral dunha xornada.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto: características e composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c).

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde.

No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda, a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE) que lle sexan de aplicación.

Plan de actuación cos nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento de proxecto piloto.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo IV.

BS403C/2021-19

Paula Airas Espino

***4925**

Certificado médico oficial acreditativo do estado de saúde.

Memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de nenas/os usuarias/os e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) dos últimos tres anos.

Proposta pedagóxica básica asinada pola/s persoa/s que desenvolverán o proxecto piloto que, en todo caso, aborde os seguintes contidos: a organización do período de adaptación e a adquisición de hábitos de autonomía persoal con respecto á alimentación, o descanso e a hixiene desde a súa vertente educativa. A proposta incluirá, así mesmo, a programación xeral dunha xornada.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto: características e composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c).

Memoria descritiva do inmoble con fotografías de todas as estancias e planos, a escala e acoutados, descritivos do estado actual. De terse que realizar obras de reforma, tamén se incluirán planos a escala representativos do estado reformado.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda, a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE) que lle sexan de aplicación.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo IV.

BS403C/2021-20

Concepción Fernández López

***2913**

Completar a proposta pedagóxica abordando os contidos recollidos na convocatoria desde unha perspectiva educativa.

Completar a descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto: características e composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c).

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. No caso de inmobles non destinados a vivenda, o informe incluirá a referencia ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE) que lle sexan de aplicación.

Completar o plan de actuación cos nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto, abordando a diferentes situacións de emerxencia que poden darse no contexto dunha casa niño.

BS403C/2021-21

Áurea Camino Barral

***8996**

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. Ao tratarse dun inmoble non destinado a vivenda, este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE) que lle sexan de aplicación.

BS403C/2021-22

Nerea López Caldas

***6132**