Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 7 de maio de 2021 Páx. 23066

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2021 pola que se dá publicidade de varios encargos ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade aos seguintes encargos a medio propio:

1. Resolución do 18 de decembro de 2020, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) as actuacións de control do cancro do castiñeiro en masas forestais galegas nos anos 2021 e 2022, e o seguimento dos tratamentos, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: favorecer a conservación, mellora e valorización do patrimonio natural dos soutos de castiñeiros galegos, mediante a aplicación e o seguimento dun control biolóxico en campo consistente na inoculación de micelio hipovirulento na zona da árbore afectada para o control do fungo Cryphonectria parasitica.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 31 de decembro de 2022.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de seiscentos trinta e cinco mil cincocentos sesenta euros con seis céntimos (635.560,06 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B.604.6 (código proxecto 2016 00199).

2. Resolución do 16 de decembro de 2020, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, SA (Seaga) actuacións de control e seguimento da loita biolóxica contra a avespiña do castiñeiro (Dryocosmus kuriphilus) en soutos da Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2021, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: execución dos tratamentos sobre as masas de castiñeiros galegos, mediante o estudo, seguimento e solta experimental dentro do programa de control biolóxico de Dryocosmus kuriphilus mediante o parasitoide Torymus sinensis.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 31 de decembro de 2021.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de dous millóns douscentos vinte e nove mil setecentos noventa e seis euros con oitenta e nove céntimos (2.229.796,89 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B.604.6 (código proxecto 2016 00199).

3. Resolución do 18 de decembro de 2020, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a execución de control e prevención de axentes defoliadores dos piñeiros en montes da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2021, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: tratamento fitosanitario das masas de coníferas de montes xestionados nas catro provincias galegas. Está prevista a realización de seguimento e comprobación da eficacia do tratamento, mediante transectos a través das masas tratadas. Realizaranse tratamentos preventivos e experimentais das enfermidades do piñeiro ocasionadas por estes fungos, para reducir a poboación destes e aumentar a resistencia das árbores a este tipo de patoloxía.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 31 de decembro de 2021.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos cincuenta e tres mil noventa e sete euros con setenta e tres céntimos (253.097,73 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B.604.6 (código proxecto 2016 00199).

4. Resolución do 18 de decembro de 2020, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) actuacións de mellora do estado fitosanitario en masas de coníferas durante 2021, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: realización de actuacións silvícolas para o mantemento e mellora fitosanitaria sobre as masas de coníferas galegas, principalmente do xénero Pinus, mediante o abatemento, tronzado e saca de pés decaídos, secos e/ou afectados por incendios forestais, e o posterior transporte a parque de madeira. Tamén se tomarán mostras de piñas para a súa análise en laboratorio. O fin último que se pretende con estes traballos é a erradicación e control de Bursaphelenchus xylophilus e Fusarium circinatum.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 31 de decembro de 2021.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos vinte e dous mil cincocentos trinta e oito euros con vinte e un céntimos (222.538,21 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B.604.6 (código proxecto 2016 00199).

5. Resolución do 3 de decembro de 2020, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) actuacións para o apoio á conservación e o fomento dos recursos xenéticos forestais para a recollida e procesamento de semente forestal de alto valor xenético na Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2021, cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: fomento da conservación ex situ dos recursos xenéticos forestais co fin de dispoñer de variedades de especies forestais capaces de adaptarse ás condicións locais específicas ou cambiantes, co obxectivo final de asegurar que os bosques contribúan plenamente a obxectivos ambientais, climáticos e sociais. Recolección e tratamento posterior nas instalacións de 2.000-3.000 kg de froito de varias especies de grande interese, e recolleita de piña de Pinus pinaster e Pinus radiata, co fin de ter unha semente con garantía de orixe e calidade contrastada para as repoboacións que se realicen nos montes da Comunidade Autónoma.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 31 de decembro de 2021.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento oitenta e nove mil novecentos un euros con vinte e sete céntimos (189.901,27 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B.604.1 (código proxecto 2016 00201).

6. Resolución do 23 de decembro de 2020, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) actuacións de mellora dos accesos entre Riotorto e A Pastoriza (Lugo). Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: obra de infraestrutura rural mellora dos accesos entre Riotorto e A Pastoriza, con destino ao uso ou servizo público.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 30 de setembro de 2021.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento corenta e nove mil cento sesenta euros con oitenta e tres céntimos (149.160,83 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (código proxecto 2016 00219).

7. Resolución do 23 de decembro de 2020, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) actuacións de pavimentación mediante aglomerado de Meizarán (Triacastela) a Follobal (As Nogais) (Lugo). Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: obra de infraestrutura rural pavimentación mediante aglomerado de Meizarán (Triacastela) a Follobal (As Nogais), con destino ao uso ou servizo público.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 30 de setembro de 2021.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento vinte mil trescentos corenta e catro euros con oitenta e oito céntimos (120.344,88 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (código proxecto 2016 00219).

8. Resolución do 23 de decembro de 2020, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) actuacións de afirmado de pista na serra de San Mamede (Maceda e Vilar de Barrio-Ourense). Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: obra de infraestrutura rural afirmado de pista na serra de San Mamede, con destino ao uso ou servizo público.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 30 de setembro de 2021.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento catorce mil setecentos catro euros con trinta e seis céntimos (114.704,36 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (código proxecto 2016 00219).

9. Resolución do 22 de febreiro de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) actuacións do servizo de apoio loxístico ao operativo de prevención e defensa contra incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia nos anos 2021 e 2022.

– Actividade: o encargo consistirá no servizo de apoio loxístico ao operativo de prevención e defensa contra incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia nos anos 2021 e 2022, e que contribuirá a mellorar tanto a eficacia do dispositivo como a garantir a seguridade do persoal que o integra, mediante actividades de coordinación dos medios de extinción e de toda a súa loxística, a xestión de medios de transporte das brigadas, a dotación de vehículos, a realización de tarefas de apoio á extinción de incendios forestais mediante a incorporación do persoal necesario para a mobilización de vehículos cisterna e para o seguimento das actuacións que leve a cabo a maquinaria pesada de extinción, a realización de tarefas de apoio técnico e material ao director técnico de extinción en labores de planificación, operacións e loxística, así como a prestación dun servizo para apoio na elaboración de estudos e análises estatísticas da diversa información recollida, que poida ser relevante na causalidade de incendios forestais, tales como propiedade dos terreos, existencia de masas arbóreas, número de incendios nos últimos anos, datos climáticos e pluviométricos, superficies queimadas nos últimos anos, existencia de infraestruturas preventivas...

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde a sinatura da acta de inicio ata o 31 de decembro de 2022.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade dun millón novecentos noventa e catro mil cincocentos noventa e oito euros con dezaoito céntimos (1.994.598,18 €), con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.02.551B.601.1 (código proxecto 2002 15860) e 14.02.551B.640.1 (códigos proxecto 2007 00480 e 2008 00391).

10. Resolución do 4 de marzo de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) actuacións de dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde para actuacións do Plan de infraestruturas rurais 2020 (PIR 2020) na provincia de Pontevedra.

– Actividade: dirección das obras e coordinación de seguridade e saúde en obras correspondentes ao Plan de infraestruturas rurais 2020 na provincia de Pontevedra.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 9 meses.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de vinte e cinco mil oitocentos cincuenta e catro euros con catorce céntimos (25.854,14 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (código proxecto 2016 00219).

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2021

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural