Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 6 de maio de 2021 Páx. 23036

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual do Plan parcial do SU 1 do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo, tramitado por instancia da Xunta de Compensación do polígono único do Plan parcial do SU 1 (expediente municipal 2019006690).

A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria celebrada o día 11 de marzo de 2021, acordou prestar aprobación inicial á modificación puntual do Plan parcial do SU 1 do PXOM de Sanxenxo, tramitado por instancia da Xunta de Compensación do polígono único do Plan parcial do SU 1.

De conformidade co establecido no artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, exponse o expediente a información pública polo prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de máis ampla difusión da provincia, co obxecto de que se poidan formular as alegacións que se xulguen procedentes.

O documento inicialmente aprobado pode consultarse na sede electrónica do Concello de Sanxenxo (http://sede.sanxenxo.es), en «Verificar documentos», introducindo o seguinte CSV: T1RYKCSWCTSCS9YJ.

Sanxenxo, 7 de abril de 2021

Telmo Martín González
Alcalde presidente