Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 6 de maio de 2021 Páx. 23035

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Riós

ANUNCIO polo que se convoca a contratación de técnico local de emprego e técnico de xestión, polo procedemento de concurso-oposición, como consolidación de emprego temporal.

Unha vez aprobada a oferta de emprego público do ano 2020 publicada no DOG núm. 190 venres, do 18 de setembro de 2020, así como as bases da convocatoria para cubrir a seguinte praza: denominación TLE e técnico de xestión, grupo A2, escala administración, subescala de xestión para o Concello de Riós, mediante o sistema de concurso-oposición, ábrese o prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, publicaranse de conformidade co establecido nas bases.

Riós, 14 de abril de 2021

Francisco Armando Veiga Romero
Alcalde